A Paz

cidade de Bolivia

A Paz[1] (en castelán: La Paz, e en aimará: Chuqi Yapu[2]) é a capital administrativa e a sede do goberno de Bolivia. É o centro político, comercial e cultural máis importante do país[3][4] sendo ademais a capital do departamento de La Paz. Cunha poboación estimada de 816 044 habitantes, en 2020, A Paz é a terceira cidade máis poboada do país, detrás de Santa Cruz de la Sierra e El Alto.[5] A súa área metropolitana, que inclúe os concellos veciños de El Alto, Viacha, Achocalla e Mecapaca, é a segunda área metropolitana máis poboada do país, chegando a ter unha poboación estimada de 1,8 millóns de habitantes en 2020, sendo superada só pola área metropolitana de Santa Cruz, situada no leste de Bolivia, cunha poboación estimada de 2,3 millóns de habitantes.[5]

Modelo:Xeografía políticaA Paz
La Paz (es)
Chuqiyapu (ay) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoBatalla de Ayacucho e Nosa Señora da Paz Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 16°29′45″S 68°08′00″O / -16.4958, -68.1333
EstadoBolivia
DepartamentosDepartamento de La Paz Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.867.504 (2017) Editar o valor en Wikidata (6.075,22 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie472 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude3.640 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorAlonso de Mendoza Editar o valor en Wikidata
Creación20 de outubro de 1548 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoLuis Revilla (2010–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Mercocidades (1999–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal0201–0220 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina weblapaz.bo Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453529

Localizada no oeste de Bolivia, a 68 km ao sueste do lago Titicaca, A Paz está situada nun canón creado polo río Choqueyapu e está rodeada polas altas montañas do altiplano, entre elas o nevado Illimani, cuxa silueta foi un emblema importante da cidade dende a súa fundación.[6][7] A unha altura media de 3650 msnm, A Paz é a metrópole máis alta do mundo.[8][9][10] Por mor da súa elevación, A Paz ten un clima subtropical de altura, con veráns chuviosos e invernos secos.

Nome da cidade

editar

O nome da cidade, oficialmente Nuestra Señora de La Paz, foille outorgado durante a súa fundación polo capitán español Alonso de Mendoza. Foi a terceira poboación fundada no actual territorio de Bolivia, despois de Choquechaca (1538), actual Sucre, e Potosí (1545). O seu nome conmemora a restauración da paz despois da guerra civil que seguiu á insurrección de Gonzalo Pizarro contra Blasco Núñez Vela, primeiro vicerrei do Perú.[11]

A rexión na que se estabeleceu a cidade era chamada, antes da súa fundación pola comitiva española, "Chuquiago Marka"[12] (en aimará, chuqiyapu significa ‘chacra de ouro’, probablemente pola explotación de pebidas de ouro nos pequenos ríos do lugar).[13] Debido a iso, en 2017, Evo Morales, expresidente de Bolivia, suxeriu restaurar esta denominación nun discurso pronunciado o día do aniversario da fundación da cidade.[14]

O 3 de xaneiro de 1827, o congreso constituínte de Bolivia ampliou o nome da cidade a La Paz de Ayacucho na honra á vitoria na batalla de Ayacucho.[15]

Historia

editar
 
Palacio Lexislativo de Bolivia.

Fundación

editar

A cidade da Paz foi fundada o 20 de outubro de 1548 polo capitán Alonso de Mendoza na localidade de Laja como parte do correxemento da Paz, e para servir como punto de descanso para os viaxeiros que transitaban entre Potosí e Cuzco.[16]

Tres días despois foi trasladada máis ao leste, a un lugar de clima temperado localizado no limiar do altiplano,[17] onde inician os outeiros e o val chamado Chuquiago Marka[12]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 106. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Salustiano Ayma Morales (2011). Aymara aru thakhinchawi. Ministerio de Educación del Estado Plurinacional de Bolivia. p. 25. 
  3. Diccionario enciclopédico estudiantil Océano, Barcelona 1998
  4. "Constitución política del estado plurinacional de Bolivia" (PDF). Consultado o 19 de marzo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 "Bolivia: Proyecciones de Población según Departamento y Municipio, 2012-2020.". INE Bolivia. 
  6. "Geografía de la ciudad de La Paz". turismolapaz.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  7. "El Illimani y la chola paceña, las claves para construir la “marca La Paz”". paginasiete.com.bo. Página Siete. 13 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  8. "Coordenadas geográficas de La Paz, Bolivia". dateandtime.info. Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  9. "Las 7 ciudades más altas del planeta". lareserva.com. La Reserva. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  10. "La Paz, en la Encyclopædia Britannica.". Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  11. "La Paz a principios del siglo XX". Periódico El Diario. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  12. 12,0 12,1 "Chuquiago Marka, y la expansión de Tiwanaku". La Prensa. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  13. George Couthbert. "Acta de fundación de la ciudad de Nuestra Señora de La Paz". Blog Apuntes Jurídicos. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  14. "Evo sugiere cambiar el nombre de La Paz por Chuquiago Marka". Periódico La Razón. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xuño de 2018. 
  15. Orlando Rincones, en el periódico La Razón (Bolivia), La Paz de Ayacucho, de 8 de decembro de 2015, visto o 14 de setembro de 2017
  16. "Fundación de La Paz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de agosto de 2020. 
  17. "Aniversario de la Fundación de La Paz: 20 de Octubre". Alcaldía de La Paz. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar