Abrir o menú principal

Milímetro

unidade de lonxitude

O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm.

1 mm = 10-3 m
  • En fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro.
  • O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións. Aínda que a chuvia medida corresponde a unha unidade de volume e non de lonxitude, a expresión desta medida baséase na cantidade de chuvia caída nunhna superficie dun metro cadrado. A altura dese volume corresponde á medición da precipitación en milímetros, é dicir, 1 mm de precipitacións significa que nunha superficie dun metro cadrado caíu un litro de auga de chuvia.

Outras equivalenciasEditar

  • 1 mm = 1000 µm

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar