Bermudas

arquipélago no océano Atlántico, parte do Territorio Británico de Ultramar

Coordenadas: 32°20′N 64°45′O / 32.333, -64.750

As illas Bermudas[1][2] (en inglés: Bermuda, /bərˈmjdə/, historicamente coñecidas como as Bermudas ou Illas Somers) é un Territorio Británico de Ultramar no Océano Atlántico Norte. O arquipélago das Bermudas está formado por 181 illas cunha superficie total de 53,2 km². A terra máis próxima fóra do territorio atópase no estado estadounidense de Carolina do Norte, aproximadamente 1035 km. ao oeste-noroeste.

Territorio Británico de Ultramar das Bermudas
British Overseas Territory of Bermuda
Bandeira das Bermudas
Bandeira das Bermudas
Escudo das Bermudas
Escudo das Bermudas
BandeiraEscudo
Lema: Quo Fata Ferunt
(Latín: Para onde o destino leve)
Capital
 Poboación
Hamilton
854 (2016)
Cidade máis poboadaHamilton
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Carlos III
John Rankin
E. David Burt
Dependencia do Reino Unido1609
SuperficiePosto 230º
 • Total53,2 km²
 • % auga27
Fronteiras0 km
Costas103 km
 • Total (2019)63913 hab.
 • Densidade1 201 hab./km²
PIB (nominal)
PIB (PPA)Posto 149º
 • Total (2009)5,47 billóns US$
 • per cápita84 381 US$
MoedaDólar bermudano ($, BMD)
XentilicioBermudano, bermudana[1]
Fuso horarioPST (UTC-3)
 • Horario de veránPST (UTC-4)
Dominio de Internet.bm
Prefixo telefónico+1-441
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO060 / BMU / BM
Membro de: CARICOM

As Bermudas teñen un clima subtropical, con invernos suaves e veráns cálidos. Propenso aos furacáns,[3] o seu clima tamén presenta características de oceánico similares a outras áreas costeiras do hemisferio norte, con aire cálido e húmido do océano que garante unha humidade relativamente alta e unha temperatura estable.

As Bermudas reciben o nome do explorador español Juan de Bermúdez, que descubriu o arquipélago en 1505. As illas estiveron habitadas permanentemente desde 1612 e, formando parte da América Británica, convertéronse nunha colonia da coroa en 1684. Os primeiros Escravos africanos chegaron en 1616, pero como o comercio de escravos cesou a finais do século XVII, a colonia converteuse nunha base para comerciantes, corsarios, e a Mariña Real. Máis recentemente, o turismo foi un contribuínte importante á economía das Bermudas. Despois da segunda guerra mundial, o territorio converteuse nun destacado centro financeiro offshore e paraíso fiscal.

En xullo de 2018, as Bermudas tiñan unha poboación de preto de 70.000 persoas, polo que é o máis poboado dos territorios británicos de ultramar.[4] Bermudanos negros, descendentes principalmente de escravos africanos, constitúen ao redor do 50% da poboación, mentres que os Bermudanos brancos, principalmente de ascendencia británica, irlandesa e portuguesa, representan o 30%.

A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar estadounidense. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Etimoloxía Editar

As Bermudas reciben o nome do mariñeiro español Juan de Bermúdez, que descubriu as illas en 1505,[4] mentres navegaba para España dunha viaxe de avituallamento a Hispaniola no barco La Garça. (O nome é polo tanto do nome visigodo "Bermund" ou "Veremund".)

Historia Editar

Descubertas polo español Juan de Bermúdez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.

A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación se desenvolveron, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.

Durante a segunda guerra mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no Océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arrendamento co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arrendamento durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas nas Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5,8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu anexo se achaba ao final occidental da illa no Gran Fondeadoiro.

Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno das Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.

Goberno e política Editar

Poder executivo: A autoridade máxima é o Xefe do Estado, o rei Carlos III do Reino Unido, representado nas Bermudas polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.

Poder lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.

Poder xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.

Partidos políticos:

  • Partido Ambientalista (AP)
  • Partido Laborista Progresista (PLP)
  • Partido Nacional Liberal

Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.

Economía Editar

Artigo principal: Economía das Bermudas.

Demografía Editar

54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses (10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.

 
Mapa das Bermudas.

Cultura Editar

Festas
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day
24 de maio Día das Bermudas Bermuda Day
2º luns de xuño Aniversario da Raíña Queen's Birthday
Xoves antes o 1º luns en agosto Día da Emancipación Emancipation Day
Venres antes do 1º luns de anosto Somer's Day
1º luns de setembro Día do traballo Labour Day
11 de novembro Día do Recordo Remembrance Day
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
26 de decembro Boxing Day

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bermudano.
  2. Definición de bermudano, -da no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Kara, James B. Elsner; A. Birol (1999). Hurricanes of the North Atlantic: climate and society. New York, NY [u.a.]: Oxford Univ. Press. ISBN 978-0195125085. 
  4. 4,0 4,1 "North America :: Bermuda". CIA World Factbook. xullo 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019.  Modelo:CIA World Factbook

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar