Saint Kitts e Nevis
Coordenadas: 17°20′N 62°45′O / 17.333, -62.750
Saint Kitts e Nevis (i/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/)[2] (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[3] O país é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como rei e xefe do Estado.[4][5]
Federación de Saint Kitts e Nevis | |||
---|---|---|---|
Federation of Saint Kitts and Nevis | |||
| |||
Lema: Country Above Self | |||
Capital • Poboación | Basseterre 14000 (2018) | ||
Cidade máis poboada | Basseterre | ||
Linguas oficiais | inglés | ||
Forma de goberno | Monarquía | ||
Carlos III Tapley Seaton Timothy Harris | |||
Independencia do Reino Unido | 19 de setembro de 1983 | ||
• Total | 261 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 135 km | ||
• Total (2021 est.) | 47.606 hab. | ||
• Densidade | 164 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | 527 millóns US$ | ||
• per cápita | 10 155 US$[1] | ||
Moeda | Dólar Caribe-Leste (XCD ) | ||
IDH | 0,825 | ||
Fuso horario | UTC -4 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .kn | ||
Prefixo telefónico | +1 + 869 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | 659 / KNA / KN | ||
Membro de: OMC, Caricom | |||
A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[6] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[7]
A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[8] Ao norte-noroeste atópanse as illas de San Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antigua e Barbuda) e a illa de Montserrat.
Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia de Saint Kitts e Nevis.
Saint Kittts, ou San Cristovo, era orixinalmente chamada Liamuiga polos indíxenas que a habitaban. Nevis era orixinalmente chamada Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.
As illas tornáronse colonias do Reino Unido no 1624. Nevis foi colonizada no 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.
San Cristovo, Nevis e Anguila, tornáronse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.
PolíticaEditar
- Artigo principal: Política de Saint Kitts e Nevis.
Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.
O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Nevis) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.
O país forma parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Leste (OECS).
SubdivisiónsEditar
- Artigo principal: Subdivisións de Saint Kitts e Nevis.
Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:
- San Cristovo (Saint Kitts)
Christ Church Nichola Town - Saint Anne Sandy Point - Saint George Baseterre - Saint John Capisterre - Saint Mary Cayon - Saint Paul Capisterre - Saint Peter Baseterre - Saint Thomas Middle Island - Trinity Palmetto Point.
- Nevis
Saint George Gingerland - Saint James Windward - Saint John Figtree - Saint Paul Charlestown - Saint Thomas Lowland -
Parroquias | Capital | Poboación | Superficie (km2) |
Poboación densidade por km2 |
Illa |
---|---|---|---|---|---|
Christ Church Nichola Town | Nichola Town | 1,922 | 18 | 107 | Saint Kitts |
Saint Anne Sandy Point | Sandy Point Town | 2,626 | 13 | 202 | Saint Kitts |
Saint George Basseterre | Basseterre | 12,635 | 29 | 436 | Saint Kitts |
Saint John Capisterre | Dieppe Bay Town | 2,962 | 25 | 118 | Saint Kitts |
Saint Mary Cayon | Cayon | 3,435 | 15 | 229 | Saint Kitts |
Saint Paul Capisterre | Saint Paul Capisterre | 2,432 | 14 | 174 | Saint Kitts |
Saint Peter Basseterre | Monkey Hill | 4,670 | 21 | 222 | Saint Kitts |
Saint Thomas Middle Island | Middle Island | 2,535 | 25 | 101.4 | Saint Kitts |
Trinity Palmetto Point | Trinity | 1,701 | 16 | 106 | Saint Kitts |
Saint George Gingerland | Market Shop | 2,496 | 18 | 139 | Nevis |
Saint James Windward | Newcastle | 2,038 | 32 | 64 | Nevis |
Saint John Figtree | Figtree | 3,827 | 22 | 174 | Nevis |
Saint Paul Charlestown | Charlestown | 1,847 | 4 | 462 | Nevis |
Saint Thomas Lowland | Cotton Ground | 2,069 | 18 | 115 | Nevis |
XeografíaEditar
Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis
O país está formado por dúas illas antillanas principais, Saint Kitts e Nevis, separadas por unha distancia de 3 km. polo estreito de The Narrows.[9] Ambas son de orixe volcánica, con grandes picos centrais cubertos de selva tropical.[10] A maioría da poboación vive ao longo das zonas costeiras máis planas.[10] St Kitts contén varias cadeas montañosas (a North West Range, Central Range e South-West Range) no seu centro, onde está o pico máis alto do país, o Monte Liamuiga con 1156 m..[9] Ao longo da costa leste pódense atopar os outeiros Canadá e Conaree. A terra estreitase considerablemente no sueste, formando unha península moito máis plana que contén a maior masa de auga, a Great Salt Pond. Ao sueste, en The Narrows, atópase a pequena illa de Booby Island. Son numerosos os ríos que descenden das montañas de ambas illas, que proporcionan auga doce á poboación local. Nevis, a máis pequena das dúas illas principais e de forma aproximadamente circular, está dominada polo Nevis Peak 985 m.[10]
O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.
É o país máis pequeno de América.
EconomíaEditar
Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis
O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.
San Cristovo e Nevis é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.
DemografíaEditar
- Artigo principal: Demografía de Saint Kitts e Nevis.
A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos da África Occidental.
A maioría da poboación é cristiá, principalmente anglicanos, aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a igrexa católica.
O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.
NotasEditar
- ↑ Saint Kitts e Nevis - Informe do Fundo Monetario Internacional (en inglés)
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
- ↑ "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "Enclopedia Britannica - St Kitts e Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ 9,0 9,1 "Enclopedia Britannica – St Kitts and Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". www.cia.gov. Consultado o 10 de xullo de 2019.