Precipitación (meteoroloxía)

En meteoroloxía, a precipitación é calquera forma de auga que cae do ceo. Isto inclúe chuvia, neve, sarabia, néboa e orballo.

Chuvia sobre árbores
Chuvia

A precipitación é unha parte importante do ciclo da auga e é responsable por depositar auga fresca no planeta. A precipitación é xerada polas nubes, cando alcanzan un punto de saturación; neste punto as gotas de auga crecente (ou anacos de xeo) fórmanse, e caen á Terra por gravidade. É posible inseminar nubes para inducir a precipitación orballando un po fino ou un químico apropiado (coma o nitrato de prata) dentro da nube, xerando as gotas de auga e incrementando a probabilidade de precipitación.

A chuvia ten papel importante no ciclo hidrolóxico. A cantidade de chuvias é medida usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da chuvia, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de chuvias no lugar.

Podemos distinguir tres grandes tipos de chuvias:

  • Chuvia frontal

É causada polo encontro dunha masa fría con outra quente (e húmida), típicas das latitudes medias, como as de inverno no Brasil Meridional. As chuvias frontais ocorren cando a masa fría se encontra con outra masa quente e húmida.

  • Chuvia de convección

É provocada pola intensa evaporación e o consecuente arrefriamento pola ascensión do ar húmido - fenómeno que ocorre nas zonas ecuatoriais e no verán do Centro-Sur Brasileiro. Estas chuvias tamén son coñecidas popularmente como *aguaceiros ou toró.[Cómpre referencia]

  • Chuvia oroxénica ou de relevo

Ocorre cando os ventos húmidos se elevan e se arrefrían polo encontro dunha barreira montañosa, como é normal nas *encostas voltadas para o mar. Son comúns nos litorais, paranaense e catarinense.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.