María de Navarra

María de Navarra, ou María de Évreux, nada en Francia contra o ano 1330,[1][2][3][4][5] e finada en Valencia, Reino de Valencia, o 29 de abril de 1347, foi infanta do Reino de Navarra e raíña consorte da Coroa de Aragón desde 1338 até a súa morte.

Modelo:BiografíaMaría de Navarra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1330 Editar o valor en Wikidata
Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1347 Editar o valor en Wikidata (16/17 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Poblet
Valencia
Sepulcre de Maria de Navarra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte de Aragón (1338–1347) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Évreux Editar o valor en Wikidata
CónxuxePedro IV de Aragón (1342 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosConstanza de Aragón e Navarra, Xoana de Aragón e Navarra Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe III de Navarra Editar o valor en Wikidata  e Xoana II de Navarra Editar o valor en Wikidata
IrmánsBranca de Évreux
Agnés de Navarra
Jeanne de Navarre
Lois de Navarra
Carlos II de Navarra
Philip, Count of Longueville
Jeanne de Navarre Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Évreux-58

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Era a filla primoxénita da raíña Xoana II de Navarra, e do seu marido Filipe III de Évreux, reis de Navarra. Por liña paterna era neta do rei Lois X de Francia e de Margarida de Borgoña, e por liña materna do conde Lois de Évreux e de Margarida de Artois. Era irmá do rei Carlos II de Navarra,[6][7] conde de Évreux, de Angulema e de Mortain, e da raíña consorte de Francia, Branca, esposa do rei Filipe VI.

Nacera en Francia, onde se educou nun ambiente cultural superior ao que existía na Navarra onde reinaban seus pais.[8]

Matrimonio

editar

Co fin de conseguir unha alianza entre o reino de Navarra e a Coroa de Aragón ante es tensións que había daquela co reino de Castela, os pais de María pactaran o casamente da súa irmá Xoana de Évreux con Pedro o Cerimonioso, naquel momento aínda infante; pero Xoana fíxose monxa e entrou na abadía de Longchamps (Illa de Francia). Iso fixo cambiar os plans, e os reis de Navarra comprometeron a María con Pedro de Aragón o 6 de xaneiro de 1336, mediante unhas capitulacións asinadas no castelo de Anet,[9] [2] onde se estipulaba un dote de 60 000 libras de Sanchete a pagar polos navarros ao futuro rei Pedro, e fixábase a residencia de María en Tudela até que cumprira os doce anos; unha cláusula do pacto matrimonial prescribía que si Filipe e Xoana morreran sen fillos varóns, o trono de Navarra sería adxudicado a María.

A viaxe da infanta até Tudela, acompañada do seu séquito, pasou por Roncesvalles, Pamplona e Olite, chegando a Tudela o 23 de maio de 1338.[10]

Pedro dispuxera unha serie de agasallos de voda, entre os cales había unha coroa, seis aneis con esmeraldas, rubís e diamantes e un Libro de Horas, obra de Ferrer Bassa. Ademais, deulle as cidades de Tarazona, Jaca e Teruel coas súas rendas, así como 150 000 soldos barceloneses anuais. Estaba, porén, molesto polo pagamento do dote que non chegaba, e que tería que acabar de pagar a raíña Xoana cando o rei Filipe morreu en 1343.[11]

Estaba previsto que casaran en Zaragoza, pero María encontrouse doente cando pasaba por Alagón durante o seu viaxe, e tivo que parar alí. Pedro, fillo segundoxénito do rei de Aragón, de Valencia e de Sardeña, conde de Barcelona, de Urgell, de Empúries e dos outros condados cataláns, Afonso IV de Aragón e da súa primeira muller, a condesa de Urgel, Teresa de Entenza (ca. 1300 - Zaragoza 1327), filla de Gombaldo, barón de Entenza e señor de Alcolea, e de Costanza de Antillón.[12] era a herdeira do condado de Urgell.[13][14] que xa aceptara varios atrasos na data da voda, fixo vir o bispo de Châlons que, o 23 de xullo de 1338, celebrou a cerimonia en Alagón, converténdose María na primeira muller das catro que chegaría a ter Pedro.[2] [11]

Por un documento datado o 23 de xullo de 1338, confirmouse que Pedro (Pedro... Rey de Aragón de Valencia de Cerdennya de Corcegua e comte de Barçalona) casou con María (dona Maria filla del... princep e sennyor don Phelip... rey de Navarra conte de Euroux de Engolesme de Morentayn e de Longauilla et de la... sennyora dona Johannya... Reyna del dicto Reyno).[2]

María, raíña consorte

editar

A vida de María estivo marcada polo seu delicado estado de saúde e as constantes viaxes que estaba obrigada a facer. Ademais, desde que se consumou o matrimonio, e tal como estaba pactado, tivo os seus fillos de forma continuada até a súa morte, precisamente ocorrida a consecuencia do parto do seu último fillo.

Por outra parte, polo inventario das propiedades que tiña á súa morte, sábese que adquirira varias xoias para ela e as súas fillas na casa de Berneç, considerado o mellor ourive da época en Valencia.[11]

María morrreu en Valencia o 29 de abril de 1347, algúns despois de dar a luz ao herdeiro ao trono de Aragón, Pedro, que morreu o día do seu nacemento (11 de abril).

Foi sepultada en Valencia, na igrexa de San Vicente de la Roqueta. Os seus restos foron trasladados un tempo despois ao Mosteiro de Santa María de Poblet, en Cataluña.[15]

O seu marido, Pedro IV, en xuño dese mesmo ano, casou en segundas nupcias en Santarém con Leonor de Portugal.

Descendencia

editar

María tivo co seu marido catro fillos:[13][14][16][15]

Legado

editar

María fixo testamento o 9 de abril de 1347, pouco antes de morrer, no que manifestaba que quería ser enterrada o mosteiro de Poblet, un desexo que se cumpriu cando o rei Pedro decidiu, á morte da súa segunda esposa Leonor de Portugal, converteu Poblet no panteón dinástico.

Deixou os seus dereitos e posesións de Navarra ao seu fillo (falecido) e, en segundo lugar, ás súas fillas. A coroa de ouro e pedras peciosas que lle dera o rei, legouna ao futuro rei de Aragón.[18]

Na Biblioteca Marciana de Venecia consérvase o Llibre d'hores de la reina Maria de Navarra (Libro de horas da raíña María de Navarra), obra de Ferrer Bassa.[19]

Antepasados

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Lois IX de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Filipe III de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Margarida da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
4. Lois de Évreux
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Henrique III, duque de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
9. María de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Alicia de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
2. Filipe III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Roberto II de Artois
 
 
 
 
 
 
 
10. Filipe de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Amicie de Courtenay
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Xoán II, duque da Bretaña
 
 
 
 
 
 
 
11. Branca da Bretaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Beatriz de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Filipe III de Francia =8
 
 
 
 
 
 
 
12. Filipe IV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
6. Lois X de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Henrique I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
13. Xoán I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Branca de Artois
 
 
 
 
 
 
 
3. Xoán II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Hugo IV, duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
14. Roberto II, duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Iolanda de Dreux
 
 
 
 
 
 
 
7. Margarida de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Lois IX de Francia =16
 
 
 
 
 
 
 
15. Inés de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Margarida da Provenza =17
 
 
 
 
 
 
  1. Segundo Reis de Navarra naceu en 1335.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Reis de Navarra (en inglés)
  3. Capetingi- genealogy (Xenealoxía dos Capetos) (en inglés)
  4. Xoana II de Navarra en: genealogie mittelalter Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en alemán).
  5. Filipe III de Navarra en: genealogie mittelalter Arquivado 08 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine. (en alemán)
  6. Xoana II era filla de Lois X de Francia (fillo primoxénito de Filipe IV de Francia) e de Xoana I de Navarra (filla segundoxénita de Henrique I de Navarra e da súa terceira esposa Margarida de Borbón-Dampierre, futuro rei de Francia) e de Margarida de Borgoña (filla de Roberto II de Borgoña, duque de Borgoña e de Inés de Francia).
  7. Filipe III de Navarra era fillo de Lois de Évreux (fillo do rei de Francia Filipe III o Atrevido e de María de Brabante) e de Margarida de Artois (filla de Filipe de Artois e de Branca da Bretaña),
  8. Yarza 1996, p. 97.
  9. Surget 2008, p. 35.
  10. Yarza 1996, pp. 95-97.
  11. 11,0 11,1 11,2 Yarza 1996, p. 98.
  12. Costanza de Antillón (morta antes de 1314), filla de Leonor de Urgel, á súa vez filla do conde Álvaro I de Urgell e irmá do derrradeiro conde da Casa de Urgel, Ermengol X, (1260 - xullo de 1314),
  13. 13,0 13,1 Reis de Aragón en Medieval Lans (en inglés).
  14. 14,0 14,1 Casa de Barcelona - xenealoxía Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
  15. 15,0 15,1 Sobrequés i Callicó & Morales i Montoya 2011, pp. 133-134.
  16. Pedro IV de Aragón - genealogie mittelalter Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en alemán)
  17. Yarza 1996, p. 99.
  18. 18,0 18,1 18,2 Yarza 1996, p. 100.
  19. de Dalmases & José i Pitarch 1984, p. 154-156.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar