Bahamas
Coordenadas: 24°15′N 76°00′O / 24.250, -76.000
As Bahamas, tamén coñecidas oficialmente como Mancomunidade das Bahamas[5] é un estado independente situado nas Antillas. Un arquipélago de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2 000 penedas e escollos. Sitúanse no océano Atlántico, ao leste da Florida (Estados Unidos), ao norte de Cuba e das outras illas do mar Caribe e ao oeste das Turks e Caicos (Reino Unido). A lingua oficial é o inglés, mais tamén está moi estendido o crioulo das Bahamas.[6]
Mancomunidade das Bahamas | |||
---|---|---|---|
Commonwealth of the Bahamas | |||
| |||
Lema: Forward Upward Onward Together (Galego: Marchando cara arriba adiante xuntos) | |||
Himno: [["March On, Bahamaland" | |||
Capital • Poboación | Nassau 274.400 | ||
Cidade máis poboada | Nassau | ||
Lingua oficial | Inglés | ||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria unitaria[1][2] | ||
Isabel II Cornelius A. Smith Philip Davis | |||
Independencia do Reino Unido | 10 de xullo de 1973[3] | ||
Superficie | Posto 155º | ||
• Total | 13 940 km² | ||
• % auga | 28 | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 3 542 km | ||
Poboación | Posto 177º | ||
• Total (2016 est.) | 391.232 hab. | ||
• Densidade | 25,21 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 146º | ||
• Total (2005) | 6 085 millóns US$ | ||
• per cápita | $17 700 US$ (2004) | ||
Moeda | Dólar bahamés (BSD) | ||
IDH (2005) | 0,812 (48º) – Alto | ||
Xentilicio | Bahamés, -sa[4] | ||
Fuso horario | EST (UTC-5) | ||
• Horario de verán | EDT (UTC-4) | ||
Dominio de Internet | .bs | ||
Prefixo telefónico | +1809 | ||
Prefixo radiofónico | C6A-C6Z | ||
Código ISO | 044 / BHS / BS | ||
Membro de: CARICOM, Commonwealth, OEA, ONU | |||
EtimoloxíaEditar
O nome Bahamas é posible que derive do taíno ba ha ma ("gran terra media alta"), que un termo para a rexión usado polos indíxenas americanos,[7] ou probablemente provén do castelán bajamar, xa que gran parte das illas deste arquipélago só é avistable durante a marea baixa ou "baixamar". Existe outra teoría, segundo a cal pode proceder de Guanahani, un nome local de significado incerto.[8]
HistoriaEditar
A primeira terra na que desembarcou Cristovo Colón no Novo Mundo en 1492 crese que foi na illa de San Salvador, chamada orixinalmente polos arauacos Guanahani, e posteriormente Watling polos británicos, localizada ao sur do arquipélago das Bahamas. Alí, Colón atopou aos amigables arauacos (tamén coñecidos como «lucayos») e intercambiou agasallos con eles. A posterior desaparición dos arauacos e doutros pobos debeuse en gran medida a esta e a posteriores expedicións europeas á rexión.
Desde final do século XV ata o século XVII, España controlou as Bahamas, aínda que as illas, pola súa situación estratéxica na "Ruta do Galeón" (e por formar o arquipélago un auténtico labirinto insular) , paulatinamente foron transformándose en agochos e niños de piratas, bucaneiros, filibusteiros especialmente ingleses. Así no século XVIII, os lealistas británicos que deixaran Nova Inglaterra por mor dos sentimentos anti-británicos trasladáronse ás illas. Debido ao gran número de colonos británicos nas illas, a soberanía do arquipélago traspasouse de España a Reino Unido, e as Bahamas foron declaradas colonia británica en 1783.
En plena Segunda Guerra Mundial, o Duque de Windsor (anteriormente o rei do Reino Unido, Eduardo VIII) é nomeado Gobernador Xeral das Bahamas e viaxou a esas illas en compañía da súa esposa, a duquesa de Windsor, Wallis Simpson en 1940 para exercer ese cargo de Gobernador Xeral ata 1945.
En 1973, os habitantes das Bahamas votaron a favor da independencia e declaráronse independentes do Reino Unido, aínda que permaneceron dentro da Mancomunidade Británica de Nacións (Commonwealth). Desde a súa independencia, as Bahamas prosperaron notablemente grazas ao turismo, á banca internacional e a xestión de investimentos.
PolíticaEditar
A monarca británica, Isabel II do Reino Unido, é tamén a xefa de estado das Bahamas, pois o país é membro da Commonwealth de Nacións. Está representada nas Bahamas, por un gobernador xeral, designado por ela mesma. O xefe do goberno é o primeiro ministro, polo xeral o líder do partido que gaña as eleccións no parlamento. O parlamento de Bahamas comprende dúas cámaras, o Senado (con 16 membros) e a Asemblea (con 40 membros). As eleccións celébranse cada cinco anos.
Organización territorialEditar
As Bahamas son un grupo de preto de 700 atois e caios que se atopan no océano Atlántico occidental fronte ás costas da Florida. A illa máis grande é a illa Andros, situada a uns 240 km ao sueste da Florida. As illas Bimini están ao noroeste. Ao norte sitúase a illa de Gran Bahama, onde se atopa a segunda cidade máis grande do país, Freeport. A illa de Grande Ábaco está á beira, ao leste. A segunda illa máis grande, Gran Inagua, está na parte máis meridional. Nassau é a capital e a cidade máis grande, localizada en Nova Providencia.
