Barbanegra
Edward Teach ou Edward Thatch, máis coñecido como Barbanegra (inglés: Blackbeard), nado circa 1680 e finado o 22 de novembro de 1718 en Ocracoke, Carolina do Norte, foi un pirata inglés que navegaba nas Indias Occidentais e na costa leste das trece Colonias. Aínda que non se sabe moito da súa infancia, probablemente naceu en Bristol, Inglaterra. Puido ter sido un mariñeiro en navíos corsarios durante a guerra da raíña Ana antes de estabelecerse na illa de Nova Providencia, nas Bahamas, lugar onde reuniu unha tripulación por volta de 1716. O capitán Benjamin Hornigold colocouno ao mando dunha corveta capturada, participando xuntos en numerosos actos de pirataría. As súas actuacións foron impulsadas coa incorporación á frota de dous barcos máis, un dos cales era comandado por Stede Bonnet, mais a finais de 1717 Horningold retirouse da pirataría levando dous dos navíos con el.
Nome orixinal | (en) Edward Teach (en) Edward Thatch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1680 Bristol, Reino Unido |
Morte | 22 de novembro de 1718 (37/38 anos) Ocracoke (Reino de Gran Bretaña) |
Causa da morte | decapitación |
Actividade | |
Ocupación | pirata |
Período de actividade | 1716 - 1718 |
Carreira militar | |
Rango militar | capitán de navío Localización: Océano Atlántico, Caribe, Nave espacial: Vinganza da Raíña Ana |
Conflito | Guerra de Sucesión Española |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ormond |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Teach, Edward (DNB00) (en) Obálky knih, |
Teach capturou un buque mercante francés e deulle o nome de Queen Anne's Revenge (do inglés: Vinganza da raíña Ana), e equipouno con corenta canóns. O seu alcume derivaba da súa espesa barba negra e a súa aparencia, hai mesmo referencias a que acendía mechas no cabelo, debaixo do seu chapeu, para asustar os seus inimigos. Formou unha alianza de piratas e bloqueou o porto de Charleston. Após unha extorsión dos seus habitantes, encallou o Queen Anne's Revenge nun banco de area preto de Beaufort. Partiu en compañía de Bonnet, estabelecéndose na cidade de Bath, onde recibiu o perdón da coroa Británica. Con todo, logo volveu ao mar e atraeu a atención do gobernador de Virxinia, Alexander Spotswood. Spotswood organizou un grupo de soldados e mariñeiros para tentar capturar o pirata, o que conseguiron o 22 de novembro de 1718. Durante a batalla Teach e varios membros da súa tripulación faleceron a mans dunha pequena forza de mariñeiros liderados polo tenente Robert Maynard.
Considerado un líder astuto e calculador, Teach rexeitaba o uso da forza, confiando na súa aterradora imaxe para provocar a resposta que desexaba. Contrariamente ao clixé moderno do tradicional pirata tiránico, Barbanegra comandaba os seus barcos co beneplácito da súa tripulación, e non hai ningún rexistro coñecido de que tivese prexudicado ou asasinado nunca os seus prisioneiros. Foi idealizado trala súa morte e converteuse en fonte de inspiración para varias obras de ficción de temática pirata en diversos xéneros.
Xuventude
editarNon se conservan rexistros sobre os primeiros anos de vida de Barbanegra. Crese que faleceu cunha idade de entre 35 e 40 anos e que polo tanto tería nacido ao redor do ano 1680.[1][2] En rexistros contemporáneos o seu nome adoita aparecer escrito como Blackbeard, Edward Thatch ou Edward Teach, sendo este último o máis utilizado polos historiadores. Existen tamén rexistros doutras variacións do seu apelido: Thatch, Thach, Thache, Thack, Tack, Thatche e Theach. Os piratas habitualmente empregaban apelidos ficticios para evitar que o verdadeiro nome da súa familia se vise involucrado na pirataría, a fin de non manchalo, o que limita as posibilidades de certificar o seu apelido real.[3][4]
No século XVII, o ascenso das colonias da Gran Bretaña en América, xunto coa rápida expansión do comercio de escravos no Atlántico do século XVIII, converteron a Bristol nun importante porto internacional, polo que Teach probabelmente viviu no que naquel momento era a segunda maior cidade de Inglaterra. Sábese que sabía ler e escribir grazas a rexistros de comunicacións escritas con comerciantes, e cando morreu verificouse que tiña en posesión unha carta dirixida a el do Xefe de Xustiza e Secretario da Provincia de Carolina, Tobias Knight. O autor Robert Lee especulou que por mor disto Teach podería ter nacido nunha familia respectábel e rica,[5] chegando ao Caribe probablemente a finais do século XVII nun navío mercante (posibelmente nun navío negreiro).[6] O autor do século XVIII Charles Johnson afirmou que Teach foi durante algún tempo un mariñeiro operando en Xamaica en navíos corsarios durante a Guerra da raíña Ana, e que "se distinguira pola súa ousadía e coraxe pouco comúns".[7] As datas exactas nas que Teach participou nesta guerra ou pasou a converterse nun pirata son descoñecidas.[8] Porén, un estudo xenealóxico concluíu que a súa familia trasladouse de Inglaterra a Xamaica, e alí atopáronse rexistros de Edward Thatch, Jr. como un mariñeiro da Royal Navy a bordo do HMS Windsor no ano 1706.[9]
Nova Providencia
editarCoa súa historia de colonialismo, comercio e pirataría, as Indias Occidentais foron escenario de moitos incidentes marítimos durante os séculos XVII e XVIII. A comezos do século XVIII o corsario Henry Jennings e os seus seguidores decidiron utilizar a illa inhabitada de Nova Providencia como base das súas operacións. Esta illa estaba a pouca distancia do Estreito de Florida e as súas augas eran moi transitadas por multitude de barcos europeos que atravesaban o Atlántico. O porto de Nova Providencia podía aloxar centenares de navíos, e ademais era o suficientemente pouco profundo para impedir navegar aos grandes buques da Armada Real Británica. Ademais nesa época a illa non era aínda o destino turístico no que se tornaría máis adiante. O autor George Woodbury describiuna como "non cidade de fogares, era un lugar de permanencia temporal e de descanso para unha poboación literalmente flotante", afirmando que "os únicos moradores permanentes eran piratas que acampaban, comerciantes e parasitos, e o resto só pasaban polo lugar."[10] En Nova Providencia os piratas eran benvidos, e a lei e a orde "eran descoñecidos".[11]
Teach foi un dos piratas que sacou proveito dos beneficios da illa. Trala sinatura do Tratado de Utrecht chegou á illa desde Xamaica, e xunto da maioría dos corsarios involucrados na guerra, comezou a involucrarse na pirataría. Ao redor do ano 1716 uniuse á tripulación do capitán Benjamin Hornigold, un pirata de renome que operaba dende as augas seguras de Nova Providencia. En 1716, Hornigold asignoulle a Teach o mando dunha corveta que capturara.[12] A comezos de 1717 Hornigold e Teach, cada un ao mando dunha corveta, partiron para o continente. Capturaron un barco que transportaba cento vinte barrís de fariña chegados da Habana e, pouco tempo despois, tomaron unha corveta con cen barrís de viño procedentes das Bermudas. Poucos días despois, pararon un veleiro procedente de Madeira con destino a Charleston, Carolina do Sur. O 29 de setembro preto de Cape Charles, Virxinia saquearon do navío Betty a súa carga de viño de Madeira, deixando que o navío se afundise coa carga restante.[13]
E nesta viaxe xunto a Hornigold cando xorden os primeiros rexistros coñecidos sobre Teach, nos que se lle recoñece como un pirata de dereito propio ao mando dunha gran tripulación. Nun informe do Capitán Mathew Munthe en Carolina do Norte, "Thatch" aparece descrito operando "nunha corveta de seis canóns e preto de 70 homes".[14] En setembro de 1717, Teach e Hornigold encontráronse con Stede Bonnet, un terratenente e militar dunha familia rica que comezara na pirataría a comezos daquel ano. A tripulación de Bonnet, con cerca de setenta membros, atopábase aparentemente insatisfeita co seu comandante, polo que, co permiso de Bonnet, Teach asumiu o control do navío 'Revenge (do inglés: Vinganza). A flotilla de piratas consistía agora de tres navíos; Teach no Revenge, a vella corveta de Teach e a embarcación Ranger de Hornigold. En outubro, outro navío foi capturado e engadido á pequena frota.[15] As corvetas Robert de Filadelfia e Good Intent (do inglés: Boa Intención) de Dublín foron detidas en 22 de outubro de 1717 e as súas cargas baleiradas.[16]
Como excorsario británico, Hornigold atacaba só os seus vellos inimigos. Porén, a súa tripulación non aturaba ver os navíos británicos cheos de carga valiosa pasando ilesos, polo que nalgún momento a finais de 1717 Hornigold foi relevado do mando. A implicación de Teach nesta decisión é descoñecida,[17] e Hornigold retirouse da pirataría tralo feito. Hornigold ficou co Ranger e cunha das corvetas, deixando a Teach co Revenge e a corveta restante.[18] Os dous nunca máis se volveron atopar, e como moitos outros ocupantes de Nova Providencia, Hornigold aceptou o perdón real outorgado por Woodes Rogers en xuño do ano seguinte.[19]
Teach convértese en Barbanegra
editarO 28 de novembro de 1717, os dous navíos de Teach atacaron unha embarcación mercante francesa na costa de San Vicente. Cada un deles disparou unha salva lateral que matou a varios dos tripulantes do mercante, forzando o capitán a se render.[20] O navío era o La Concorde de Saint-Malo, cun cargamento de escravos. Teach e a súa tripulación levaron ao navío rumbo sur ao longo de San Vicente e as Granadinas con destino a Bequia, onde desembarcaron a tripulación e a carga do mercante, ficando co navío para o seu propio uso. A tripulación do La Concorde recibiu a menor das dúas corvetas de Teach, a que renomearon como Mauvaise Rencontre (do francés: Mal Encontro) e viaxaron cara a Martinica. Teach puido ter recrutado algúns dos escravos, mais os restantes foron deixados na illa e posteriormente foron capturados de novo pola tripulación do Mauvaise Rencontre.[21]
Teach inmediatamente cambiou o nome do navío de La Concorde a Queen Anne's Revenge (do inglés: Vinganza da raíña Ana) e equipouno con corenta canóns. A finais de novembro, preto de San Vicente, atacou o navío Great Allen. Tras un longo enfrontamento forzou ao gran e ben armado navío mercante a se render e ordenoulle que navegase cara á costa, desembarcando a tripulación e baleirando as bodegas de carga, para posteriormente queimar e afundir o navío. Este incidente publicouse no The Boston News-Letter, que describiu a Teach como o comandante dun "navío francés de trinta e dous canóns, un bergantín de dez canóns e unha corveta de doce canóns." Descoñécese en que momento ou lugar conseguiu Teach o bergantín de dez canóns, pero sábese que naquel entón estaba ao mando de como mínimo cento cincuenta homes divididos entre os tres navíos.[22][23]
O 5 de decembro de 1717 Teach parou a corveta mercantil Margaret na costa da Illa do Cangrexo, próxima a Anguila. O seu capitán Henry Bostock e a tripulación permaneceron como prisioneiros case oito horas e foron forzados a ver como saqueaban a súa corveta. Bostock, levado a bordo do Queen Anne's Revenge, foi devolto ileso ao Margaret e puido marchar coa súa tripulación.[24] Bostock retornou a súa base de operacións na Illa de Saint Kitts e informou do suceso ao gobernador Walter Hamilton, quen lle pediu que asinase unha declaración xurada sobre o acontecido. O mariñeiro describiu a Teach ao mando de dous navíos: unha corveta e un gran navío negreiro francés de construción neerlandesa, con 36 canóns e unha tripulación de trescentos homes. O capitán cría que o navío máis grande levaba unha gran carga de ouro, prata e "unha copa moi fina" presuntamente roubada do comandante do Great Allen.[a] A tripulación pirata aparentemente comentaralle a Bostock a destrución de varios outros navíos, e que posuían a intención de navegar cara a Hispaniola e agardar por varios barcos da armada española, que estarían cargados de diñeiro para pagar as forzas militares. Bostock declarou tamén que Teach lle preguntara sobre os movementos de navíos locais, e que o pirata non se sorprendera ao ser informado de que se esperaba un perdón real de Londres para todos os piratas.[26]
Así, o noso heroe, o Capitán Teach, asumiu o cognome de Barba-negra, debido a gran cantidade de pelo que, coma un meteoro aterrorízante, cubrían todo a súa faciana, e atemorizou América máis que calquera cometa que tivese aparecido por alí durante moito tempo. Esta barba era negra, deixou medrar até unha extravagante longura; cara a arriba chegaba até os seus ollos. Estaba acostumado a retorcela con fitas, en pequenas trenzas, seguindo o costume das nosas perrucas, e acomodábaas ao redor das orellas. —Charles Johnson (Tradución do orixinal)[27]
|
A declaración de Bostock describe a Teach como un "home alto dunha barba moi negra e moi longa". É o primeiro relato rexistrado da súa aparencia e é a orixe do seu alcume, Barbanegra.[28] Descricións máis tardías mencionan que a súa espesa barba estaba entrenzada en coletas, ás veces amarradas con pequenas fitas coloradas. Johnson describiuno como "unha figura que a imaxinación non podía formar máis feroz e infernal". Non está claro se a descrición de Johnson era completamente verdadeira ou esaxeraba, mais sábese que Teach entendía a importancia da aparencia e empregábaa para infundir medo nos seus inimigos.[29] Teach era alto, de ombreiros largos. Usaba botas que lle chegaban ao xeonllo e roupa escura, cuberto cun chapeu largo e, ás veces, cun colorido longo abrigo de seda ou veludo. Johnson tamén o describiu á hora de batallar "cunha estribeira sobre os seus ombreiros, con tres tirantes para pistolas, colgadas en fundas como bandoleiras; e con fósforos pegados baixo o seu chapeu",[27][b] isto último para poñer énfase na aparencia terrorífica que quería presentar perante os seus inimigos.[31][32] Malia posuír unha reputación feroz non hai ningunha fonte verificada que afirme que tivese matado ou ferido a aqueles que mantiña en catividade. Segundo o historiador Angus Konstam ata a súa última batalla Teach nunca matara a ningún home,[33] e segundo o economista Peter Leeson da Universidade de Chicago non precisaba facelo.[34] Hai datos que indican que Teach podería ter utilizado outros nomes. O 30 de novembro, o Monserrat Merchant atopouse con dous navíos e unha corveta, comandados polos chamados Capitán Kentish e o Capitán Edwards, sendo este último un alcume coñecido de Stede Bonnet.[35]
Ampliación da frota
editarOs movementos de Teach entre finais de 1717 e comezos de 1718 son descoñecidos. Xunto a Bonnet foron probabelmente responsábeis dun ataque á praza de Santo Eustaquio, en decembro de 1717. Henry Bostock declarara ter escoitado os piratas planeando ir en dirección á Baía de Samaná na Hispaniola, mais unha procura na zona non revelou ningunha actividade pirata. O capitán Hume do HMS Scarborough informou o 6 de febreiro que un "navío pirata de trinta e seis canóns e douscentos e cincuenta homes, e unha corveta de dez canóns e cen homes estaban cruzando as Illas de Sotavento". Hume reforzou a súa tripulación armando os soldados con mosquetes e xuntouse co HMS Seaford para perseguir os piratas aínda que sen éxito, a pesar de discernir que dúas embarcacións piratas afundiran un buque francés na praza de Illa de Saint Kitts, informando tamén que a última vez vírano "indo cara ao lado norte da Hispaniola". Malia non existir confirmación de que estes dous navíos estivesen controlados por Teach e Bonnet, o autor Angus Konstam cre que é moi probábel que estes fosen os seus navíos.[36]
En marzo de 1718, estando en augas da Illa Turneffe ao leste de Belize, dous navíos avistaron unha corveta xamaicana, a Adventure, en dirección ao porto da illa. A corveta foi detida e o seu capitán, David Harriot, foi convidado para se xuntar aos piratas. Harriot e a súa tripulación aceptaron, e Teach enviou parte da súa tripulación para auxiliar o Adventure, nomeando a Israel Hands como o seu capitán.[37] Navegaron cara á baía de Honduras, onde engadiron un navío e catro corvetas máis a súa frota.[38][39] O 9 de abril, a nova frota saqueou e queimou o Protestant Caesar. De seguido, navegaron cara ao Gran Caimán onde capturaron un pequeno barco tartaruga.[40] Despois probabelmente navegaron cara á Habana, onde poderían ter capturado unha pequena embarcación española que partía do porto cubano. De alí partiron cara á costa oeste de Florida e desembarcaron a tripulación española que fora capturada, para seguir posteriormente en dirección a Charleston, atacando tres navíos durante o camiño.[41]
Bloqueo de Charleston
editarPor maio de 1718, no apoxeo do seu poder, Teach concedeuse a si mesmo o rango de Comodoro. Ao final dese mes, a súa frota bloqueou o porto de Charleston (entón coñecido como Charles Town) en Carolina do Sur. Todos os navíos que entraban ou saían do porto eran detidos, e como a cidade non tiña ningún buque de garda,[43] o barco-piloto foi o primeiro en ser capturado. Durante os seguintes cinco ou seis días, preto de nove navíos foron detidos e saqueados mentres tentaban navegar para alén dos bancos de area de Charleston, onde a frota pirata estaba ancorada. Un deses navíos, o Crowley, con destino para Londres, levaba a bordo un grupo de cidadáns prominentes de Charleston, incluíndo a Samuel Wragg, membro do Consello da Provincia de Carolina. Os pasaxeiros foron interrogados sobre os navíos que aínda estaban no porto, e despois foron aprisionados no compartimento de cargas do Crowley. Barba Negra informou aos reclusos que súa tripulación precisaba medicamentos do goberno colonial de Carolina do Sur, e ameazou que no caso de que a petición non fose atendida, todos os reféns serían executados e as súas cabezas enviadas ao gobernador, alén de todos os navíos capturados seren queimados.[44]
O capitán Wragg concordou coas demandas, e un refén chamado Marks xunto de dous piratas foron á terra, onde tiñan un prazo de dous días para recadar os medicamentos. Teach moveu a súa frota e os navíos capturados a unhas cinco ou seis leguas (entre 24 e 27 km) da terra. Tres días despois un mensaxeiro enviado por Marks volveu para a frota coa noticia de que a súa embarcación sufrira un accidente e precisarían de máis tempo. Teach dispuxo unha espera de dous días máis, tralos que convocou unha reunión con súa tripulación e enviou oito navíos cara ao porto, causando o pánico na cidade. Cando Marks regresou á frota, explicou o sucedido. A súa chegada presentou as demandas ao gobernador e os medicamentos foron rapidamente entregados, porén os dous piratas enviados para escoltalo desapareceran, pasando varios días ata que os atoparon bébedos.[45] Teach mantivo a súa palabra no acordo e liberou os navíos capturados e os reféns, quitándolles previamente as súas pertenzas de valor, incluíndo algunhas pezas de roupa fina que levaban posta.[46]
Esteiro de Beaufort
editarMentres estaba en Charleston, Barbanegra coñeceu a nova da saída de Woodes Rogers dende Inglaterra con varios men-of-war, coa orde de liberar de piratas as Indias Occidentais. A frota de Teach navegou cara ao norte ao longo da costa do Atlántico en dirección ao Esteiro de Topsail (coñecido tamén como Esteiro de Beaufort), na costa da Carolina do Norte, coa intención de carenar os seus navíos e facer o mantemento dos cascos. Porén, o Queen Anne's Revenge encallou nun banco de area, quebrando seu mastro principal e danándoo gravemente. O capitán ordenou que varias corvetas tirasen cordas ao redor do buque insignia para tentar liberalo. A corveta Adventure, comandada por Israel Hands, tamén encallou, quedando ámbolos dous navíos danados de forma irreversíbel.[47] Finalmente abandonaron os barcos e partiron a bordo do Revenge (do inglés: Vinganza) e unha corveta española capturada.[48]
Barbanegra coñecía a posibilidade do perdón real e manexou a posibilidade de aceptalo. O indulto estaba aberto para todos os piratas que se renderan antes do 5 de setembro de 1718, mais contiña unha excepción que estabelecía que só serían perdoados de crimes cometidos antes do 5 de xaneiro. Aínda que, na teoría, Bonnet e Teach poderían ser enforcados polas súas accións en Charleston, a maioría das autoridades poderían renunciar a tales condicións. Teach pensou que o gobernador Charles Eden era un home no cal podería confiar, mais para asegurarse, agardou para ver o que acontecía con outro capitán.[49] Bonnet partiu inmediatamente nun pequeno barco de vela, posibelmente unha lancha do Queen Anne's Revenge, cara a Bath Town, onde se rendeu ao gobernador Eden e recibiu o perdón. Bonnet viaxou de volta cara ao Esteiro de Beaufort coa intención de buscar seu navío Revenge e a tripulación restante para navegar até a illa de San Tomé e recibir unha comisión. Porén, Barbanegra baleirara o navío dos seus obxectos de valor e das provisións, abandonado a súa tripulación á deriva. Bonnet decidiu vingarse de Teach, mais non conseguiu atopalo. Bonnet e a súa tripulación volveron á pirataría, resultando capturados o 27 de setembro de 1718 na foz do río Cape Fear. Todos, con excepción de catro deles, foron xulgados e enforcados en Charleston.[50][c]
