Carlos II de Navarra

Carlos II de Navarra, nado en Évreux o 10 de outubro de 1332 e finado en Pamplona o 1 de xaneiro de 1387, coñecido tamén como Carlos II de Évreux ou Carlos o Malo (le Mauvais en francés), foi conde de Évreux dende o 23 de setembro de 1343 ata 1378, momento en que o condado lle é incautado por parte do rei de Francia Carlos V. Foi rei de Navarra dende o 6 de outubro de 1349 ata a súa morte.

Carlos II de Navarra
Nacemento10 de outubro de 1332
Lugar de nacementoÉvreux
Falecemento1 de xaneiro de 1387
Lugar de falecementoNavarreria
SoterradoCatedral de Santa María da Asunción de Pamplona
NacionalidadeReino de Navarra
Ocupacióngobernante
PaiFilipe III de Navarra
NaiXoana II de Navarra
CónxuxeXoana de Valois, raíña de Navarra
FillosCarlos III de Navarra, Joana de Navarra, Pierre de Navarre, María de Navarra e Leonel de Navarra
IrmánsBranca de Évreux, María de Navarra, Agnés de Navarra, Jeanne de Navarre, Philip, Count of Longueville, Luís de Navarra e Jeanne de Navarre
Na rede
WikiTree: Évreux-59 Find a Grave: 8048814 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Carlos de Navarra nun estrado de Pré-aux-Clercs arenga unha multitude de parisienses. Ilustración extraída das Grandes Crónicas de Francia.

Familia Editar

Fillo de Filipe III de Évreux e Xoana II de Navarra, sucedeu á súa nai no trono navarro cando morreu en 1349. Casou en Vivier-en-Brie en 1351 con Xoana de Francia, filla de Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo. Desta unión naceron:

  • A infanta María de Navarra (1360-1410), casada en 1393 con Afonso V de Ribagorza.
  • O infante Carlos III de Navarra (1361 - 1425), rei de Navarra.
  • A infanta Bona de Navarra (1364-1389).
  • O infante Pedro de Navarra (1366 - 1412), conde de Mortain.
  • O infante Filipe de Navarra (1368).
  • A infanta Xoana de Navarra (1370 - 1437), casada en 1386 con Xoán V da Bretaña e en 1403 con Henrique IV de Inglaterra.
  • A infanta Branca de Navarra e Valois (1372 - 1385).

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar