Aberystwyth
Coordenadas: 52°24′50″N 4°04′52″O / 52.414, -4.081
Aberystwyth é unha cidade situada na confluencia dos ríos Ystwyth e Rheidol, no condado de Ceredigion, Gales.
A cidade ten 12.000 habitantes, pero hai que lle engadir 7.000 estudantes universitarios.
A Universidade e a Biblioteca Nacional de Gales teñen a súa sede na cidade, e gran parte da economía local depende da Universidade, ademais é o segundo porto comercial galés.
Na cidade ten a súa sede a Cymdeithas yr Iaith (Sociedade da Lingua galesa) e aquí realizou en febreiro de 1962 a súa primeira acción de protesta pacífica.
O 35% da poboación local pode falar galés.
Aberystwyth | |
---|---|
![]() | |
Vista de Aberystwyth | |
Localización | |
País | ![]() |
Nación Constituínte | ![]() |
Rexión | Dyfed |
Condado | Ceredigion |
Demografía | |
Poboación | 15.935 hab. (2001) |
Densidade | hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | SY23 |
Páxina oficial de Aberystwyth |
HistoriaEditar
Habitado cando menos dende a Idade de Ferro, a construción dunha fortaleza normanda en 1109 deu orixe á cidade, Llandabarn Gaerog (Llanbadarn fortificado) foi o seu primeiro nome. En 1277 Eduardo I de Inglaterra reconstruíu o castelo, despois de ser destruído polos galeses. Entre 1404 e 1408 o castelo estivo nas mans de Owain Glyndŵr, quen finalmente se rendeu ao príncipe Henrique.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberystwyth |