Comunidade do Caribe

A Comunidade do Caribe (CARICOM, polas súas siglas en inglés) (en castelán: Comunidad del Caribe, en francés: Communauté Caribéenne, en inglés: Caribbean Community, en neerlandés: Caribische Gemeenschap) é unha organización internacional para o fortalecemento das relacións na rexión do Caribe cuxa sede atópase en Georgetown, Güiana. Foi fundada en 1973 polo Tratado de Chaguaramas (Trinidad e Tobago) e substituíu á Asociación Caribeña de Librecambio que fora creada en 1965.

Comunidade do Caribe
Bandeira de Comunidade do Caribe
Bandeira
 
Situación de Comunidade do Caribe
 
Sede Georgetown  Güiana
Idioma oficial Español, inglés, francés e neerlandés
Forma de goberno Organismo rexional
Membros

     15 membros plenos1      5 membros asociados2      8 membros observadores3

Superficie
 • Total

462.355[1] km²
Poboación
 • Total
 • Densidade

16 629 820
36 hab/km²
Moeda
Xentilicio caribeño, caribeña
Sitio web www.caricom.org

1 14 Estados independentes, 1 territorio dependente.
2 5 territorios dependentes.
3 4 Estados independentes, 4 territorios dependentes.
4 Usados polos membros da Organización de Estados do Caribe Oriental (OAECS).

É unha organización de 15 nacións do Caribe (principalmente do Caribe anglófono) e dependencias británicas. Os membros de pleno dereito son: Antiga e Barbuda, Barbados, Belize, Dominica, Granada, Güiana, Haití, Xamaica, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Suriname e Trinidad e Tobago (as Illas Virxes Británicas e as Illas Turks e Caicos son membros asociados). As Bahamas pertencen á Comunidade pero non ao mercado común creado no seu seo, mentres que Aruba, Colombia, Curaçao, México, Porto Rico, República Dominicana, San Martiño e Venezuela son países observadores. A sede da CARICOM atópase en Georgetown, Güiana.

A comunidade do Caribe desenvolve tres actividades principais: a cooperación económica a través do Mercado Común do Caribe, a coordinación da política exterior e a colaboración en campos como a agricultura, a industria, o transporte ou as telecomunicacións.

Os principais obxectivos da CARICOM son: promover a integración económica e a cooperación entre os seus membros, así como asegurar que os beneficios da integración se distribúan equitativamente, e coordinar a política exterior. As súas principais actividades inclúen a coordinación das políticas económicas e a planificación do desenvolvemento, a elaboración e a institución de proxectos especiais para os países menos desenvolvidos dentro da súa xurisdición; funcionar como un mercado rexional único para moitos dos seus membros (Mercado Único da CARICOM), e a resolución de conflitos comerciais rexionais.

Dende a creación da Comunidade do Caribe, o inglés é o idioma oficial da organización. A CARICOM converteuse en plurilingüe na práctica coa adición de Suriname, de fala neerlandesa, o 4 de xullo de 1995, e Haití, onde se falan francés e crioulo haitiano, o 2 de xullo de 2002.

O 5 de xullo de 2001 en Nassau, Bahamas, os Xefes de Goberno asinaron o Tratado Revisado de Chaguaramas na súa Viséxima Segunda Reunión da Conferencia, preparando así o camiño para a transformación do Mercado Común da CARICOM no Mercado e Economía Única da CARICOM. Parte do tratado revisado entre os estados membros inclúe o establecemento e a aplicación da Corte de Xustiza do Caribe.

Georgetown, sede da Comunidade do Caribe.

Precedentes históricosEditar

A Comunidade do Caribe, que orixinalmente se chamou Comunidade do Caribe e Mercado Común, foi establecida polo Tratado de Chaguaramas, que entrou en vigor o 1 de agosto de 1973. Os catro primeiros signatarios foron Barbados, Xamaica, Güiana e Trinidad e Tobago. A CARICOM substituíu á Asociación de Libre Comercio do Caribe (CARIFTA) en funcionamento entre 1965 e 1972, que fora organizada para proporcionar un enlace económico continuo entre os países de fala inglesa do Caribe tras a disolución da Federación das Indias Occidentais, en funcionamento dende o 3 de xaneiro de 1958 ao 31 de maio de 1962.

