Perú

país de América do Sur

O Perú (en quechua e en aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico.[1][2]

Modelo:Xeografía políticaPerú
República del Perú (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno Nacional del Perú (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Firme y feliz por la unión»
«Firm and Happy for the Union»
«Твърди и радостни за съюза»
«연합을 위한 확고한 행복하다»
«Gwlad yr Inca» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°24′S 76°00′O / -9.4, -76
CapitalLima Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Amazonas
Ancash
Cajamarca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 25+
Poboación
Poboación33.726.000 (2023) Editar o valor en Wikidata (26,24 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
Lingua aimará
linguas quechuas Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.285.216 km² Editar o valor en Wikidata
Auga8,8 % Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHuascarán (6.768 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoDepresión de Sechura (en) Traducir (−34 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de xullo de 1821 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Día festivo
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Peru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidenta Editar o valor en WikidataDina Boluarte (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongreso da República do Perú , (Escano: 130) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of Peru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal223.717.791.483 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaNuevo sol Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.pe Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+51 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911, 105, 116 (pt) Traducir, 111, 117 e 106 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísPE Editar o valor en Wikidata

Sitio webgob.pe Editar o valor en Wikidata
Twitter: peru BNE: XX4575398 Editar o valor en Wikidata

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio  a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumáronse as ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas, como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima. Actualmente a súa presidenta é Dina Boluarte.

Historia

editar
Artigo principal: Historia do Perú.

Antes da chegada dos españois, o Perú foi o territorio de varias culturas pre-Inca e, máis tarde, do Imperio Inca. Francisco Pizarro desembarcou na costa peruana en 1532 e na fin da década de 1530 o Perú xa era un vicerreinado e unha gran fonte de ouro e prata para España.

O Perú declarou a súa independencia de España o 28 de xullo de 1821. Nas décadas seguintes, o Perú foi sacudido pola inestabilidade política, innúmeros golpes de estado e dúas guerras perdidas contra Chile e, en 1866 unha guerra contra España. En 1872, asume o primeiro presidente civil do Perú: Manuel Pardo, que catro anos despois sería sucedido polo heroe da guerra contra España, o xeneral Mariano Ignacio Prado.

En 1879 ten inicio a guerra do Pacífico, na cal o Perú, aliado á Bolivia, viuse derrotado fronte a Chile. O Perú perdeu a provincia de Tarapacá, rica en salitre, e as cidades de Arica e Tacna. Esta última só sería devolvida ao Perú en 1929.

Política

editar
Artigo principal: Política do Perú.

Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións do Perú.

O Perú divídese en 25 rexións e departamentos e estes divídense en 194 provincias, máis a Provincia constitucional El Callao.

 

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía do Perú.

O Perú encóntrase na zona occidental de Suramérica comprendida entre a liña ecuatorial e o Trópico de Capricornio. Cobre unha área de 1.285.220 km², o que o converte no vixésimo país maior en tamaño da Terra e o terceiro de América do Sur. Limita ao norte con Ecuador e Colombia, ao leste co Brasil, ao sueste con Bolivia, ao sur con Chile e ao oeste co océano Pacífico.

O territorio do Perú atópase determinado polas placas suramericana e de Nazca, as cales comparten un límite converxente de subducción, é dicir, a placa de Nazca subducciona sobre a suramericana paralela á costa occidental suramericana, a unha velocidade media de 11 cm/ano. Produto desta subducción formou no Xurásico a fosa do Perú-Chile así como a elevación hoxe coñecida como cordilleira dos Andes. A erosión da mesma formou ao leste unha vasta chaira onde antes da aparición dos Andes existía unha porción de mar; esta rexión sedimentaria é a chaira amazónica. Ese mesmo proceso erosivo á causa da escarpada orografía dos Andes.

Debido á subducción tectónica, o Perú é un país altamente sísmico e presenta rexións con importante vulcanismo, principalmente no sur. O territorio peruano está dentro do chamado cinto de lume do Pacífico.

Economía

editar
Artigo principal: Economía do Perú.
 
Moeda corrente de prata dun sol de 1889. Leva escrito o lema: Firme y feliz por la unión.

O Perú é un país en desenvolvemento, o seu IDH foi de 0,773 en 2005.[3] 39,3% da súa poboación e pobre, mentres que o 13,7% padece pobreza extrema.[4]

Segundo o Fondo Monetario Internacional, o Perú sitúase no ano 2008 coa segunda inflación máis baixa do mundo despois de Francia e polo tanto unha das economías máis sólidas da rexión.[5]

No mes de abril de 2008, o incremento do Produto Interior Bruto deste país foi do 13,25 por cento, a cifra máis alta dende o ano 1995.

Demografía

editar

O Perú é un dos tres países das Américas en que os pobos indíxenas constitúen a maioría da poboación - os outros dous son Bolivia e Guatemala. Case a metade de todos os peruanos, 45% da poboación, son amerindios. Os dous maiores grupos étnicos indíxenas son os quechua e, en números pouco menores, os aimará. Alén destes dous grandes grupos existen varias ducias de pequenas tribos amerindias espalladas polo país, para aló dos Andes e na cunca amazónica. Os mestizos, termo que designa persoas de sangue mixto amerindio e europeo (maioritariamente español), constitúen preto de 37% da poboación. Os peruanos de orixe europea son preto do 15% da poboación. Existen tamén números máis pequenos de persoas de orixe africana e, recentemente, tamén xaponesa e chinesa. Na última década, os peruanos de herdanza asiática alcanzaron grandes conquistas nos campos empresarial e político: un expresidente, varios antigos membros do goberno e varios membros do congreso peruano son de orixe xaponesa ou chinesa.

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura do Perú.
 
Urarina shaman, 1988

A cultura peruana ten as súas raíces principais nas tradicións amerindias e españolas,[6] aínda que tamén foi influída por diversos grupos étnicos de África, Asia e Europa. A tradición artística peruana remóntase á elaborada cerámica, téxtiles, ourivaría e escultura das culturas preincas. Os incas mantiveron eses oficios e fixeron logros arquitectónicos incluíndo a construción de Machu Picchu. O barroco predominou na arte do vicerreinado, aínda que modificado polas tradicións autóctonas.[7] Durante este período, a arte concentrábase maiormente en temas relixiosos; as numerosas igrexas da época e as pinturas da escola cuzqueña son mostra dilo.[8] As artes estancáronse despois da independencia até a aparición do indixenismo na primeira metade do século XX.[9] Desde a década de 1950 a arte peruana foi ecléctica e influído tanto por correntes internacionais como locais.[10]

Literatura

editar

A literatura peruana ten o seu primeiro vestixio na obra dramática anónima Ollantay, cuxas orixes se perden nos tempos do incanato, así como no taki, termo quechua que engloba literatura, danza e música. Nos tempos do vicerreinado, a literatura foi, basicamente, imitación da literatura española. Destaca en primeiro lugar, o Inca Garcilaso de la Vega cos seus Comentarios Reales de los Incas. Máis tarde, destacaron Juan de Espinosa Medrano na literatura quechua e Caviedes, o mesmo Espinosa e Peralta na castelá.

A partir da época republicana son varios os expoñentes da narrativa peruana como Felipe Pardo y Aliaga, Manuel Ascencio Segura, mais o maior literato do século XIX foi Ricardo Palma coas súas Tradiciones Peruanas. Resalta, no século XX a figura do poeta César Vallejo xunto a moitos outros vangardistas como Martín Adán. Na narrativa, Ciro Alegría e José María Arguedas polo indixenismo; e Julio Ramón Ribeyro, Alfredo Bryce Echenique e Mario Vargas Llosa, pola narrativa urbana.

A literatura peruana, así como todas as manifestacións culturais e artísticas, pasaron por varias etapas, nas cales foi influenciada por movementos ou correntes nacionais e internacionais. Os acontecementos transcendentais da historia, serviron de inspiración aos artistas que plasmaron na súa obra o sentir da época. Distínguense varios movementos, de acordo con cada época, as súas ideas e filosofía.

Música

editar
 
Danzantes executando un baile de marinera norteña cos traxes típicos.