O autor Robert Lee supuxo que Teach e Hands encallaran os navíos intencionadamente alí para reducir a cantidade de tripulantes, aumentando a súa parte dos espolios. Durante o xuízo da tripulación de Bonnet, o contramestre do Revenge, Ignatius Pell declarou que "o navío [de Teach] foi deixado en terra e se perdeu, Thatch causou o feito".[51] Lee considera plausíbel que Teach informase a Bonnet sobre o plan de aceptar o perdón do gobernador Eden. Barbanegra suxeriu que Bonnet fixese o mesmo, e como a guerra entre a Cuádrupla Alianza e España estaba comezando, podería entón considerar unha comisión como corsario de Inglaterra. Lee suxire tamén que Teach ofreceu a Bonnet a devolución do seu navío Revenge.[52] Konstam propón unha idea semellante, explicando que Teach comezou a ver o Queen Anne's Revenge como unha especie de carga. O feito dunha frota pirata ancorada fixo que a noticia se estendese polas as cidades veciñas e as colonias, e calquera embarcación nas proximidades podería atrasar a partida. Para Teach foi polo tanto prudente non permanecer por moito tempo, a pesar que se considera que destruír o navío foi unha medida un tanto extrema.[53]
Esteiro de Ocracoke e Perdón Real
editarAntes de navegar cara ao norte na súa última corveta cara ao esteiro de Ocracoke, Teach deixou náufragos a uns 25 homes nunha pequena illa que se atopaba a unha legua da costa, probablemente coa intención de evitar calquera tipo de posible protesta por mor dos seus plans de obter o perdón real. Estes homes serían rescatados por Bonnet dous días despois.[55] Teach continuou en dirección a Bath, onde en xuño de 1718 el e máis a súa xa reducida tripulación recibiron o seu perdón de mans do gobernador Eden.[56]
Afincouse en Bath, no lado leste de Bath Creek, preto do fogar do gobernador Eden. Durante os meses de xullo e agosto viaxou entre a súa base na cidade e a súa corveta ancorada no esteiro de Ocracoke. O reconto de Johnson afirma que casou coa filla do dono dunha plantación local, malia que non existe ningún rexistro escrito deste feito. Teach recibiu o permiso do gobernador Eden para navegar cara a St. Thomas e procurar unha comisión como corsario, recibindo tamén o título oficial da súa corveta, á que nomeou Adventure. Para finais de agosto xa estaba de volta na pirataría, e nese mesmo mes o gobernador de Pensilvania emitiu unha orde de arresto cunha recompensa. Porén, naquel entón Teach estaba a operar na Baía de Delaware, a unha certa distancia do lugar. Capturou dous navíos franceses que partían do Caribe, trasladando a tripulación dunha a outra e navegando o navío restante de volta a Ocracoke.[57] En setembro dese mesmo ano informou a Eden de que atopara o navío francés abandonado no mar. Tivo entón lugar un xuízo presidido por Tobias Knight e o recadador de aduanas, no que se declarou o navío como atopado en estado de abandono no mar. Da súa carga, Knight recibiu 20 barrís de azucre, mentres que Eden recibiu 60. Teach e a súa tripulación recibiron a mercancía restante atopada no compartimento de carga do barco.[58]
O esteiro de Ocracoke era o lugar preferido de Teach para permanecer ancorado. Era un punto de vantaxe axeitado dende o que podía divisar os barcos que viaxaban entre os varios asentamentos de Carolina do Norte, e foi dende ese lugar onde Teach divisou por primeira vez o barco de Charles Vane, outro pirata inglés. Varios meses antes Vane rexeitara o perdón real ofrecido por Woodes Rogers e escapara dos man-of-war que o capitán inglés levara consigo a Nassau. Fora perseguido tamén polo anterior comandante de Teach, Benjamin Hornigold, que naquel entón era un cazador de piratas. Teach e Vane pasaron varias noites na punta sur da Illa Ocracoke, acompañados doutros piratas notables coma Israel Hands, Robert Deal e Calico Jack.[59]
Alexander Spotswood
editarAs novas da reunión improvisada de Teach e Vane comezou a estenderse polas colonias veciñas, e a preocupación do gobernador de Pensilvania medrou ata o punto de enviar dúas corvetas para capturar ós piratas, aínda que sen éxito.[60] O gobernador de Virxinia, Alexander Spotswood, tamén se sentiu preocupado pola presenza de Teach e da súa tripulación na veciña Carolina do Norte. Algúns dos antigos tripulantes de Teach trasladáranse a varios pobos costeiros de Virxinia, o que provocou que Spotswood emitise unha proclama o 10 de xullo na que se requiría que tódolos anteriormente piratas se desen a coñecer ás autoridades, entregando as súas armas e sen desprazarse en grupos maiores de tres persoas. Como xefe dunha colonia real, Spotswood vía á colonia propietaria de Carolina do Norte con desprezo. Non confiaba na capacidade dos habitantes desa colonia para controlar ós piratas, e sospeitaba que estes volverían as súas actividades perturbando o comercio de Virxina en canto se quedasen sen cartos.[61]
Spotswood sabía que William Howard, anterior intendente do Queen Anne's Revenge, estaba pola zona, e crendo que sabería onde se atopaba Teach ordenou que el e os seus dous escravos fosen arrestados. Spotswood non tiña autoridade legal para xulgar ós piratas,[d] e polo tanto o avogado de Howard, John Holloway, presentou cargos en contra do Capitán Brand do HMS Lyme, onde Howard fora encarcerado. Ademais presentou unha denuncia en nome de Howard por danos cun valor de 500 £, alegando un arresto improcedente.[63]
O consello de Spotswood afirmaba que a presenza de Teach era unha crise e que baixo un estatuto de Guillerme III o gobernador tiña a capacidade de xulgar a Howard sen precisar un xurado. Os cargos facían referencia a varios actos de pirataría presuntamente levados a cabo tralo fin do período de emisión do perdón real, nunha "corveta pertencente ós súbditos do Rei de España", mais ignoraba o feito de que tiveran lugar fora da xurisdición de Spotswood's e nun navío que naquel momento era unha posesión legal. Outro cargo citaba dous ataques, un deles a captura dun navío de escravos preto de Charleston, dos que se cría que proviña un dos escravos. Howard tivo que presentarse nun xuízo perante unha corte do vicealmirantado, baixo cargos de pirataría. Brand e o seu colega, o Capitán Gordon do HMS Pearl rexeitaron atendelo ao estar Holloway presente.[e] Holloway non tivo outra opción que retirarse, e foi substituído polo Avogado Xeral de Virxinia John Clayton, quen Spotswood describiu como "un home máis honesto [que Holloway]".[64] Howard foi declarado culpable e sentenciado á forca, pero foi salvado por unha orde procedente de Londres, que obrigaba a Spotswood a perdoar tódolos actos de pirataría levados a cabo por piratas que se tivesen entregado antes do 23 de xullo de 1718.[65][66]
Malia isto Spotswood conseguiu información de Howard sobre o paradeiro de Teach,[67] e fixo plans para enviar as súas forzas cruzando a fronteira ata Carolina do Norte para capturalo.[68] Conseguiu o apoio de Edward Moseley e do Coronel Maurice Moore para desacreditar o gobernador de Carolina do Norte, e escribiu unha carta ós Lores do Comercio na que suxería que a coroa sairía beneficiada coa captura de Teach. Spotswood financiou persoalmente a operación e ordenou que os Capitáns Gordon e Brand do HMS Pearl e do HMS Lyme viaxasen ata Bath. O tenente Robert Maynard do HMS Pearl recibiu o mando de dúas corvetas requisadas para que se achegasen ata a cidade dende o mar.[f] Como incentivo a Asemblea de Virxinia ofreceu unha recompensa pola captura de Teach, maior que a ofrecida pola coroa.[70]
Maynard tomou o mando das dúas corvetas armadas o 17 de novembro, con 57 homes ao seu cargo, 33 do HMS Pearl e 24 do HMS Lyme. Maynard e o destacamento do HMS Pearl tomaron o maior dos dous navíos e nomeárono Jane, mentres que o resto tomou o Ranger, comandado por un dos oficiais de Maynard, Mister Hyde. Partiron dende Kecoughtan o 17 de novembro, navegando polo Río James.[71] As dúas corvetas movíanse lentamente, para darlle tempo as tropas de Brand de chegar a Bath. Brand partiu cara a Carolina do Norte seis días despois, chegando a unha distancia duns 4–5 km de Bath o 23 de novembro. Entre eles estaban tamén o Coronel Moore e o Capitán Jeremiah Vail, enviados para evitar calquera obxección local pola presenza de soldados foráneos na colonia. Moore entrou na cidade para procurar se Teach se atopaba alí, informando de volta que non era tal, pero que se esperaba que chegara "a cada minuto". Brand foi entón ata a casa do gobernador e informoulle do seu propósito. Ao día seguinte Brand enviou dúas canoas polo Río Pamlico ata o Esteiro de Ocracoke, na procura de sinais de Teach, que retornaron dous días despois con información sobre o seu paradeiro.[72]
Última batalla
editarMalditos Viláns, quen sodes? E de onde vides? O tenente respondeulle, Podes ver polas nosas cores que non somos piratas. Barba-Negra demandou que enviase a barca a bordo, para ver quen era: pero o Sr. Maynard respondeulle; Non podo deixar a miña barca, pero abordareino tan cedo como poida, coa miña corveta. Tras isto, Barba-Negra colleu un vaso de licor e brindou por el con estas verbas: Que unha maldición caia sobre a miña alma se lle dou cuartel, ou tomo cuartel de vostede. En resposta o Sr. Maynard díxolle, Non espero cuartel de vostede, e non lle darei ningún.
|
Maynard atopou ós piratas ancorados na cara interior da Illa Ocracoke a noite do 21 de novembro.[75] Sabía da súa posición grazas a varios navíos que detivo durante a súa viaxe, pero non estaba familiarizado coas canles e bancos locais, polo que decidiu agardar ata a mañá seguinte para comezar o ataque. Parou todo o tráfico entrante no esteiro, previndo así calquera tipo de alerta da súa presenza, e apostou vixías en cada unha das corvetas para asegurar que Teach non puidese escapar por mar.[76] Do outro lado da illa Teach estaba ocupado cos seus invitados e non tiña postos de vixía. A súa tripulación era tamén reducida, xa que Israel Hands estaba en Bath cuns 24 dos mariñeiros do Adventure. Segundo Johnson o pirata "non tiña máis de vinte e cinco homes a bordo" e "dicíalle a tódolos navíos cos que falaba que tiña corenta".[77] "Trece brancos e seis Negros" foi o número que Brand reportou posteriormente o almirantado.[78]
Ó amencer as dúas corvetas entraron na canle, precedidas dunha pequena embarcación facendo sondaxes de profundidade. O Adventure divisou as embarcacións e disparou en canto estiveron dentro do alcance dos seus canóns. A pequena barca retirouse rapidamente ata o Jane, pero os disparos alcanzaron ao Adventure, cortando a cadea da áncora. A tripulación do Adventure levantou as velas e manobrou para apuntar os canóns de estribor cara ás corvetas de Maynard, que se estaban achegando cada vez máis.[79] Hyde levou ao Ranger ata o lado de babor do Jane e ámbolos dous navíos despregaron a Union Jack. O Adventure xirou cara á praia da Illa Ocracoke, en dirección a unha canle estreita.[80] O que sucedeu a continuación non se coñece con certeza. Segundo Johnson tivo lugar un intercambio de disparos entre as tripulacións e o Adventure encallou nun banco de area, mentres que Maynard botou a áncora e baleirou o seu barco para poder atravesar o obstáculo. Outra versión do suceso indica que o Jane e o Ranger embarrancaron, aínda que Maynard non deixou constancia disto na súa bitácora.[81]
O que si se coñece é que o Adventure apuntou os seus canóns cara ás dúas embarcacións e disparou unha salva, causando que Maynard perdese un terzo das súas forzas. Uns vinte homes no Jane e outros nove no Ranger resultaron feridos ou mortos. Hyde faleceu, e o seu segundo e terceiro oficial estaban tamén mortos ou feridos de gravidade. A súa corveta resultou tan danada que non puido continuar participando no ataque.[82] Os informes contemporáneos do suceso volven ser confusos neste punto, pero crese que un intercambio de disparos con armas lixeiras dende o Jane puido rachar unha das velas do Adventure, provocando que a tripulación perdese o control do navío e que este encallase nun banco de area. Tras este ataque de Teach o Jane e o Ranger puideron ter embarrancado tamén, polo que a batalla pasou a ser unha carreira para ver quen conseguía reflotar antes o seu barco.[83]
O tenente mantiña moitos dos seus homes baixo cuberta anticipando unha abordaxe, e ordenoulles que se preparasen para o combate corpo a corpo. Teach conseguiu reducir a distancia entre os navíos e ordenoulle a súa tripulación que se preparase. Os barcos fixeron contacto cando os ganchos do Adventure alcanzaron o obxectivo, e lanzaron varias granadas cara á cuberta da corveta, feitas con botellas cheas de pólvora e balas prendidas cunha mecha. En canto desapareceu o fume destas, Teach e os seus homes abordaron o barco, animados ao ver que o barco de Maynard estaba case baleiro e disparando cara ao tenente e un pequeno grupo de homes que estaban apostados na popa.[84]
O resto da tripulación de Maynard saíron correndo do compartimento de cargo, gritando e disparando. O plan de sorprender a Teach tivo éxito e os piratas estaban desprevidos ante este asalto. Teach xuntou ós seus homes e os dous grupos loitaron por toda a cuberta. Maynard e Teach dispararon as súas armas o un ao outro. Teach sacou o seu alfanxe e conseguiu rachar a espada de Maynard. Grazas ao adestramento militar e unha pequena vantaxe de número, os piratas foron acurralados cara á proa, e a tripulación do Jane conseguiu arrodear a Maynard e Teach, que nese momento quedou illado dos seus homes.[85] Cando Maynard estaba a cargar a súa arma para disparar de novo, Teach atacouno, pero recibiu un corte no pescozo por parte dun dos homes de Maynard. O resto de piratas rendeuse entón. Os que quedaban no Adventure foron capturados pola tripulación do Ranger, incluíndo un que tentara prenderlle lume ao compartimento da pólvora para facer estoupar o barco.[86]
