As linguas arauacas[2] son unha familia de linguas indíxenas de América, estendida por América do Sur e as Antillas. Recibe o seu nome da lingua arauaca. É unha das máis diversas e estendidas de América, no senso de que inclúe máis variedades coñecidas e alcanza unha dispersión territorial maior. Algúns autores postulan que as linguas arauacas propiamente ditas (maipureanas) poderían estar emparentadas coas linguas guahibanas e as arauanas, e para elas emprégase o termo macroarauaco.

Arauaco
Falado en: Bolivia, Güiana, Güiana Francesa,Suriname, Venezuela, Colombia, Perú, Brasil, Paraguai, Belize, Honduras, Nicaragua, Guatemala, Arxentina, Porto Rico, Cuba, Xamaica, República Dominicana e Haití.
Rexións: En cada país de América do Sur, agás Ecuador, o Uruguai e Chile
Total de falantes: ~688.000 (2009)[1]
Familia: Macroarauaco
 Arauaco
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

A denominación «linguas maipureanas» é equivalente, aínda que ten un uso máis limitado e foi acuñado por Filippo Salvatore Gilii en 1772, provén da lingua maipure, falada no século XVIII en Colombia e Venezuela.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar