Páxina web

documento dixital accesible a través da rede

Unha páxina web é un conxunto de ficheiros cun formato HTML, xunto con outros arquivos que conteñen imaxes, vídeos etcétera, todos eles aloxados nun servidor web público que permite acceder os mesmos en calquera momento. Estes arquivos son presentandos e interpretados no ordenador do usuario que os solicite a través dun navegador web. Xeralmente, están todos organizados dentro dun sitio web, ligados entre eles a través de hiperligazóns.

Captura dunha páxina web da NASA.

Historia editar

A primeira páxina web creouna Tim Berners-Lee e fíxose pública o 6 de agosto de 1991. A primeira páxina web en galego, dedicada á lingua e cultura galega e que xa morreu, fíxoa Xabier Canosa dende a universidade galesa de Aberystwyth en 1995[1].

Contidos dunha páxina web editar

Os contidos dunha páxina web, son organizados (maquetados) dentro dun ou varios arquivos HTML, e poden incluír outros tipos de arquivos diferentes, que lle dan o carácter multimedia e interactivo:

  • Texto enriquecido HTML (con atributos de fonte, táboas, listaxes etcétera).
  • Imaxes (arquivos jpg, gif ou png).
  • Animacións flash (arquivos .swf).
  • Vídeos.
  • Formularios.
  • Hiperligazóns, que permiten ligar as páxinas entre si, ben de maneira interna ou ben externa.

Acceso a páxinas web editar

Para acceder a unha páxina web, é necesario coñecer o identificador da mesma, e introducilo na barra de enderezos dun navegador web.

Nos seus inicios, o identificador dunha páxina, era unicamente un enderezo IP. Por poñer un exemplo, o enderezo IP 85.91.64.254, corresponde á páxina web da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal), de xeito que se introducimos na barra de enderezos dun navegador http://85.91.64.254 , accederemos á devandita páxina.

Cando xa se empezou a xeneralizar o uso das páxinas web, comprobouse que era difícil memorizar o enderezo IP que facía referencia a cada páxina web, polo que se creou outro sistema que permitía referenciar as páxinas web cun nome de dominio (ex. http://www.xunta.gal).

Todos os nomes de dominio almacénanse nun servidor DNS (Domain Name Server) xunto co seu enderezo IP, de xeito que ao introducir o nome de dominio este é consultado, nun paso previo, nun servidor DNS para coñecer cal é o seu enderezo IP. Logo, dun xeito transparente para o usuario, o navegador web solicita a páxina polo seu enderezo IP.

Almacenamento editar

Segundo o xeito de gardar e amosar os contidos, pódense diferenciar dous tipos de páxinas web:

  • Estáticas: Os contidos da mesma son creados dun xeito fixo, nun ou varios arquivos HTML, e publicados nun sitio web. Para modificar os contidos, é necesario modificar os arquivos orixinais, e volvelos publicar de novo no sitio web.
  • Dinámicas: Os contidos están gardados nunha base de datos, e son presentados ao usuario que navega, en tempo real, polo servidor do sitio web, nun arquivo xerado por unha linguaxe de servidor como PHP, JAVA (Servlets ou JSP), ASP e outros, obtidos dende a base de datos.

As páxinas dinámicas, permiten modificar os seus contidos dende uns formularios web na mesma páxina, que logo son gardados na base de datos e, no caso de ser necesario, subidos o servidor dende o equipo do usuario como arquivos (imaxes, vídeos etc). Un exemplo de páxina dinámica son os wikis, como a propia Wikipedia.

Notas editar

  1. Daniel Romero e Isabel Vaquero, Da periferia á rede. Internet en Galicia. Lingua e contidos. Xerais, 2001, pp 138-139

Véxase tamén editar

Outros artigos editar