Os distintos informes das baixas resultantes da batalla indican números dispares. Maynard informou que morreran 8 dos seus homes e 12 piratas, mentres que Brand informou que os mortos foran 10 piratas e 11 homes de Maynard, e Spotswood afirmou que finaran 10 piratas e 10 homes do Rei.[86] Maynard puido examinar o corpo de Teach posteriormente, e viu que recibira uns cinco disparos e tiña uns vinte cortes de arma branca. Tamén atopou varios obxectos de correspondencia, incluíndo unha carta de Tobias Knight dirixida a Teach. O cadáver de Teach foi guindado ao esteiro, mais a súa cabeza foi colgada nun dos mastros da corveta de Maynard como proba para recadar a recompensa.[87]
Legado
editarO tenente Maynard permaneceu en Ocracoke varios días máis, levando a cabo as reparacións nos navíos e soterrando os falecidos.[88] O botín de Teach, composto por azucre, cacao, índigo e algodón, foi atopado en "balandros piratas e nunha tenda na costa preto deles", e vendeuse nunha poxa xunto co azucre e algodón atopado no celeiro de Tobias Knight, por un valor total de 2 238 £. O gobernador Spotswood usou unha parte destes cartos para financiar a operación. A recompensa pola captura de Teach foi dunhas 400£, repartida entre as tripulacións do HMS Lyme e do HMS Pearl. Xa que o capitán Brand e as súas tropas non participaron na batalla, Maynard considerou este feito extremadamente inxusto. Porén, perdeu calquera apoio cando se descubriu que el e a súa tripulación quedaran cunhas 90£ do botín atopado. As dúas compañías non recibiron a recompensa ata catro anos despois,[89][90] e Maynard non foi ascendido, perdéndose o seu rastro dende ese momento.[91]
A tripulación restante de Teach e os seus socios foron atopados por Brand en Bath,[90] e foron levados a Williamsburg apresados baixo o cargo de pirataría. Varios deles eran de raza negra, propiciando que Spotswood consultase ao seu consello que se podía facer sobre "as circunstancias destes Negros para escusalos de pasar o mesmo xuízo que os outros piratas". Porén, estes homes foron xulgados xunto co resto no edificio do concello de Williamsburg o 12 de marzo de 1719. Non se conservan rexistros escritos do procedemento, pero sábese que 14 dos 16 acusados foron declarados culpables. Dos dous restantes, un puido probar que participara na batalla por necesidade, xa que estaba no barco de Teach só como invitado dunha festa da noite anterior, e non como1 pirata. O outro, Israel Hands, non estivera presente na batalla, e que aínda estaba cuberto polo perdón real.[92][h] Os piratas restantes foron aforcados e os seus cadáveres expostos na rúa principal do concello de Williamsburg.[93]
O gobernador Eden sentiuse avergoñado pola invasión de Spotswood en Carolina do Norte,[94] malia que Spotswood desentendeuse do feito. Defendeu as súas accións escribíndolle unha carta a John Carteret, accionista da Provincia de Carolina, indicándolle que sacarían beneficios da venda das propiedades incautadas, e recordoulle o número de Virxinianos que faleceran tentando protexer os seus intereses. Argumentou que o motivo do secreto da operación era que Eden "non podía contribuír en nada ao éxito do deseño", e díxolle a Eden que a súa autoridade para capturar ós piratas proviña do rei. Eden recibiu bastantes críticas pola súa relación con Teach e foi acusado de ser o seu cómplice. Con esta crítica a Eden, Spotswood intentaba aumentar a lexitimidade da súa invasión.[95] O autor Lee conclúe que malia que Spotswood pensaba que o fin xustificaba os medios, non tiña autoridade legal para invadir Carolina do Norte, capturar ós piratas e incautar e vender os seus bens.[96] Spotswood acusou tamén a Tobias Knight de estar asociado con Teach, e o 4 de abril de 1719 Eden interrogou a Knight. Israel Hands testificara semanas antes que Knight estivera a bordo do Adventure en agosto de 1718, pouco tempo despois de que Teach trouxera un navío francés a Carolina do Norte. Catro piratas testificaran que xunto a Teach foran á casa de Knight levándolle varios regalos. Esta declaración e a carta atopada no corpo de Teach semellaban convincentes, pero Knight levou a súa defensa de forma competente, cuestionando a fiabilidade das testemuñas de Spotswood. Alegou que Israel Hands falara baixo presión, e que baixo as leis de Carolina do Norte a outra testemuña, de orixe africana non podía declarar. Argumentou que o azucre fora almacenado na súa casa de forma legal, e que Teach visitárao só unha vez por negocios de forma oficial. O consello declarouno inocente de tódolos cargos, mais faleceu ese mesmo ano por mor dunha enfermidade.[97][98]
Eden sentiuse ofendido xa que as acusacións a Knight tiveron lugar nun xuízo no que el non tivo ningún papel. Os bens que Brand incautara eran oficialmente propiedade de Carolina do Norte, e Eden considerábao un ladrón. A discusión continuou entre as colonias ata o finamento de Eden o 17 de marzo de 1722. No seu testamento nomeou beneficiario a John Holloway, un dos opositores de Sportswood. Nese mesmo ano Spotswood foi substituído no seu cargo por Hugh Drysdale.[63][99]
Visión na cultura popular moderna
editar
—Atribuído a Benjamin Franklin[100]
|
A postura oficial perante os piratas foi en ocasións bastante distinta á mantida polos autores contemporáneos, que adoitaban describilos como "desprezables canallas dos mares". Os corsarios que se convertían en piratas estaban polo xeral considerados unha forza naval de reserva por parte do goberno de Inglaterra, chegando a recibir o seu apoio en ocasións. No 1581 Francis Drake foi nomeado cabaleiro por Isabel I cando retornou a Inglaterra dunha expedición ao redor do mundo cun botín dun valor estimado de 1 500 000 £.[101] Os perdóns reais emitíanse de forma regular, habitualmente cando Inglaterra estaba ao bordo dunha guerra, e a opinión pública sobre os piratas adoitaba ser favorable en xeral.[102] O economista Peter Leeson afirmou que na súa opinión os piratas eran homes de negocios astutos, lonxe da visión romántica moderna que os describe como tiranos asasinos.[103] Trala chegada de Woodes Rogers en 1718 a Nova Providencia e o remate da República de Piratas, a pirataría nas Indias Occidentais caeu nun declive terminal. Sen unha saída doadamente accesible para os bens roubados, os piratas víronse reducidos a un modo de vida de subsistencia, e tras case cen anos de guerra naval entre os británicos, franceses e españois, nos que os mariñeiros podían atopar traballo doadamente, os corsarios víronse superados en número polos meirandes navíos empregados polo Imperio Británico para defender a súa frota mercante. A popularidade do mercado de escravos axudou na fin da condición fronteiriza das Indias Occidentais, e nestas circunstancias a pirataría non conseguiu florecer como fixera anteriormente.[104]
