Monarquía parlamentaria
Sistemas de goberno no Mundo |
---|
Presidencialismo pleno Presidencialismo con goberno vencellado ao Parlamento Semipresidencialismo Parlamentarismo Unipartidismo Monarquías constitucionais ou parlamentarias nas que o rei no posúe ningún poder efectivo Monarquías constitucionais ou parlamentarias nas que o rei exerce persoalmente o poder executivo en conxunto cun Parlamento débil. Monarquías absolutas
Suspensión das garantías constitucionais (exemplo Ditaduras militares). Países que non se axustan a ningún dos sistemas anteriores. Varios Estados decláranse constitucionalmente a si mesmos coma repúblicas multipartidistas, mentres que exteriormente se lles considera Estados autoritarios. Este mapa representa o sistema político de jure e non o grado de madurez democrática de facto. |
A monarquía parlamentaria é un réxime de goberno dalgúns estados modernos, nos que convive a institución monárquica xuntamente cun sistema democrático. Normalmente, resérvase ao rei ou raíña o papel representativo propio dun xefe de Estado, pero non ostenta as funcións de goberno, que recae nos poderes do estado: poder lexislativo, poder executivo e poder xudicial.
Na maioría das monarquías parlamentarias actuais a autonomía e poderes do monarca atópanse moi limitados e recortados, dándolle o poder ao Parlamento para tomar decisións en calquera momento que obriguen ao rei ó seu cumprimento. As excepcións a estas limitacións xeneralizadas son reminiscencias históricas que se manteñen por tradición nalgunhas das monarquías máis antigas, aínda que normalmente se refiren a temas de pouca transcendencia para a vida política do país. A toma efectiva de decisións mantense no Goberno e nas distintas cámaras de representación parlamentaria, que nunha monarquía parlamentaria considéranse coma os depositarios da soberanía popular.
Adoita ser común nunha monarquía parlamentaria que o monarca ostente privilexios en función do seu papel como máximo representante do país e xefe do estado. Estes privilexios adoitan referirse non só ao mantemento económico da familia real e a súa seguridade, senón tamén a cuestións de inmunidade xurídica ou outras, que por afectar a un dos principais órganos de representación do estado, atópanse normalmente regulados por unha Constitución ou norma similar de carácter fundamental no Dereito.
Monarquías vixentes
editarEstado | Últta pola constitución. | Forma de Nomeamento | Forma de elección |
---|---|---|---|
Andorra | 1995 | Principado | Elección do Bispo de La Seu d'Urgell (nomeado pola Santa Sé coa aprobación do Goberno de España[1]) |
Aruba | 1986 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Australia | 1901 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Bahamas | 1973 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Barbados | 1966 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Bahrain | 2002 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Bélxica | 1831 | Reino; monarquía popular[2] | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Belize | 1981 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Bután | 2007 | Reino | Hereditaria - Sucesión. |
Camboxa | 1993 | Reino | Elixido polo Consello do Trono |
Canadá | 1867 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Cidade do Vaticano | Monarquía Electiva | Elección do Papa no conclave | |
Curaçao | 2010 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Dinamarca | 1953 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Emiratos Árabes Unidos | 1971 | Unión federal de Emiratos Monarquía electiva |
Sucesión hereditaria (Emirato) Presidente escollido entre os 7 Xeques de Emiratos e elixido polos 7 membros do Consello Supremo |
España | 1978 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Granada | 1974 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Xamaica | 1962 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Xapón | 1946 | Imperio | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Xordania | 1952 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Kuwait | 1962 | Emirato | Hereditaria - Sucesión directa da Familia Al-Sabah e a maioría da Asemblea Nacional |
Lesoto | 1993 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola aprobación do Consello de Xefes. |
Liechtenstein | 1862 | Principado | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Luxemburgo | 1868 | Gran ducado | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Malaisia | 1957 | Monarquía electiva; Monarquía federal | Seleccionado entre as nove familias de Sultáns dos Estados malaios |
Mónaco | 1911 | Principado | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Marrocos | 1962 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Noruega | 1814 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Nova Zelandia | 1907 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Países Baixos | 1815 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Papúa Nova Guinea | 1975 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Illas Salomón | 1978 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Saint Kitts e Nevis | 1983 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
San Vicente e as Granadinas | 1979 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Santa Lucía | 1979 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Sint Maarten | 2010 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Suecia | 1974 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Reino Unido | 1931[3] | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Tailandia | 2007 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Tonga | 1970 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Tuvalu | 1978 | Reino | Hereditaria - Sucesión directa pola constitución. |
Notas
editar- ↑ Acuerdos Iglesia Estado 1976 (en castelán)
- ↑ Bélxica considerase a única monarquía popular existente
- ↑ Estatuto de Westminster de 1931
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |