Tarazona
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Tarazona é un concello español da comunidade autónoma de Aragón, situado na provincia de Zaragoza e cabeza da comarca de Tarazona e o Moncayo. Tamén é sede dun bispado. A súa poboación, en 2005, era de 10.875 habitantes
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | Tarazona | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 10.720 (2023) (43,93 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Diocese | Diócesis de Tarazona | |||
Superficie | 244 km² | |||
Altitude | 480 m | |||
Comparte fronteira con | Borja Malón (pt) Barillas Vierlas (pt) Novallas (pt) Monteagudo (pt) Ablitas (pt) Añón de Moncayo (pt) Vozmediano Litago Trasmoz Lituénigo (pt) Cascante Fitero (pt) Vera de Moncayo (pt) Grisel (pt) Bulbuente (pt) El Buste (pt) Tudela Santa Cruz de Moncayo (pt) Los Fayos (pt) Torrellas (pt) Cervera del Río Alhama Ágreda San Martín de la Virgen de Moncayo (pt) | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Luis María Beamonte (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50500 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50251 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Identificador | RI-53-0000064 | |||
Páxina web | tarazona.es |
Áchase no val medio do río Queiles, a unha distancia de 86 km da capital autonómica, Zaragoza, a 20 km do monte Moncayo e o seu parque natural e a 15 km do mosteiro de Veruela. Pese a non estar situada nun dos principais eixes de comunicación, a industria exerce un papel moi importante na súa economía.
Historia
editarDurante a época romana Tarazona foi unha próspera cidade, cuxos habitantes adquiriron o dereito romano (é dicir, gozaban de pleno dereita a cidadanía romana), de nome Turiaso. No Baixo Imperio, a cidade, que adquirira rango episcopal, viuse atacada durante a rebelión dos bagaudas, que a saquearon e asasinaron o seu bispo. Coa caída do imperio sufriu, igual que o resto de zonas urbanas, a decadencia, que sería compensada logo da invasión islámica.
Tarazona foi reconquistada en 1119 por Afonso I de Aragón, recuperando a sé episcopal. Despois da morte de Afonso I, Tarazona ficou como unha cidade fronteiriza entre Castela, Navarra e Aragón, logrando especial importancia estratéxica.
Durante toda a Idade Media conviviron na cidade cristiáns, xudeus e musulmáns. A presenza musulmá ficou reflectida na arquitectura de edificios de estilo mudéxar, como a catedral. Coa expulsión dos mouriscos, a cidade sufriu unha profunda crise.
No século XIV, foi ocupada polas tropas castelás durante nove anos, ao longo dos cales a catedral sufriu diversos danos.
Xa no século XX, converteuse nun importante centro industrial, especialmente na produción de fósforos e téxtil, que a partir dos anos 80 foron substituídas por outras industrias. Actualmente ten unha importante actividade turística, para o que conta con bos hoteis e restaurantes e unha excelente cociña rexional.
Lugares de interese
editarTarazona é unha esvelta cidade monumental. Destaca a maxestosa catedral de Nosa Señora da Horta de estilo gótico-mudéxar, que leva a restaurarse desde ha máis de 20 anos.
De grande interese é tamén a fachada da Casa do Concello, do século XVI, xunto coa portada renacentista coas figuras de Hércules (suposto mítico fundador da cidade), Pierres, Caco (seres mitolóxicos supostos habitantes do próximo Moncayo) e da procesión de coroamento do emperador Carlos V en Boloña. A praza, antigo lugar onde se celebraba o mercado urbano, é lembrada por Gustavo Adolfo Bécquer nas súas Rimas y Leyendas.
Outros lugares
editarO conxunto monumental da Xudaría, corresponde ao antigo barrio dos hebreos da cidade.
Ademais, entre outras edificacións:
- Convento de Nª. Sª. da Mercé, dos séculos XVI e XVIII.
- Convento das Carmelitas de Santa Ana, do s. XVII.
- Convento das Franciscanas de Nª. Sª. de la Concepción, dos séculos XIV e XVI.
- Convento de Carmelitas de San Xoaquín, do século XVII.
- Convento de San Gaudioso, do século XVIII.
- Igrexa da Magdalena, dos séculos XII e XVI, con alto campanario mudéxar.
- Igrexa de San Atilano, do século XVIII.
- Igrexa de San Miguel, dos séculos XIV e XVI.
- Igrexa de San Vicente Mártir, do século XVII.
- Igrexa de San Francisco, do século XVI.
- Igrexa do Carmo, do século XVIII.
- Ermida da Virxe do Río, do século XVII.
- Pazo Episcopal, dos século XIV - XV; o pazo acolle a Exposición Permanente de Arqueoloxía.
- Casa de Linares, dos séculos XVI e XVII.
- Teatro Vello, edificio dos séculos XVI-XVII.
- Praza de Touros Vella, de 1792, de forma octogonal, convertida en vivendas civís.
- Teatro das Artes, teatro de tipo italiano de 1921.
- Mesquita de Tortiles, antiga mesquita islámica.
- Pazo e Xardín de Eguaras, do século XVI.