Porto (comunicacións)
Dentro da cadea do transporte, o porto é o elo que permite o intercambio comercial entre o mar e a terra.

Defínese o porto como o conxunto de obras, instalacións e servizos que proporcionan o espazo de augas tranquilas necesarias para a estancia segura dos buques, mentres se realizan as operacións de carga, descarga e almacenaxe das mercancías e o tránsito de viaxeiros..
En xeral, as funcións dun porto son: comercial, intercambio modal do transporte marítimo e terrestre, base do barco e fonte de desenvolvemento rexional. Entre as funcións de índole específica temos: actividade pesqueira, de recreo e de defensa.
Desde o punto de vista funcional, a obras e as instalacións dun porto pódense clasificar pola súa localización.
- Así, na zona marítima, destinada ao barco, dispóñense as obras de abrigo que protexen a zona de atracadas da ondada exterior, constituídas fundamentalmente polos diques; as obras de acceso que facilitan o acceso do barco ao porto en condicións de seguridade, garantindo a súa manobrabilidade, anchura e calado adecuados. Entre elas temos a sinalización (radar, faros, balizas, radiofaros, boias etcétera), os diques de encanamento, canles dragados, esclusas; as obras de fondeo coa función de manter o barco amarrado en augas tranquilas á espera da súa quenda de atracada nos peiraos; e as dársenas que constitúen a superficie de augas abrigadas aptas para a permanencia e operación dos barcos (de marea ou de flotación, segundo estean ou non sometidas á acción das mareas).
- Na zona terrestre, destinada fundamentalmente á mercancía, atopámonos coa superficie de operación terrestre constituída polos peiraos, que ademais de facilitar a atracada e amarre dos barcos, serven de soporte ao utillaxe e de provisión provisional de mercancías; e os depósitos que ademais de adecuar un espazo ás mercancías, serven de regulación dos fluxos marítimo-terrestres.
- Na zona de evacuación, destinada ao transporte terrestre, debemos diferenciar as vías de acceso ao porto desde a Rede de estradas xeral, as de circunvalación ou repartición e as de penetración á zona de operación terrestre, coas súas áreas de manobra e estacionamento.
- Ocasionalmente pódense situar nos portos unha zona de asentamento de industrias básicas: siderurxias, estaleiros, petroquímicas, refinarías etc. Nalgúns casos foi necesario crear portos exclusivamente para o seu servizo.
O conxunto de servizos que presta un porto pódense clasificar en función do ámbito ao que van destinados.
- Entre os servizos ao barco temos a consígna, o practicaxe, o remolque, o avituallamento e o mantemento.
- Para os servizos á mercancía temos a consigna, o estibaxe, a aduana, a sanidade, a vixilancia e os servizos comerciais.
- Os servizos ao transporte terrestre son os de representación, reparación e estacións de servizo.
- Para rematar, o apartado de servizos varios, entre os que se atopan os seguros, os bancarios, os mercantís, os de comunicación etc.
Galería de imaxesEditar
Porto da Illa de Arousa.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto |