1 de xaneiro

data
<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2024
Todos os días
31 de decembro
 
1 de xaneiro
 
2 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos. No calendario xuliano empezou a ser o primeiro día do ano no 153 a. C.[1]

Acontecementos editar

Ata 1900 editar

1901 - 1950 editar

  • 1901
  • 1903, aparece o primeiro número do xornal español ABC, de periodicidade semanal.
  • 1905
    • Novo goberno formado por Paul F. Gautsch von Frankenthurn en Austria tras unhas segundas votacións.
    • Durante a Guerra Ruso-Xaponesa, tropas rusas réndense na localidade de Port Arthur.
  • 1909, en Inglaterra a cámara de lores remite ó goberno o prace da acta que permitirá que os anciáns teñan dereito a cobrar unha pensión de xubilación.
  • 1910, empeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da medianoite.
  • 1911
    • O xeneral Estrada é elixido presidente da República de Nicaragua.
    • En Australia lévase a cabo o servizo militar obrigatorio coa posibilidade que que os soldados se poidan reenganchar cumprindo un máximo de 30 anos ó servizo da patria.
  • 1912
    • O Goberno revolucionario chinés proclama a República e designa como presidente provisional ao líder nacionalista Sun Yat-sen.
    • Nuns novos comicios lexislativos Daniel E. Howard acada a presidencia de Liberia.
  • 1913, dimite o xefe do Partido Conservador de España, Antonio Maura.
  • 1914
    • Entra en servizo a primeira liña aérea regular do mundo, entre St. Petersburg e Tampa, ambas no estado de Florida (Estados Unidos).
    • A partir da data, os suecos non poderán comprar máis de 12 litros de licores por trimestre.
    • Nixeria constitúese nunha colonia británica.
  • 1915
    • O submarino alemán U-24 afunde o navío de liña británico Formidable diante de Plymouth.
    • O presidente americano Theodore Roosevelt publica o escrito "America and the World War".
  • 1916
    • O político Venustiano Carranza chega a Querétaro, cidade que proclama capital da república.
    • Unha obra do escritor Clóvis Beviláqua é o detonante para que o goberno do Brasil cree o Código Civil Brasileiro.
  • 1918
  • 1919, Fundación do Partido Comunista alemán, por Rosa Luxemburg, Karl Liebnecht e Guillerme Pieck.
  • 1921, en Nicaragua Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
  • 1923
  • 1924
    • Estados Unidos cerra a entrada á inmigración xaponesa.
    • En Australia constrúese o primeiro telescopio respaldado polo orzamento da Commonwealth Solar Observatory. Tamén se constitúe a Asociación Automobilística Australiana.
  • 1925
    • A capital de Noruega, Cristiana, pasa a chamarse Oslo.
    • Estrea no teatro Español da obra Hernani, adaptación dos irmáns Antonio e Manuel Machado.
  • 1926
    • O número de parados en Alemaña alcanza os 2 millóns.
    • As augas do Rhin alcanzan o seu nivel máis alto desde 1781.
  • 1927
    • Primeira emisión da Cadea de Noticias BBC (British Broadcasting Corporation).
    • A causa de certas discrepancias, Costa Rica deixa de ser membro da Liga das Nacións.
  • 1929
  • 1930 80 nenos morren nun incendio dun cine en Paisley, cerca de Glasgow (Escocia).
  • 1931, comeza a folga de mineiros no País de Gales.
  • 1932, en Turquía ten lugar a apertura do primeiro Banco Central da República turca.
  • 1934
    • Entra en vigor a lei ditada polo goberno do Reich "para a prevención da descendencia con enfermidades hereditarias".
    • Tras novas eleccións, Libia terá un gobernador xeral italiano, Italo Balbo, que dividirá o pais en catro provincias: Trípoli, Benghazi, Derna e Misurata.
    • Alcatraz convértese oficialmente en cárcere federal.
  • 1935, a "Associated Press" inaugura o servizo de radiofotos.
  • 1936, o goberno brasileiro designa a Érico Ennes Torres para a Presidencia do Tribunal de Santa Catarina.
  • 1937, as tropas nacionais toman a cidade de Porcuna (Xaén).
  • 1938, no Brasil Getulio Vargas inicia o Estado Novo, de tendencia fascista.
  • 1939
    • Convértese nun deber para todas as rapazas españolas menores de 25 anos, cumprir durante un ano co servizo de traballo obrigatorio.
    • En Alemaña o chanceler Hitler ordena que as tropas de paracaidistas sexan integradas na Luftwaffe.
  • 1942
    • Australia recibe a visita do portaavións estadounidense USS Langley.
    • Estréase en París o ballet Bolero, de Maurice Ravel.
    • Por primeira vez aparece empregado o termo Nacións Unidas baixo un discurso emitido polo presidente norteamericano Franklin Roosevelt.
  • 1943, finaliza a batalla de Guadalcanal, coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses.
  • 1944
    • Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini.
    • Estrease nos Estados Unidos a película Going my way, dirixida por Leo McCarey.
    • Descóbrese a tumba do faraón Menes no Cairo (Exipto).
    • Durante a Segunda guerra mundial o piloto alemán, Heinz Lange derriba o avión número 50; dun total de 70 que derribará durante a contenda. Seguiralle así o temido "rei dos ases"; Erich Hartmann, un comandante alemán que logrou derribar 352 avións.
  • 1945
    • O Comité de Lublin declárase Goberno provisional polaco.
    • Avións xaponeses bombardean o navío estadounidense John M. Clayton; pola contra Estados Unidos desprega un novo submarino, o USS Requin SS-481.
  • 1946, nunha alocución radiofónica, o emperador Hirohito explica a xénese do mito do emperador no Xapón.
  • 1947
  • 1948
  • 1949
    • Os enfrontamentos entre zulús e mercadores hindús no mercado oeste de Durban (Suráfrica) causan a morte de 75 persoas.
    • O doutor Xoán Manuel Gálvez toma posesión da presidencia de Honduras.
    • Tailandia entra como membro da UNESCO.
  • 1950

1951 - 2000 editar

2001 - editar

  • 2001
    • Suecia asume a presidencia por quenda da Unión Europea.
    • Comenza o rally París Dakar.
  • 2002
    • Entrada en vigor o Euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea.
    • Tres policías feridos e máis de 30 vehículos incendiados en varios incidentes en Estrasburgo.
  • 2003
    • Lula da Silva xura coma presidente do Brasil.
    • Grecia inicia a súa presidencia semestral da Unión Europea.
    • España ingresa no Consello de Seguridade da ONU para un período de dous anos.
    • Un cargueiro turco, con 70 000 toneladas de gasóleo a bordo, choca cos restos do casco do buque Tricolor, afundido en augas do Canal da Mancha o 14 de xaneiro tras ser arremetido por outro mercante.
  • 2004
    • Irlanda inicia o semestre de presidencia da UE.
    • O Tratado de libre Comercio entre Chile e EUA entra en vigor.
    • O Parlamento paquistaní ratifica o presidente Pervez Musharraf, como xefe de Estado até o ano 2007.
  • 2005
    • Un novo sismo rexístrase no sur de Sumatra, mentres a choiva agrava o risco de epidemias.
    • Rexístrase un terremoto de 5,3 graos no leste do Xapón, sen causar vítimas.
    • As inundacións obrigan a desaloxar 2.000 persoas en Sri Lanka.
    • A axuda internacional comprometida para as vítimas do maremoto alcanza os 2.000 millóns de dólares.
    • Morren polo menos doce soldados nunha emboscada dos maoístas nunha rexión montañosa do leste do Nepal.
  • 2006, entra en vigor en España a Lei Antitabaco.
  • 2007

Nacementos editar

 
Antón Patiño.
 
Christine Lagarde
 
Baldo Ramos.
 
María Luz Morales.

Mortes editar

 
Federica Montseny.

Festas e celebracións editar

Celebracións civís editar

Celebracións relixiosas editar

Na Igrexa católica latina editar

  • Santoral: Santa María, Nai de Deus. Oitava de Nadal (Manuel, Xesús); A Circuncisión do Señor; Santo Agripino, Odilión, Frodoberto e Xustino (Bispos); Almaquio, Odilión, Concordio e Almaquino (Mártires); Eufrosia, Beatriz e Eufrosina (Virxes); Martiña (Virxe e Mártir); Ada, Fulxencio de Ruspe, Ponfilio e Vicente María Strambi (Confesores); Odilo e Guillerme (Abades). Calendario Romano: Calendas de Xaneiro.

Na Igrexa ortodoxa e nas Igrexas católicas de rito bizantino editar

Notas editar

  1. Rafael Bachiller (29 de decembro de 2011). "¿Por qué el año comienza el 1 de enero?". El mundo (en castelán). 
  2. Vitz, Evelyn Birge (1991). A Continual Feast: A Cookbook to Celebrate the Joys of Family and Faith Throughout the Christian Year (en inglés). Ignatius Press. p. 161. ISBN 9780898703849. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar