Asunción
Coordenadas: 25°16′55.91″S 57°38′3.36″O / -25.2821972, -57.6342667
Asunción (en guaraní: Paraguay) é a capital de Paraguai. Centro industrial e cultural do país, é o seu principal porto, con industrias de calzados, téxtiles e de tabacos. A poboación era de 501.000 habitantes en 1992. En 2006 alcanzaba 515.662 habitantes. A súa área metropolitana, denominada Gran Asunción inclúe os concellos de San Lorenzo, Lambaré, Fernando de la Mora, Luque, Mariano Roque Alonso, Ñemby, Villa Elisa e San Antonio, cunha cifra estimada próxima a 1.700.000 habitantes.
Asunción | |||
---|---|---|---|
Paraguay | |||
![]() | |||
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 43 msnm | ||
Superficie | 117 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 542.023 hab. (2009)[1] | ||
Densidade | 4411 hab/km² | ||
Xentilicio | asunceno, -a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 1001 - 1925 | ||
Alcalde | Arnaldo Samaniego (ANR) | ||
Páxina oficial |
Asunción é unha das cidades máis antigas de América do Sur. O sitio foi descuberto por Juan de Ayolas, mais a cidade, nomeada inicialmente Nuestra Señora de la Asunción, foi fundada o 15 de agosto de 1537 por Juan de Salazar e Gonzalo de Mendoza. En 1731 unha insurrección encabezada par José de Antequera y Castro constituíuse nunha das primeiras rebelións contra os colonos españois. Logo da Guerra da Tripla Alianza (1865-1870) Asunción foi ocupada polas tropas brasileiras até 1876.
XeografíaEditar
Asunción está asentada na beira esquerda do río Paraguai, na denominada baía de Asunción. Ao noroeste limita co concello de Mariano Roque Alonso, ao leste con Luque e Fernando de la Mora e ao sur con Lambaré e Ñemby.
O terreo é ondulado. A maior altura atínxese no Cerro Lambaré, no barrio de Santa Ana, nas lindes coa localidade de Lambaré. O Cerro Lambaré foi incluído no territorio de Asunción en 1965. Hai outras alturas no casco urbano, denominadas lomas ou colinas das que destacan:
- Loma Cabará, no que se localiza o núcleo fundacional da cidade
- Loma San Gerónimo
- Loma Clavel, sede da Infantería de Mariña paraguaia
- Loma Cachinga
- Loma del Mangrullo, actual parque Carlos Antonio López
- Loma de la Encarnación
- Loma de las piedras de Santa Catalina, hoxe denominada Escalinata Antequera
O río Paraguai recibe varios regatos que atravesan Asunción e que evacúan con rapidez. Os principais ramais deses regatos denomínanse Mburicaó, Cará Cará, Jaén, Mburicá, Salamanca, Zanja Morotí, San Vicente e Leandro.
Os excedentes de augas forman lagoas, que constitúen augas estancadas. Causan certo risco para a saúde da poboación, ao convertérense en criadeiros de insectos, como o Aedes Aegypti, que pode causar dengue, e o mosquito anófele.
ClimaEditar
O clima é de tipo subtropical, con moi pequenas variacións das temperaturas ao longo do ano. A temperatura media anual é de 24,3 °C e as precipitacións medias anuais atinxen os 1.420 mm. Outubro é o mes máis chuvioso e setembro o máis seco.
Vida urbanaEditar
O corazón da cidade, relativamente próximo ao río, é a "Plaza de los Héroes" xunto coa rúa "Calle Independencia", que trazada de norte a sur corta as vías que se cruzan en sentido leste-oeste. Todas as rúas do centro teñen circulación de sentido único.
De leste a oeste transcorren as rúas "Calle Palma/Mariscal Estigarribia", "Estrella/25 de Mayo" e "Oliva/Cerro Corá". Desde hai cen anos están instalados aquí os mellores negocios, tendas, bancos e oficinas de troco de moeda. A primeira delas, a "Calle Palma", nos sábados é unha rúa de vivaz paseo en que se celebran concertos gratuítos.
Edificios de intereseEditar
- Panteón de los Héroes e Oratorio de la Virgen de la Asunción (rúa Palma / rúa Chile): construído en 1863 e rematado en 1936, cun trazado do arquitecto italiano Ravizza.
- Estación Central do Ferrocarril (Eligio Ayala / Mexico), datada en 1861.
- Catedral Metropolitana (Independencia Nacional / Coronel Bogado): comezada no século XVII, aínda que a maior parte da edificación é do XIX.
- Palacio de Gobierno (rúa El Paraguayo Independiente, entre Ayolas e O'Leary).
- Cabildo (Avenida República / Alberdi): foi concibido como casa do concello. Actualmente acolle o Museo da Cidade.
- Casa de la Independencia (14 de Mayo / Presidente Franco): un dos edificios máis antigos de Asunción. Aquí comezou o movemento de independencia de Paraguai contra España o 14 de maio de 1811.
- Casa Viola e Casa Castelví (Ayolas / Paraguayo Independiente): construídas a finais do século XVIII, son os edificios máis antigos da cidade en pé. Hoxe a Casa Viola acolle o centro cultural "Manzana de la Rivera", no que se celebran conferencias, representación teatrais e concertos. Tamén a biblioteca municipal está situada aquí.
- Iglesia de la Encarnación (entre as rúas Alberdi e 14 de Mayo): en 1863 sufriu un incendio e foi reconstruída.
- Iglesia de la Trinidad (Santísimo Sacramento / Santísima Trinidad).
NotasEditar
- ↑ MSN Encarta. "Paraguay Facts and Figures". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2009. Consultado o 02 de maio de 2022.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Asunción |