América

continente
(Redirección desde «Américas»)

América (Gl-América.ogg pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.[1]

Xeografía física editar

Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Suramérica, e o río Mississippi en América do Norte.

Etnografía editar

A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.

Idiomas editar

 

Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.

Outros idiomas importantes son (enumerado por número de falantes):

En menor medida, tamén se falan:

Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e no Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.

O total de idiomas de América supera a centena.

Historia editar

Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.

A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.

Xeografía política editar

Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias:

 
Mapa de América

América do Norte editar

América Central editar

América do Sur editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  1. "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-08-19.