Dende a fin da chamada "Era dourada da pirataría", Teach e as súas conquistas convertéronse en material de coñecemento popular, inspirando varios libros e filmes. Gran parte do que se coñece del atribúese ao libro A General Historie of the Robberies and Murders of the Most Notorious Pyrates de Charles Johnson, publicado en Inglaterra no 1724.[105] Autoridade recoñecida sobre os piratas na súa época, as descricións de Johnson de figuras como Anne Bonny e Mary Read consideráronse durante anos lectura imprescindible para aqueles interesados na materia.[106] A súa lectura espertou o interese de moitos polo tema, polo que en pouco tempo publicouse unha segunda edición, aínda que autores como Angus Konstam sospeitan que a descrición de Johnson sobre Barbanegra estaba "adornada un pouco para facer unha historia máis sensacionalista".[i] Porén, A General Historie considérase polo xeral unha fonte fiable.[109][110] O nome "Johnson" podería ter sido un alias, e como os seus recontos foron corroborados en documentos persoais e oficiais da época, o autor Lee considera que fose quen fose, tiña algún tipo de acceso a correspondencia oficial.[106] Konstam continúa esta especulación, suxerindo que Johnson podería ter sido o escritor inglés Charles Johnson, o editor británico Charles Rivington ou o escritor Daniel Defoe.[110] Na súa obra de 1951 titulada The Great Days of Piracy, o autor George Woodbury escribiu que Johnson era "obviamente un pseudónimo", indicando que "un non pode evitar sospeitar que puidera ter sido un pirata el mesmo".[111]
Malia súa infamia, Teach non foi o pirata con máis éxito. Henry Every retirouse sendo un home rico, e Bartholomew Roberts conseguiu un botín estimado en cinco veces maior ao de Teach.[112] Varios cazadores de tesouros tentaron durante moito tempo procurar calquera traza do suposto botín de ouro e prata de Barbanegra, pero nada do atopado nos diversos lugares explorados ao longo da costa leste dos Estados Unidos puido relacionarse nunca con el. Algúns contos populares suxiren que os piratas adoitaban matar a un prisioneiro no lugar onde soterraban o seu botín,[113] pero os tesouros piratas soterrados adoitan considerarse un mito moderno para o que non existe practicamente ningunha evidencia. Os rexistros dispoñibles non inclúen nada que suxira que esta práctica fose habitual, agás na imaxinación de escritores de ficción como no caso da Illa do tesouro. Ese tipo de botíns precisarían dun dono con moitos recursos, e a súa suposta existencia ignora a estrutura de mando dos navíos piratas, nos que a tripulación adoitaba servir baixo un sistema de sufraxio libre.[114] O único pirata do que se coñece que soterrase tesouro foi William Kidd.[115] O único tesouro recuperado do botín de Teach conseguiuse nos restos do que se cre era o Queen Anne's Revenge, atopados no 1996.[116] A data de 2009 tíñanse recuperado máis de 250 000 artefactos procedentes destes restos,[117] e unha selección deles está exposta ao público no North Carolina Maritime Museum.[118]
Existen varias supersticións sobre a pantasma de Barbanegra. As luces inexplicables no mar chámanse en ocasións "Luz de Teach" (inglés: Teach's Light), e algúns contos afirman que o pirata vaga pola outra vida na procura da súa cabeza, temendo que os seus amigos e o Demo non o recoñezan.[119] Un conto propio de Carolina do Norte conta que a caveira de Teach usouse para a base dun cáliz de prata, e un xuíz local chegou a afirmar que bebera del unha noite nos anos 1930.[120] O nome de Barbanegra relaciónase con moitas atraccións locais, como por exemplo a Charleston's Blackbeard's Cove.[121] O seu nome e personaxe tamén se incluíu en diversas obras literarias. É o suxeito principal da obra de ficción de Matilda Douglas de 1835 titulada Blackbeard: A page from the colonial history of Philadelphia,[122] The Age of Unreason de Gregory Keyes represéntao como gobernador dunha colonia, e a novela de 1988 de Tim Powers On Stranger Tides conta como forma unha alianza de piratas. As representacións da súa vida en diversos filmes inclúen O pirata Barbanegra (1952), Blackbeard's Ghost (1968), Blackbeard: Terror at Sea (2005) e a miniserie de 2006 Blackbeard. Existen tamén algúns paralelismos posibles entre a descrición de Barbanegra de Johnson e a personaxe do Capitán Jack Sparrow do filme de 2003 Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl.[123]
Notas
editar- ↑ Konstam considera isto improbábel e que os piratas moi probablemente "tomaran o pelo ao prisioneiro con historias esaxeradas".[25]
- ↑ Lee describe estes fósforos coma "mechas feitas de corda de cáñamo coa anchura dun lapis e empapadas nunha solución de pólvora e auga de lima".[30]
- ↑ O navío capturado Revenge incluíuse posteriormente nunha frota de naves comandada polo gobernador de Carolina do Sur. A frota realizou un ataque nun grupo de piratas á entrada do porto de Charleston, dando como resultado a execución de 49 piratas nun mes, que foron aforcados e expostos preto de White Point.[50]
- ↑ Os gobernadores coloniais recibían a potestade de xulgar ós piratas fóra de Inglaterra de mans do seu monarca, pero esa autoridade remataba ó falecer dito monarca. Spotswood non recibiu unha nova orde, de mans de Xurxo I, ata decembro de 1718.[62]
- ↑ Os dous capitáns rexeitaron xa que Holloway estaba involucrado na acción civil.[64]
- ↑ O HMS Pearl e o HMS Lyme tiñan demasiado calado e non podían navegar polas augas pouco profundas do esteiro de Ocracoke.[69]
- ↑ Non existe outro reconto deste intercambio, polo que este texto de Johnson está considerado por algúns autores coma un aderezo literario.[74]
- ↑ Konstam suxire que durante o seu encarceramento Hands actuou como informador de Spotswood.[92]
- ↑ Entre moitos dos feitos cuestionables mencionados por Johnson está o encontro entre Teach e o HMS Scarborough.[107] Nin na bitácora do Scarborough nin na correspondencia do seu capitán hai mencións de tal encontro. O historiador Colin Woodard cre que Johnson confundiu e misturou dous eventos reais: a batalla do Scarborough contra a banda de John Martel e o encontro de Barbanegra con outro navío de guerra, o HMS Seaford.[108]
- Referencias
- Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
- ↑ Perry 2006, p. 14
- ↑ Konstam 2007, pp. 10–12
- ↑ Lee 1974, pp. 3–4
- ↑ Wood, Peter H (2004). "Teach, Edward (Blackbeard) (d. 1718)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. (require subscrición (?)).
- ↑ Lee 1974, pp. 4–5
- ↑ Konstam 2007, p. 19
- ↑ 7,0 7,1 Johnson 1724, p. 70
- ↑ Lee 1974, p. 9
- ↑ Brooks 2015, pp. 20-22
- ↑ Woodbury 1951, pp. 71–72
- ↑ Lee 1974, pp. 9–11
- ↑ Lee 1974, pp. 11–12
- ↑ Konstam 2007, pp. 68–69
- ↑ Konstam 2007, p. 64
- ↑ Konstam 2007, pp. 78–79
- ↑ Lee 1974, pp. 13–14
- ↑ Konstam 2007, pp. 66–67
- ↑ Konstam 2007, p. 79
- ↑ Woodbury 1951, p. 155
- ↑ Lee 1974, p. 14
- ↑ Konstam 2007, pp. 81–88
- ↑ Lee 1974, p. 18
- ↑ Konstam 2007, p. 88
- ↑ Konstam 2007, pp. 154–155
- ↑ Konstam 2007, pp. 90–91
- ↑ Lee 1974, pp. 27–28
- ↑ 27,0 27,1 Johnson 1724, p. 87
- ↑ Konstam 2007, p. 91
- ↑ Konstam 2007, p. 155
- ↑ Lee 1974, p. 21
- ↑ Johnson 1724, p. 57
- ↑ Lee 1974, p. 20
- ↑ Konstam 2007, p. 157
- ↑ Leeson, Peter T. (2010). "Pirational Choice: The Economics of Infamous Pirate Practices". p. 21. Consultado o 21 de abril de 2010.
- ↑ Konstam 2007, pp. 88–89
- ↑ Konstam 2007, pp. 124–126
- ↑ Downey 2012, p. 44
- ↑ Lee 1974, pp. 30–33
- ↑ Konstam 2007, pp. 127–128
- ↑ Lee 1974, pp. 36–37
- ↑ Konstam 2007, p. 130
- ↑ Konstam 2007, pp. 176–177
- ↑ Konstam 2007, p. 164
- ↑ Lee 1974, pp. 39-42
- ↑ Lee 1974, pp. 42-47
- ↑ Lee 1974, p. 47
- ↑ Lee 1974, pp. 50–51
- ↑ Konstam 2007, p. 183
- ↑ Konstam 2007, pp. 183–185
- ↑ 50,0 50,1 Lee 1974, pp. 52–54
- ↑ Cobbett, Howell & Howell 1816, p. 1249
- ↑ Lee 1974, pp. 51–52
- ↑ Konstam 2007, pp. 150, 167
- ↑ Henry Mouzon et. al. "An Accurate Map of North and South Carolina With Their Indian Frontiers". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2007. Consultado o 26 de maio de 2016.
- ↑ Konstam 2007, p. 187
- ↑ Lee 1974, pp. 52–53, 56
- ↑ Konstam 2007, pp. 198–202
- ↑ Lee 1974, p. 80
- ↑ Lee 1974, pp. 85, 88–90
- ↑ Konstam 2007, pp. 204–205
- ↑ Lee 1974, pp. 94–95
- ↑ Woodard 2007, p. 258
- ↑ 63,0 63,1 Lee 1974, pp. 98–101
- ↑ 64,0 64,1 Lee 1974, p. 104
- ↑ Lee 1974, pp. 104–105
- ↑ Konstam 2007, pp. 205–207
- ↑ Lee 1974, p. 105
- ↑ Lee 1974, p. 106
- ↑ Konstam 2007, p. 241
- ↑ Lee 1974, pp. 108–110
- ↑ Konstam 2007, pp. 242–244
- ↑ Lee 1974, pp. 111–112
- ↑ Johnson 1724, p. 82
- ↑ Konstam 2007, p. 251
- ↑ Woodard 2007, pp. 289–290
- ↑ Lee 1974, p. 113
- ↑ Johnson 1724, p. 81
- ↑ Lee 1974, p. 210
- ↑ Konstam 2007, pp. 246–248
- ↑ Lee 1974, pp. 115–117
- ↑ Konstam 2007, p. 252
- ↑ Lee 1974, p. 118
- ↑ Konstam 2007, p. 253
- ↑ Lee 1974, pp. 119–120
- ↑ Konstam 2007, pp. 255–257
- ↑ 86,0 86,1 Lee 1974, pp. 120–123
- ↑ Lee 1974, pp. 122, 124
- ↑ Konstam 2007, p. 259
- ↑ Lee 1974, p. 139
- ↑ 90,0 90,1 Lee 1974, pp. 125–126
- ↑ Konstam 2007, pp. 272–274
- ↑ 92,0 92,1 Konstam 2007, p. 271
- ↑ Lee 1974, pp. 136–138
- ↑ Lee 1974, p. 127
- ↑ Konstam 2007, p. 233
- ↑ Lee 1974, pp. 127–135
- ↑ Lee 1974, pp. 143–153
- ↑ Konstam 2007, pp. 274–277
- ↑ Konstam 2007, pp. 276–280
- ↑ Yetter, George Humphrey (1992). "When Blackbeard Scourged the Seas". Colonial Williamsburg Journal 15 (1): 22–28.
- ↑ Lee 1974, p. 5
- ↑ Lee 1974, p. 168
- ↑ Matson, John (26 de novembro de 2008). "What Would Blackbeard Do? Why Piracy Pays". Scientific American. Consultado o 20 de febreiro de 2010.
- ↑ Woodbury 1951, pp. 201–208
- ↑ Woodard 2007, p. 325
- ↑ 106,0 106,1 Lee 1974, pp. 8–9
- ↑ Konstam 2007, p. 90
- ↑ Woodard 2007, pp. 222–223
- ↑ Konstam 2007, p. 4
- ↑ 110,0 110,1 Konstam 2007, pp. 1–2
- ↑ Woodbury 1951, p. 198
- ↑ Konstam 2007, p. viii
- ↑ Ross, I. (1974). "Blackbeard". United States Naval Institute Proceedings: 72–74.
- ↑ Woodbury 1951, pp. 131–133
- ↑ Konstam 2007, p. 285
- ↑ "In Shipwreck Linked to Pirate, State Sees a Tourism Treasure". The New York Times. 9 de novembro de 1997. p. 134. Consultado o 21 de abril de 2010.
- ↑ "250,000 Pieces of Blackbeard from Shipwreck". Island Gazette. 20 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015.
- ↑ Konstam 2007, p. 288
- ↑ Lee 1974, p. 174
- ↑ Whedbee 1989, pp. 32–33
- ↑ "Blackbeard's Cove". blackbeardscove.net. 2007. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2001. Consultado o 21 de abril de 2010.
- ↑ Douglas 1835, p. 34
- ↑ Konstam 2007, pp. 284–285
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbanegra |
Bibliografía
editar- Brooks, Baylus C. (2015). Blackbeard Reconsidered - Mist's Piracy, Thache's Genealogy (en inglés). North Carolina Office of Archives and History. ISBN 978-0-86526-479-3.
- Cobbett, William; Howell, Thomas Bayly; Howell, Thomas Jones (1816). Cobbett's complete collection of state trials and proceedings for high treason and other crimes and misdemeanors from the earliest period to the present time (1809) (en inglés). Londres: R. Bagshaw.
- Douglas, Matilda (1835). Blackbeard: A page from the colonial history of Philadelphia (en inglés) 1. Nova York: Harper & brothers.
- Downey, Cristopher Byrd (2012). "Blackbeard". Stede Bonnet: Charleston's Gentleman Pirate (en inglés). The History Press. ISBN 1609495403.
- Johnson, Captain Charles (1724). A General History of the Robberies and Murders of the Most Notorious Pirates (en inglés) (2ª ed.). Paternoster Row, Londres: T Warner.
- Konstam, Angus (2007). Blackbeard: America's Most Notorious Pirate (en inglés). John Wiley & Sons. ISBN 9780470128213.
- Lee, Robert E. (1974). Blackbeard the Pirate (en inglés). Carolina do Norte: John F. Blair. ISBN 0-89587-032-0.
- Perry, Dan (2006). Blackbeard: The Real Pirate of the Caribbean (en inglés). Thunder's Mouth Press. ISBN 1-56025-885-3.
- Whedbee, Charles Henry (1989). Blackbeard's Cup and Stories of the Outer Banks (en inglés). Carolina do Norte: John F. Blair. ISBN 978-0-89587-070-4.
- Woodard, Colin (2007). The Republic of Pirates (en inglés). Harcourt, Inc. ISBN 978-0-15-603462-3.
- Woodbury, George (1951). The Great Days of Piracy (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company.