As principais illas son:
Nome | Superficie km² | Habitantes |
---|---|---|
Ábaco | 1 681 | 13 170 |
Acklins | 497 | 428 |
Andros | 5 957 | 7 686 |
Illas Berry | 31 | 709 |
Bimini | 23 | 1 717 |
Cat Island | 388 | 1 647 |
Crooked Island e Long Cay | 241 | 350 |
Eleuthera | 484 | 7 999 |
Exuma | 290 | 3 571 |
Gran Bahama | 1 373 | 46 994 |
Illa Harbour | 8 | 1 639 |
Inagua | 1 551 | 969 |
Long Island | 596 | 2 992 |
Mayaguana | 285 | 259 |
Nova Providencia | 207 | 210 832 |
Illa Ragged | 36 | 72 |
Rum Cay | 78 | 80 |
San Salvador | 163 | 970 |
Spanish Wells | 26 | 1 527 |
A maioría do país é plano aínda que as illas teñen unha costa moi irregular. O punto máis alto do país é o monte Alvernia, de 63 metros, situado na illa de Alvernia.
Os distritos das Bahamas proporcionan un sistema de goberno local en todos os lugares das Bahamas, agás Nova Providencia, cuxos asuntos son manexados directamente polo goberno central. Os distritos distintos de Nova Providencia son os seguintes:
ClimaEditar
O clima das Bahamas é entre tropical e subtropical, estando moderado polo influxo das augas da corrente do Golfo, sobre todo no inverno. Estas illas, como todo o Caribe, sofren o azoute dos furacáns, cuxa tempada dura desde final do verán ata últimos do outono. O furacán «Andrew» golpeou as illas setentrionais en 1992, o «Floyd» case todas en 1999, e o «Frances», en 2004, é considerado como un dos peores.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía das Bahamas.
Bahamas é unha das nacións máis estables e economicamente desenvolvidas do Caribe. A súa economía baséase sobre todo no turismo e no sector financeiro, que se benefician da súa condición de paraíso fiscal. O turismo representa algo máis da metade da súa economía. A industria e a agricultura, doutra banda, só representan un dez por cento.
A renda per cápita estímase para o ano 2006 en US$ 21 300. A unidade monetaria do país é o dólar das Bahamas.
DemografíaEditar
A maioría dos bahameses son negros (85%), sendo os brancos a principal minoría (10%). O idioma oficial é o inglés, falado por case todo a poboación, aínda que popularmente fálase o «patois». Un número pequeno de inmigrantes haitianos falan crioulo (creole). O castelán, é falado na súa maioría por inmigrantes cubanos e estadounidenses de orixe hispana.
Bahamas é un país moi relixioso. O cristianismo é a principal relixión, predominando as confesións protestantes como os baptistas, seguidos dos anglicanos. Os católicos son o 19% da poboación. Cultos sincréticos como o obeah, parecido ao vodú, son practicados por algunhas persoas.
CulturaEditar
Datas | Nome en galego | Nome local (inglés) |
---|---|---|
1 de xaneiro | Novo Ano | New Year's Day |
Primeiro venres en xuño | Día do Traballo | Labour Day |
10 de xullo | Día da Independencia | Independence Day |
Primeiro luns en agosto | Día da Emancipación ou Kadooment | Emancipation or Kadooment Day |
12 de outubro | Día do Descubrimento de América | Discovery Day |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day |
26 de decembro | Día de San Esteban | Boxing Day |
DeporteEditar
En xullo realízase o torneo de pesca máis importante das illas, onde os habitantes máis destros neste deporte asombran aos turistas coa súa rapidez e precisión. Tamén en setembro se realizan torneos de música e baile, onde se pon a proba os magníficos golpes da música afro e os seus míticos bailes.
Bahamas fai parte da Federación Internacional do Fútbol Asociado (FIFA), participando o seu equipo en torneos internacionais a nivel mundial, aínda que non con moita sorte.
Coa beleza da paisaxe, e os seus marabillosos corais, o mergullo e o snorkell son os deportes máis practicados. Pero ademais realízanse toda clase de deportes náuticos. Para sentirse máis protexido e seguro, os nativos, préstanse como guías tanto nas profundidades como nas Illas.
NotasEditar
- ↑ Pan American Health Organization (ed.). "•GENERAL SITUATION AND TRENDS". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2019.
- ↑ Evangelical Association of the Caribbean (ed.). "Mission to Long Island in the Bahamas". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2019.
- ↑ "1973: Bahamas' sun sets on British Empire". BBC News. 9 de xullo de 1973. Consultado o 1 de maio de 2009.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bahamés.
- ↑ Official government website. "The Constitution". Consultado o 29 de maio de 2017.
- ↑ Ethnologue (ed.). "Bahamas".
- ↑ Peter Barratt (2004). Bahama Saga: The epic story of The Bahama Islands. p. 47.
- ↑ Harper, Douglas. "bahamas". Online Etymology Dictionary.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bahamas |
BibliografíaEditar
- Horne, Gerald (2012). Negro Comrades of the Crown: African Americans and the British Empire Fight the U.S. Before Emancipation. NYU Press. ISBN 978-0-8147-4463-5.
- Higham, Charles (1988). The Dutchess of Windsor: The Secret Life. McGraw Hill. ISBN 978-0471485230.
Ligazón externasEditar
- Goberno das Bahamas - páxina oficial en inglés