Trasmoz

concello da provincia de Zaragoza (España)

Trasmoz é un concello da Provincia de Zaragoza (España), situado na Comarca de Tarazona e o Moncayo. O seu termo municipal ten unha área de 18,26 km².

Modelo:Xeografía políticaTrasmoz
Imaxe

Localización
Mapa
 41°49′35″N 1°43′25″O / 41.82636, -1.723574
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalTrasmoz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Trasmoz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación83 (2023) Editar o valor en Wikidata (4,55 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie18,260291 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude765 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Javier Moliner Cebollada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50583 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE50265 Editar o valor en Wikidata

Páxina webtrasmoz.es Editar o valor en Wikidata

A localidade xerou lendas sobre bruxas ou meigas, bruxaría e aquelarres, algunhas das cales foron recreadas por Gustavo Adolfo Bécquer.[1] É a única vila española oficialmente maldita e excomungada pola igrexa católica, cuxa excomuñón non foi revocada até o de agora.[2]

Trasmoz converteuse nun destino turístico bruxeril. No mes de xullo celébrase a Feira da bruxería e plantas medicinais.

Xeografía

editar

Trasmoz sitúase nas abas do Moncayo, a unha altitude de 765 metros sobre o nivel do mar e ao oeste da provincia de Zaragoza, a unha distancia de 13 quilómetros de Tarazona e a 78 quilómetros de Zaragoza. Parte do seu termo municipal está ocupado polo parque natural do Moncayo.

Toponimia

editar

A historia do actual núcleo ao Señorío de Trasmoz, que durante os séculos XII e XIII alternou entre o Reino de Aragón e o de Navarra, até que Xacobe I o conquistou definitivamente en 1232.[3] O nome «Trasmoz» figura por primeira vez na Carta Puebla de Vera de Moncayo de 1368, como "Trasmoz", e uns anos máis tarde no Libro Chantre, como "Trasmoç". Segundo Manuel Gargallo a súa etimoloxía debería buscarse no nome Trasmontes, debido á súa localización xeográfica, xa que a vila está rodeada por montes polo leste e polo oeste. Co paso do tempo, do nome Trasmontes perdeuse a primeira vocal postónica, e logo o grupo "ts" converteuse en "z", como ocorre a miúdo na fala aragonesa.[4]

Poboación

editar
Variación demográfica do municipio entre 1991 e 2007
1991 1995 2001 2004 2007
80 74 65 72 91

Notas

  1. "Turismo de Zaragoza, Trasmoz. Consultado o 18 de xaneiro de 2017". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  2. "Trasmoz, el único pueblo excomulgado y maldito de España". www.ondacero.es; Onda Cero Radio (en castelán). 2021-06-13. Consultado o 2024-06-18. 
  3. "Web Ayto. de Trasmoz Historia Cons. o 19/01/2017". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  4. Gargallo Sanjoaquín, Manuel. "Toponimia turiasonense" (PDF) AFA. Consultado o 19 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

----

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.