Filipe III de Francia
Filipe III de Francia, coñecido como Filipe o Atrevido, nado o 30 de abril de 1245 en Poissy, Illa de Francia, Reino de Francia, e finado o 5 de outubro de 1285 en Perpiñán, Rosellón, Reino de Mallorca, foi o Reino de Francia desde 1270 até a súa morte.
Filipe III o Atrevido | |
---|---|
Rei de Francia | |
![]() | |
Coroación de Filipe III nas Grandes Crónicas de Francia | |
Reinado | 25 de agosto de 1270 – 5 de outubro de 1285 |
Coroación | 30 de agosto de 1271, en Reims |
Nacemento | 30 de abril de 1245 Poissy, Illa de Francia |
Falecemento | 5 de outubro de 1285 Perpiñán, Rosellón, Reino de Mallorca |
Predecesor | Luís IX |
Sucesor | Filipe IV |
Consorte | Isabel de Aragón María de Brabante |
Descendencia | Filipe IV Carlos de Valois Luís de Évreux Branca de Austria Margarida de Francia |
Casa real | Capetos |
Proxenitores | Luís IX Margarida de Provenza |
![]() Escudo dos reis de Francia | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Era fillo do rei Luís IX (San Luís), que morreu durante a Oitava Cruzada na que Filipe o acompañaba.
Durante o seu reinado Filipe fixo varias adquisicións territoriais, principalmente o Condado de Tolosa, anexionado en 1271.
Despois das Vésperas Sicilianas iniciadas polo rei Pedro III de Aragón contra Carlos I de Sicilia, seu tío, liderou unha cruzada, sen éxito, para axudar Carlos.
Obrigado a retirarse, acabou morrendo en 1285, sendo sucedido polo seu fillo Filipe IV.
Foi enterrado inicialmente en Narbona, e despois na Basílica de Saint-Denis
Predecesor: Luís IX |
Rei de Francia![]() 25 de agosto de 1270 – 5 de outubro de 1285 |
Sucesor: Filipe IV |
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe III de Francia |