Acontecementos
Editar
3 de xaneiro : o voo 604, un Boeing 737 das Flash Airlines exipcias , estrélase no mar Vermello e morren os 148 pasaxeiros e tripulantes.
3 de xaneiro : a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte .
17 de xaneiro : Josu Jon Imaz substitúe a Xabier Arzalluz como presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do PNV ).
29 de febreiro : Jean Bertrand Aristide deixa o poder en Haití .
11 de marzo : 191 persoas mortas nun atentado de Al Quaeda en Madrid .
14 de marzo : eleccións ao parlamento español co resultado da vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero . Durante os tres días previos produciuse un intenso debate social e diversas manifestacións .
29 de marzo : Estonia pasa a formar parte da OTAN .
1 de maio : a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia , Chipre , Eslovaquia , Eslovenia , Estonia , Hungría , Letonia , Lituania , Malta , Polonia .
27 de outubro : dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba no Prestige e o barco Polar Prince abandona definitivamente a zona do afundimento. A operación custou 100 millóns de euros[ 1] .
26 de decembro , no noroeste da illa de Sumatra prodúcese un terremoto submarino , dunha magnitude estimada de 9.0, que provocou un tsunami que devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, causando a morte de entre 240 000 e 300 000 persoas.
O Camiño de Santiago recibe o Premio Príncipe de Asturias da Concordia , como lugar de peregrinación e encontro entre persoas e pobos.
Celebración do Foro Social Mundial en Bombai .
A finais de ano 9 países informaron de focos de gripe aviaria H5N1 (8 en aves domésticas): Camboxa , a China , Corea , Indonesia , Laos , Malaisia , Tailandia , Vietnam e o Xapón .
9 de maio - Ajmad Kadirov , presidente de Chechenia .
5 de xuño - Ronald Reagan , expresidente estadounidense.
10 de xuño - Ray Charles , cantante e compositor estadounidense.
16 de xuño - Antón Tovar , poeta galego.
1 de xullo - Marlon Brando , actor estadounidense.
2 de xullo - Sophia de Mello Breyner Andresen , poeta portuguesa.
28 de xullo - Francis Crick , científico inglés, codescubridor da estrutura do ADN .
2 de agosto - Henri Cartier-Bresson , fotógrafo francés.
14 de agosto - Czesław Miłosz , escritor polaco, Premio Nobel de Literatura en 1980 .
8 de setembro - Manuel María , poeta de Outeiro de Rei .
24 de setembro - Françoise Sagan , escritora francesa.
1 de outubro - Richard Avedon , fotógrafo británico.
5 de outubro - Maurice Wilkins , físico inglés codescubridor da estrutura do ADN .
8 de outubro - Jacques Derrida , filósofo francés.
9 de novembro - Stieg Larsson , xornalista e escritor sueco.
11 de novembro - Yaser Arafat , presidente da Autoridade Nacional Palestina .
28 de decembro - Susan Sontag , escritora estadounidense.
30 de decembro - Agustín Sixto Seco , médico galego.
↑ La Voz de Galicia , 28.10.2004.
Véxase tamén
Editar