Owain Glyndŵr
Owain Glyndŵr (ˈoʊain ɡlɨ̞nˈduːr) ou Owain Glyn Dŵr, nado c. 1349 ou 1359 e finado c. 1415, foi un gobernante galés e o derradeiro nativo en ter o título de Príncipe de Gales (Tywysog Cymru). Instigou unha forte pero non exitosa revolta contra o dominio do Reino de Inglaterra sobre Gales.[1]
Owain Glyndŵr | |
---|---|
Príncipe de Gales | |
![]() | |
Reinado | 1401-1416 |
Outros títulos | Señor de Glyndyfrdwy Señor de Cynllaith Owain |
Nacemento | 1349 |
Falecemento | 1416 |
Predecesor | Owain Lawgoch |
Cónxuxe/s | Margaret Hanmer |
Casa real | Casa de Mathrafal |
Proxenitores | Gruffudd Fychan II Elen ferch Tomas ap Llywelyn |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria Editar
Glyndŵr era descendente dos Príncipes de Powys a través do seu pai Gruffudd Fychan II, herdeiro Tywysog de Powys Fadog e Señor de Glyndyfrdwy, e de Deheubarth a través da súa nai Elen ferch Tomas ap Llywelyn. O 16 de setembro de 1400, Glyndŵr instigou Revolta galesa contra o goberno de Henrique IV de Inglaterra. O alzamento foi exitoso ó comezo, e axiña gañou o control de grandes áreas de Gales, pero sufriu por mor da falta de artillaría, que facía que capturar fortificacións fose moi difícil, e de barcos, que facía a súa liña costeira vulnerable. A revolta foi subxugada debido ós recursos superiores dos ingleses. Glyndŵr foi illado no seu último reduto en 1409, pero evitou ser capturado. O último avistamento documentado del data do ano 1412. Rexeitou por dúas veces as ofertas de perdón do seu inimigo militar, o novo rei Henrique V de Inglaterra, e malia as grandes recompensas ofrecidas, Glyndŵr nunca foi traizoado. A súa morte foi gravado por un ex-seguidor seu no ano 1415.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Owain Glyndŵr |
Bibliografía Editar
- J.E. Lloyd, Owen Glendower, 1931 classic.
- R. Rees Davies, The Revolt of Owain Glyn Dŵr (1995) Oxford University Press ISBN 0-19-285336-8
- Geoffrey Hodge, Owain Glyn Dwr: The War of Independence in the Welsh Borders (1995) Logaston Press ISBN 1-873827-24-5
- Burke's Peerage & Baronetage, 106th Edition, Charles Mosley Editor-in-Chief, 1999. pp. 714, 1295
- Jon Latimer, Deception in War, (2001), John Murray, pp. 12–13.
- A. G. Bradley, Owen Glyndwr and the Last Struggle for Welsh Independence. (1901) G. P. PUTNAM’S SONS
Ligazóns externas Editar
- Sociedade Owain Glyndŵr (en inglés)
- Cefn Caer (en inglés) e (en galés)