Arequipa
Arequipa é unha cidade situada no extremo suroeste do Perú a unha altura de 2.335 msnm e situada nun fértil val entre a área costeira do deserto de Atacama e os contrafortes da Cordilleira dos Andes Occidentais. A cidade é a capital tanto da provincia de Arequipa, onde está situada, como da Rexión Arequipa onde se localiza a provincia.
Arequipa | |
---|---|
Arequipa Villa de Nuestra Señora de la Asunta de Arequipa | |
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Departamento | Arequipa |
Provincia | Arequipa |
Xeografía | |
Altitude | 2.335 msnm |
Superficie | 3.057 km² |
Demografía | |
Poboación | 1.008.290 hab.(2017)[1] |
Densidade | 1.551´22 |
Xentilicio | Arequipeño(a) |
Outros datos | |
Fundación | 15 de agosto de 1540 fundada por Garcí Manuel de Carbajal |
Código postal | 04 |
Alcalde | Omar Julio Candia Aguilar (2019-2022) |
www.muniarequipa.gob.pe |
Centro histórico da cidade de Arequipa | |
---|---|
![]() Templo da Compañía de Xesús | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 16°23′56″S 71°32′13″O / -16.39889, -71.53694 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 2000 (24ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 1016 |
Historia e característicasEditar
A área metropolitana de Arequipa constitúese como a segunda máis extensa ocupando unha extensión territorial próxima aos 3.000 km² e así mesmo como a segunda máis visitada do Perú.
Na actualidade, constitúe un eixo comercial importante na zona sur do país, conta tamén con dous parques industriais, constituíndose como a «cidade máis industrializada despois do eixo Lima-Callao», mantén estreitos vinculos comerciais con Bolivia e o Brasil, atópase comunicada por ferrocarril co porto de Matarani, o porto con maior movemento despois do Porto do Callao [2], así mesmo destaca a produción téxtil de la de camélidos con calidade de exportación[3].
Arequipa posúe tamén unha variada gastronomía, polo que foi declarada como «Capital Gastronómica do Perú».[4]
Coñéceselle desde a época colonial como «A Cidade Branca» polos seus numerosos templos e casaróns construídos con sillar (pedra de lava volcánica).[5] En 1868, a cidade foi practicamente destruída por un terremoto, polo que foi reconstruída case na súa totalidade. No seu centro histórico conserva casas virreinales e templos en estilo barroco e neogótico. No ano 2000, a UNESCO declarou ao Centro Histórico de Arequipa como Patrimonio Cultural da Humanidade.
Arequipa é coñecida tamén como terra de líderes por ser o lugar de nacemento de homes destacados no campo da política e así mesmo por ser unha das poucas cidades berce de varios presidentes da República do Perú e da República Arxentina. Tamén viu nacer a ilustres homes no campo das ciencias como Pedro Paulet (Pai da Aeronautica Moderna) e de recoñecidos escritores de fama internacional como Mario Vargas Llosa.
NotasEditar
- ↑ (INEI (Instituto Nacional de Estadística e Informática) 2017, p. 27)
- ↑ Porto de Matarani, Arequipa Arquivado 05 de xuño de 2009 en Wayback Machine., Microsoft Encarta.
- ↑ Export Investment Guide of Arequipa Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Ministerio de Comercio Exterior e Turismo do Perú
- ↑ Diario Oficial "O Peruano", Normas Legais[Ligazón morta]
- ↑ Manual de Destinos, Arequipa, en peru.info