Ragusa
comuna italiana
- Para a cidade croata vexa Dubrovnik
Ragusa (Raùsa en siciliano) é unha cidade e un concello do sur de Italia, capital da provincia homónima, no sueste da illa de Sicilia. Ten arredor de 70.000 habitantes. Está construída sobre un alto calcario entre os dous grandes vales de Cava San Leonardo e Cava Santa Domenica.
A economía da provincia baséase principalmente na agricultura (horticultura, oliveiras), granxas, turismo, manufacturas lixeiras e pequenos campos de petróleo. Xunto con outras sete cidades do Val di Noto, atópase entre o Patrimonio da Humanidade de Italia.
Ten lindes cos concellos de: Chiaramonte Gulfi, Comiso, Giarratana, Modica, Monterosso Almo, Santa Croce Camerina, Scicli, Vittoria e Rosolini.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ragusa |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |