Malaisia
Malaisia[2] é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e mais pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.
Malaisia | |||
---|---|---|---|
مليسيا | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: «Bersekutu Bertambah Mutu» (en malaio: ‘A unidade é a forza’) | |||
Himno: Negaraku | |||
Capital • Poboación | Kuala Lumpur 1 800 674 (2004) | ||
Cidade máis poboada | Kuala Lumpur | ||
Linguas oficiais | Malaio | ||
Forma de goberno | Monarquía federal parlamentaria electiva | ||
Abdullah al-Haj Ismail Sabri Yaakob | |||
Independencia do Reino Unido | 31 de agosto de 1957 | ||
Superficie | Posto 65º | ||
• Total | 330 803 km² | ||
• % auga | 0,3 | ||
Costas | 4 675 km | ||
Poboación | Posto 46º | ||
• Total (2007) | 24 385 858 hab. | ||
• Densidade | 69 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 37º | ||
• Total (2006) | 150 923 millóns de dólares[1] | ||
• per cápita | 5 718 dólares | ||
PIB (PPA) | Posto 33º | ||
• Total (2006) | 312 959 millóns de dólares | ||
• per cápita | 11 858 dólares | ||
Moeda | Einggit | ||
IDH (2007) | 0,811 (63º) – Alto | ||
Xentilicio | malaio/a, malaisiano/a[2] | ||
Fuso horario | UTC+8 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .my | ||
Prefixo telefónico | +60 | ||
Prefixo radiofónico | 9MA-9MZ, 9WA-9WZ | ||
Código ISO | 458 / MYS / MY | ||
Membro de: Commonwealth, APEC, ASEAN, ONU | |||
O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.
Historia editar
A península Malaia, ocupada polos Malaios, estaba organizada nunha sociedade feudal, sendo un polo de comercio principal da Asia do Sueste.
Os comerciantes árabes foron os primeiros en se instalar no territorio no século XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dos malaios, xa que converteron a poboación ao islam.
No século XV, os europeos, atraídos polo comercio das especias, chegaron despois de teren procurado a ruta das Indias orientais para suplantar o monopolio árabe do comercio. Os portugueses, os holandeses e os británicos sucesivamente disputáronse o control do estreito.
Política editar
Malaisia é membro do ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do Sueste).
Administración editar
A Malaisia é unha federación composta de trece estados (nexeri) e de tres distritos federais (wilayah peresekutuan):
Península Malaia (capitais entre parénteses):
- Johor (Johor Bahru)
- Kedah (Alor Setar)
- Kelantan (Kota Baharu)
- Kuala Lumpur (Kuala Lumpur)
- Malaca (Malaca)
- Negeri Sembilan (Seremban)
- Pahang (Kuantan)
- Perak (Ipoh)
- Perlis (Kangar)
- Penang (George Town)
- Wilayah Persekutuan (Putrajaya)
- Selangor (Shah Alam)
- Terengganu (Kufuck
Malaisia oriental:
Xeografía editar
Malaisia está composta por dúas rexións:
Malaisia occidental ou Malaisia peninsular (ao sur de Tailandia) está dividida de norte a sur por unha longa cadea montañosa cuxo punto de maior altitude se sitúa a 2189 m (Monte Tahan) e onde subsisten vastas zonas forestais. A costa oeste é cha; a costa leste está composta de longas praias de area. Os cultivos e plantacións están situados ao longo das chairas costeiras. A parte norte (Perlis e Kedah) considérase o celeiro de arroz do país.
Malaisia oriental, situada ao norte de Indonesia (Borneo), componse dos territorios de Sarawak e de Sabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).
Comparte fronteiras co Brunei (381 km), Indonesia (1.178 km) e Tailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No 2003, a súa poboación era de 25 200 000 de habitantes.
Economía editar
- Artigo principal: Economía de Malaisia.
Os recursos principais do país son:
- Os recursos do subsolo: ouro, estaño, ferro, bauxita (da costa occidental), gas e o petróleo, explotados no litoral ao longo da costa oriental.
- Da agricultura e silvicultura: bosque, caucho, aceite de palma e automóbiles. O país está especializado nos semi-condutores.
Demografía editar
A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cos malaios, que son os que constitúen a poboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai varias xeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre 1970 e 2000). A taxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.
O 75% da poboación de Malaisia reside na península Malaia.
Notas editar
- ↑ Banco Mundial (PIB nominal 2006)
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para malaisiano.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malaisia |