Nassau, Bahamas

capital das illas Bahamas

Nassau é a capital das illas Bahamas. É o centro comercial e cultural das illas e, cunha poboación de 210.832 habitantes, é tamén a cidade máis grande.

Modelo:Xeografía políticaNassau, Bahamas
Nassau (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoDinastia Nassau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°04′41″N 77°20′19″O / 25.0781, -77.3386
Reinos da CommonwealthBahamas
Distrito das Bahamas (pt) TraducirNew Providence District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación274.400 (2016) Editar o valor en Wikidata (1.325,6 hab./km²)
Xeografía
Superficie207 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude34 m Editar o valor en Wikidata
Creación1695 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico242 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webnassauparadiseisland.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6297168

Situada na illa de Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto moi transitado. O clima tropical e a fermosura natural das Bahamas tornaron Nassau nun moi popular destino turístico, cunha reputada calma durante as horas de sol e unha excitante vida nocturna.

Historia

editar
 
Vista aérea de Nassau, co forte Charlotte en primeiro termo.

Nassau foi fundada polos británicos a mediados do século XVII co nome de Charles Towne, mais logo mudóuselle o nome polo de Nassau en honra do rei inglés Guillerme III de Orange-Nassau en 1695. Durante o século XVIII, foi un famoso acocho de piratas; un dos mais célebres que aquí se agochaba foi Barbanegra. Nassau foi obxectivo de numerosos intentos de invasión por parte dos españois a fins do século XVIII. No 1776 foi tomada e retida brevemente polos revolucionarios norteamericanos.

Xeografía

editar
 
Peirao Prince George no porto de Nassau

Situada na Illa da Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto, unha mestura do vello mundo e arquitectura colonial e un porto moi ocupado. O clima e o medio natural das Bahamas converteron a Nassau nun destino turístico.

Nassau desenvolveuse directamente detrás da zona portuaria. Nova Providencia ten 200 km² de terra relativamente plana e de monte raso entrecruzadas por cristas baixas (ningunha das cualas impidíu o seu desenvolvemento). No centro da illa hai varios lagos pouco profundos conectados por mareas.

A proximidade da cidade aos Estados Unidos (290 km ao leste-sueste de Miami) contribuíu á súa popularidade como resort de vacacións, especialmente despois de que os Estados Unidos prohibise as viaxes a Cuba en 1963. O resort de Atlantis nas proximidades Illa Paradise supón máis chegadas turísticas á cidade que calquera outra propiedade hotelera de Nassau. O mega-resort emprega máis de 6.000 bahameses e é o maior empleador fóra do goberno.

Nassau ten un clima tropical de sabana ( Köppen: Aw ), que fai fronteira cun clima monzónico ( Köppen: Am), con veráns quentes e húmidos e un inverno cálido e máis seco. As temperaturas son relativamente consistentes ao longo do ano. Durante a estación húmida de xuño a setembro, as temperaturas medias durante o día son 30º - 32 °C, mentres que durante a estación máis seca de novembro a marzo as temperaturas diúrnas están entre 25º e 27 °C, rara vez caendo por debaixo de 15 °C .

Datos climáticos para Nassau (Lynden Pindling International Airport), elevación: 7 m., extremos 1980-2012
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 32,1 33,0 33,0 34,0 38,0 38,0 36,0 39,9 36,0 35,0 33,0 32,0 39,9
Media máxima en °C 25,6 26,1 26,9 28,1 29,9 31,4 32,4 32,4 31,9 30,2 27,9 26,4 29,1
Media diaria en °C 21,6 21,9 22,7 23,9 25,8 27,7 28,5 28,5 27,9 26,6 24,5 22,6 25,2
Media mínima en °C 17,4 17,9 18,6 19,8 21,6 23,6 24,4 24,4 24,1 23,0 20,9 18,9 21,2
Temperatura mínima en °C 6,0 7,0 7,0 9,0 9,0 15,0 17,0 18,0 18,0 15,0 11,0 7,6 6
Precipitación media mm 49 50 65 63 115 223 150 217 182 137 79 52 1 382
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 8 6 7 6 10 15 17 18 17 14 9 8 135
Media de horas de sol mensuais 226 224 251 282 282 240 267 260 222 236 219 211 2 920
Fonte #1: Ogimet[1]
Fonte #2: Climatebase.ru (extremes)[2]
Temperatura media do mar
Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec
73 °F

23 °C

73 °F

23 °C

75 °F

24 °C

79 °F

26 °C

81 °F

27 °C

82 °F

28 °C

82 °F

28 °C

82 °F

28 °C

82 °F

28 °C

81 °F

27 °C

79 °F

26 °C

75 °F

24 °C

 
Vista por satélite de Nassau e Paradise Island

Comunicacións

editar

O aeroporto internacional de Nassau, o máis importante das Bahamas, ten conexións diarias coas cidades principais dos Estados Unidos, do Canadá, do Reino Unido e do Caribe.

  1. "CLIMAT summary for 78073: Nassau Airport (The Bahamas) – Section 2: Monthly Normals". CLIMAT monthly weather summaries. Ogimet. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. "Nassau, Bahamas #78073". climatebase.ru. Consultado o 2019-07-29. 
  3. "Nassau (78073) - WMO Weather Station". NOAA. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019.