A música do Perú é produto da fusión a través de moitos séculos. Existen moitos xéneros de música peruana: andina, crioula e amazónica. Estas pódense clasificar en música e danzas da costa peruana, serra peruana e Amazonía Peruana. A música crioula tradicional da costa é moi variada debido a que xustamente esta é a rexión onde maior mestizaxe houbo e actualmente hai, coñecida como música crioula dentro da cal tamén encontramos as danzas afroperuanas.

Da costa centro, basicamente Lima; temos a música das ruelas da Lima de antano, como o coñecido valse peruano ou valse crioulo (cultivado noutros países sobre todo na Arxentina, dentro dos afeccionados ao tango. Lima tamén ofrece a zamacueca ou marinera limeña; dentro do cal existen variantes e extensións como o canto de Jarana e a resbalosa. A costa sur-centro Cañete, Chincha, Ica e Nazca; ofrece un culto á música afroperuana. Dos xéneros máis destacados están o festejo e o landó. Tamén están o touro mata e o panalivio.

No norte atópase a música crioula do norte. Das rexións de La Libertad e Lambayeque é típica a Marinera Norteña; que é tocada en banda, tambores e trompetas. Máis ao norte de Piura, Lambayeque e Tumbes provén a cumanana (de influencia mulata e afroperuana), o axitanado emotivo piurano tondero e o triste.

As rexións de serra sur como Huancavelica, Ayacucho, Apurímac, Cuzco e Puno caracterízanse polo huayno (e tamén a zona norte do altiplano boliviano). Da rexión do Cuzco vén a muliza, o Cóndor Pasa e de Arequipa vén o mestizo Yaraví Arequipeño, dentro dos cales destacan o coñecido Melgar e La Partida. A serra centro como Cerro de Pasco, Ancash e Junin é famoso polo seu alegre huaylas. Versións típicas deste xénero son o Pío Pío e o Huaylas Macho. Dentro das festas tradicionais andinas, a máis coñecida é o Inti Raymi que, en Sacsayhuamán, nas aforas do Cuzco, rememora cerimonias e rituais da época do Imperio Inca rendendo homenaxe ao Inti (deus Sol dos incas). O Inti Raymi celébrase o 24 de xuño de cada ano.

Gastronomía

editar
 
Cebiche, prato representativo da cociña tradicional peruana.

A cociña peruana é considerada unha das máis variadas e orixinais do mundo, ten o Guiness á maior variedade e diversidade de pratos típicos no mundo (491) 1. Grazas á herdanza precolombiana (preincaica e incaica), gastronomía amazónica, española e africana así como francesa, sino-cantonesa, xaponesa e italiana posteriormente, reúne unha gran diversidade de mesturas, xunto coa crioula, nunha gastronomía de "catro continentes nun só país", ofrecendo unha importante variedade de pratos típicos de arte culinaria peruana en constante evolución. Basta mencionar que só na costa peruana, hai máis de dous mil tipos de sopas diferentes e que no país hai máis de 250 sobremesas tradicionais. Entre os estilos culinarios do Perú, cabe mencionar a cociña crioula (do norte e limeña), a gastronomía mariña, a cociña andina, o chifa e a cociña amazónica. Quizais os pratos máis representativos do Perú sexan o cebiche na costa, a "pachamanca" na serra e o "juane" na selva.

No ámbito das bebidas, o pisco sour é o trago preparado en base ao pisco, un "licor bandeira do Perú". A "chicha de jora", bebida cerimonial de orixe precolombiana, está feita de maínzo. É un licor tradicional da serra e é, ademais, a bebida tradicional da Festa de San Xoán, celebrada en toda a selva peruana. Así mesmo, na selva prepárase o masato, licor de orixe indíxena, feito de iuca fermentada. Tradicionalmente preparábase mastigando a iuca que se fermentaba pola acción da saliva, na actualidade utilízanse outros fermentos. A selva posúe gran variedade de refrescos feitos de froitas amazónicas, entre estes temos a aguajina, bebida feita do aguaje, moriche ou burití (Mauritia flexuosa) e o refresco de camu-camu (Myrciaria dubia), froita amazónica que concentra a maior cantidade de vitamina C. A Inca Kola, de orixe nacional, é o refresco máis vendida neste país, incluso por encima das multinacionais Coca Cola ou Pepsi.

Segundo o xornal francés Le Monde a gastronomía do país ocupa un lugar moi destacado a nivel mundial, chegando a ser considerada como unha das tres grandes cociñas do mundo, ao lado da chinesa e da francesa, aínda que nos concursos internacionais de gastronomía tamén compite coa gastronomía da India; ou outras máis..

Nos últimos anos a cociña peruana empezou a expandirse fóra das súas fronteiras. No "Cuarto Cumio Internacional de Gastronomía Madrid Fusión 2006", realizado do 17 ao 19 de xaneiro do 2006, a cidade de Lima foi declarada capital gastronómica de América Latina e é un produto bandeira do Perú.

Deportes

editar

A práctica do deporte no Perú remóntase á época preincaica, presentándose tamén posteriormente coa civilización inca. Coa chegada dos españois a este territorio, a práctica do deporte cambiou radicalmente. Posteriormente, esta foi influenciada pola ideoloxía estadounidense da educación física ligada á comercialización. O fútbol, o deporte máis popular no mundo, tamén é o de maior práctica no Perú. O Torneo Descentralizado é o torneo de clubs máis importante da nación, cuxo maior expoñente é Teodoro Fernández. A selección de fútbol do Perú tivo algunhas actuacións importantes na escena mundial. Participou na fase final da Copa Mundial de Fútbol en catro ocasións, a máis recente en 1982, mentres que foron campións da Copa América en dúas ocasións (1939 e 1975).

O voleibol feminino peruano sobresaíu con xogadoras como Cecilia Tait, Gabriela Pérez del Solar e Cenaida Uribe. Un dos maiores logros neste deporte para o Perú foi a obtención dunha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988.

Entre outros deportes destacan o tenis, cuxo maior expoñente no ano 2008 é Luis Horna; o tiro, que xerou máis medallas para a delegación peruana en Xogos Olímpicos (Edwin Vásquez conseguiu medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 1948 en pistola libre); o surf, no cal Felipe Pomar en 1965 e Sofía Mulánovich en 2004 e 2005 obtiveron o título mundial nas súas respectivas categorías. Así mesmo o xadrez, co GMI Julio Granda e o GMI Emilio Córdova; o primeiro deles ganou o Campionato Mundial Infantil en México á idade de 13 anos e o segundo obtivo a norma de Gran Mestre Internacional aos 16 anos, converténdose no GMI máis novo do Perú e de Suramérica en alcanzar esa norma. O paleta frontón, deporte parecido á pelota vasca, foi creado no Perú arredor de 1945.[11]

  1. Ago 21, recursosfya |; 2020 |. "El Perú en América del Sur | Recursos Pedagógicos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2022. Consultado o 2022-06-01. 
  2. "Perú - Ubicación, geografía y clima". Embajada del Perú en Suiza y en Liechtenstein (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2022. Consultado o 2022-06-01. 
  3. United Nations Development Programme, Human Development Report 2007/2008, p. 230. Consultado o 28-11-2007.
  4. Instituto Nacional de Estadística e Informática, Informe técnico: A pobreza no Perú no ano 2007 Arquivado 17 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán), p. 3. Consultado o 26-5-2008.
  5. América Economía: Perú, A segunda inflación máis baixa do mundo Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.(en castelán)
  6. Víctor Andrés Belaunde, Peruanidad, p. 472.
  7. Gauvin Alexander Bailey, Art of colonial Latin America, pp. 72–74.
  8. Gauvin Alexander Bailey, Art of colonial Latin America, p. 263.
  9. Edward Lucie-Smith, Latin American art of the 20th century, pp. 76–77, 145–146.
  10. Damián Bayón, "Art, c. 1920–c. 1980", pp. 425–428.
  11. Federación Deportiva Peruana de Paleta Frontón, Paleta frontón: deporte de bandeira feito en Perú Arquivado 08 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar