Henrique IV de Inglaterra
Henrique IV de Inglaterra, coñecido tamén como Henrique Bolingbroke, nado o 3 de abril de 1367 e finado o 20 de marzo de 1413, foi rei de Inglaterra entre 1399 e 1413, o primeiro da dinastía de Lancaster. Henrique era fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e neto do rei Eduardo III de Inglaterra.
Henrique IV de Inglaterra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | abril de 1367 |
Lugar de nacemento | Bolingbroke Castle |
Falecemento | 20 de marzo de 1413 |
Lugar de falecemento | Westminster |
Soterrado | Catedral de Canterbury |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Ocupación | monarca |
Pai | Xoán de Gante |
Nai | Branca de Lencastre |
Cónxuxe | Maria de Bohun e Joana de Navarra |
Fillos | Henrique V de Inglaterra, Xoán de Lancaster, Humphrey, Duque de Gloucester, Branca de Inglaterra, Filipa da Inglaterra, Edward Plantagenet e Tomás de Lencastre, Duque de Clarence |
Irmáns | Isabel Plantageneta, Catarina de Lancaster, Filipa de Lancaster, Joana Beaufort, João Beaufort, 1.º Conde de Somerset, Thomas Beaufort, Primeiro Duque de Exeter e Henrique Beaufort |
Premios | Orde da Xarreteira |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu no castelo de Bolingbroke no Lincolnshire e, segundo o costume da época, era coñecido tamén como Henrique Bolingbroke.
A pesar de apoiar o seu primo Ricardo II de Inglaterra no inicio do reinado deste, axiña os dous homes entraron en conflito. Henrique acabou mesmo expulsado do país e desherdado en 1398. No ano seguinte, o seu pai morre na Aquitania e Ricardo II confisca os seus bens para a coroa. Pero o monarca non era popular nin considerado competente e Henrique valeuse diso para iniciar unha guerra aberta o 30 de setembro de 1399. O golpe é exitoso e Henrique é coroado rei de Inglaterra o 13 de outubro, na Abadía de Westminster, iniciando a dinastía de Lancaster. Ricardo II foi deposto e asasinado por precaución no ano seguinte.
En 1380, Henrique casou con María de Bohun, de quen tivo varios fillos e fillas. Xa rei, Henrique desposou a princesa Xoana de Navarra, filla do rei Carlos II, con quen non tivo descendencia.
O reinado de Henrique foi marcado por varias insurrecións populares, especialmente no País de Gales e en Inglaterra. O fracaso destas rebelións debeuse en parte á habilidade militar do seu herdeiro, o futuro Henrique V.
O fin da vida de Henrique IV foi marcado por problemas graves de saúde debidos a unha enfermidade de pel, posiblemente psoríase ou un síntoma de sífilis. Henrique morreu en 1413 e atópase sepultado na catedral de Canterbury.
A súa vida atópase retratada en Henrique IV, unha peza en dúas partes de William Shakespeare.
Descendencia editar
- De Maria de Bohun:
- Eduardo (1382).
- Henrique V, rei de Inglaterra (1387-1422).
- Tomás, Duque de Clarence (1388-1421), morreu en batalla.
- João, Duque de Bedford (1389-1435).
- Humphrey, Duque de Gloucester (1390-1447).
- Branca (1392-1409), casou con Luís III, Elector Palatino.
- Filipa (1394-1430), casou co rei Érico I de Dinamarca, Suecia e Noruega.
Predecesor: Ricardo II de Inglaterra |
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda 1399 - 1413 |
Sucesor: Henrique V de Inglaterra |