ObxectivosEditar

Os obxectivos da CARICOM son:

  • A integración económica dos estados membros a través do establecemento dun réxime de Mercado Común.
  • A coordinación das políticas exteriores dos estados membros.
  • Promover a cooperación nos ámbitos educativos, culturais e industriais.

ÓrganosEditar

Órganos principaisEditar

  • Conferencia de Xefes de Estado
  • Consello de Ministros

Os órganos principais son asistidos por 4 consellos, 3 comisións e unha secretaría que constitúe o principal órgano administrativo.

ConsellosEditar

  • Consello de finanzas e planificación (COFAP, polas súas siglas en inglés)
  • Consello de comercio e desenvolvemento económico (COTED, polas súas siglas en inglés)
  • Consello de Relacións Internacionais (COFCOR, polas súas siglas en inglés)
  • Consello de desenvolvemento humano e social (COHSOD, polas súas siglas en inglés)

ComitésEditar

  • Comité de asuntos legais: dá asistencia legal aos órganos e comités.
  • Comité de orzamento: examina o orzamento e traballa no programa da secretaría, tamén dá recomendacións ao consello de ministros.
  • Comité banco central de gobernadores: dá recomendacións ao consello de finanzas e planificación en materia monetaria e fiscal.

Institucións derivadasEditar

Algunhas institucións foron creadas de iure baixo os auspicios da comunidade, como é o caso do Instituto Meteorolóxico e Hidrolóxico do Caribe (CIMH, polas súas siglas en inglés), a Organización Meteorolóxica do Caribe (CMO, polas súas siglas en inglés), o Instituto de Investigación e Desenvolvemento Agrícola do Caribe (CARDI, polas súas siglas en inglés), a Organización Caribeña de Administradores de Impostos (COTA, polas súas siglas en inglés) e o Instituto para a Alimentación e a Nutrición do Caribe (CFNI, polas súas siglas en inglés). Outras institucións asociáronse formalmente coa Comunidade: o Banco de Desenvolvemento do Caribe (CDB, polas súas siglas en inglés), a Universidade de Güiana, a Universidade das Indias Occidentais e a Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS, polas súas siglas en inglés).

Estados membrosEditar

 
Países membros e Zonas Económicas Exclusivas da CARICOM. A superficie total do CARICOM alcanza os 2 300 297 km².

Os membros plenos na actualidade son:

Os membros asociados son:

  •   Anguila (xullo de 1999) (territorio británico de ultramar).
  •   Bermudas (2 de xullo de 2003) (territorio británico de ultramar).
  •   Illas Caimán (16 de maio de 2002) (territorio británico de ultramar).
  •   Turks e Caicos (xullo de 1991) (territorio británico de ultramar).
  •   Illas Virxes Británicas (xullo de 1991) (territorio británico de ultramar).

A lingua española na Comunidade do CaribeEditar

Aínda que a lingua inglesa é oficial na maioría dos seus membros, en 2003 a Comunidade do Caribe acordou facer do castelán o seu segundo idioma oficial e recoñeceu a necesidade de popularizalo na rexión, para o que solicitou a axuda de Cuba e da Organización de Estados Americanos. Segundo declarou o 9 de outubro dese ano a súa subsecretaria xeral, Lolita Applewhaite, os xefes de estado da comunidade tomaron esa decisión para axudar a reducir as distancias culturais e de comunicación que a separan dos seus veciños latinoamericanos.[2]

NotasEditar

  1. Superficie dos 15 países sen incluír membros asociados nin áreas marítimas adxacentes.
  2. "FEATURE ADDRESS BY MS LOLITA APPLEWHAITE, DEPUTY SECRETARY GENERAL, CARICOM, AT THE NATIONAL AWARD CEREMONY FOR OUTSTANDING STUDENTS, 9 OCTOBER 2003, GEORGETOWN, GUYANA". CARICOM. 10 de outubro de 2002. Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar