Suriname
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Coordenadas: 4°N 56°O / 4, -56
Suriname[3][4] (nome oficial: Republiek Suriname) é un país de América do Sur, limitado ao norte polo océano Atlántico, ao leste pola Güiana Francesa, ao sur polo Brasil e ao oeste por Güiana. Área: 163 265 km². Capital: Paramaribo. As cidades máis poboadas son Paramaribo, Nieuw Nickerie e Meerzorg. O seu clima é quente e húmido.
República de Suriname | |||
---|---|---|---|
Republiek Suriname | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Iustitia - Pietas - Fides (Galego: «Xustiza - Piedade - Lealdade») | |||
Himno: God zij met ons Suriname | |||
Capital • Poboación | Paramaribo 222 843 (1996) | ||
Cidade máis poboada | Paramaribo | ||
Linguas oficiais | Holandés | ||
Forma de goberno | República | ||
Dési Bouterse Ashwin Adhin | |||
Independencia dos Países Baixos | 25 de novembro de 1975 | ||
Superficie | Posto 90º | ||
• Total | 163 270 km² km² | ||
• % auga | 1,1% | ||
Fronteiras | 1 707 km | ||
Costas | 386 km | ||
Poboación | Posto 163º | ||
• Total (2015) | 553 208[1] hab. | ||
• Densidade | 3 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 161º | ||
• Total (2005) | $2 812 millóns US$ | ||
• per cápita | 6 025 US$ | ||
Moeda | Dólar surinamés (SRD ) | ||
IDH (2017) | 0,720[2] (100º) – alto | ||
Xentilicio | surinamés, -esa | ||
Fuso horario | UTC-4 | ||
• Horario de verán | UTC-4 | ||
Dominio de Internet | .sr | ||
Prefixo telefónico | +597 | ||
Prefixo radiofónico | PZA-PZZ | ||
Código ISO | 740 SUR SR | ||
Membro de: CSN, CARICOM, OEA, ONU | |||
Historia Editar
- Artigo principal: Historia do Suriname.
Aínda que mercadores neerlandeses estableceran varias colonias na rexión da Güiana antes, os holandeses non tomaron posesión do que é hoxe o Suriname ata ao Tratado de Breda, que marcou o fin da segunda guerra anglo-holandesa.
Despois de se tornar nunha parte autónoma do Reino dos Países Baixos en 1954, o Suriname conseguiu a independencia en 1975. Un réxime militar dirixido por Desi Bouterse gobernou o país na década de 1980 ata que a democracia foi restablecida en 1988.
Política Editar
Suriname ten unha democracia baseada na constitución de 1987. O poder lexislativo do goberno é exercido pola Asemblea Nacional, constituída de 51 membros. Estes membros son electos cada cinco anos.
A Asemblea Nacional elixe ao presidente, cabeza do poder executivo, por maioría de 2/3. Se ningún candidato consegue tal maioría, o presidente é elixido pola Asemblea do Pobo, unha institución de 340 membros consistente da Asemblea Nacional e Representativos rexionais.
Subdivisións Editar
- Artigo principal: Subdivisións de Suriname.
Xeografía Editar
Suriname, o país máis pequeno de Suramérica, está situado sobre o escudo da Güiana, o punto máis alto é Julianatop (1.286 m sobre o nivel do mar). A terra pode ser artificialmente dividida en dúas partes. A norte, área costeira foi cultivada, e a maior parte da poboación vive alí. A parte sur consiste en selva húmida tropical escasamente habitada.
Xa que está próximo ao ecuador, o clima de Suriname é tropical, e as temperaturas non varían moito durante o ano. O ano ten dúas estacións chuviosas, de decembro a principios de febreiro e de fins de abril a mediados de agosto. No nordés do país atópase o W.J. van Blommesteinmeer, un lago declarado reserva.
Por ter fronteira coa Güiana Francesa, Suriname limita coa Unión Europea.
Economía Editar
- Artigo principal: Economía de Suriname.
A súa economía baséase na exportación de aluminio e alumina, camarón, arroz, banana e petróleo. É moi dependente doutros países. Os seus principais socios de comercio son os Países Baixos, os Estados Unidos e países no Caribe.
Está baseada na produción de aluminio que representa aproximadamente o 15% do PIB e dous terzos das exportacións totais. Os problemas económicos do país son graves, debido á forte dependencia do comercio exterior en dous sectores que manteñen desde 2000 bruscos cambios de prezos no mercado internacional: xunto ao aluminio, o petróleo. Isto deriva en modificacións moi notables de PIB, taxa de desemprego, débeda externa e inflación dun ano a outro.
Os plans iniciados en 2001 para reordenar o sistema económico, abrir un proceso de liberalización e mellorar a estrutura produtiva tiveron efectos moi pobres. Algunhas empresas estadounidenses e españolas realizan novas prospeccións e explotacións petrolíferas que están dando bos resultados. Igualmente, o país dispón de importantes reservas mineiras de ouro e bauxita.
Demografía Editar
A poboación de Suriname está conformada de moitos grupos. A maior deles son os "Hindustani", descendentes de inmigrantes do século XIX da India, cerca do 37% da poboación. Os "criolleros", mestura de branco e negro representan o 31%, mentres que os xavaneses ("importados" das ex Indias Orientais Holandesas como man de obra para as plantacións) e "Maroons" (descendentes de escravos escapados africanos) fan o 15 e 10 % respectivamente. O resto está formado por indios, chineses e brancos.
Debido ao gran número de grupos étnicos no país, non hai unha relixión maioritaria. O cristianismo (44%) (católicos 21,6% e protestantes 18%), o hinduísmo (26%) e o islam (18,6%) son as relixións predominantes.
O neerlandés é a lingua oficial de Suriname. Os surinameses tamén falan as súas propias linguas: sranan tongo (tamén coñecido como surinamés), xavanés e outras. Os caribes e arauacos nativos do lugar falan os seus propios idiomas, como tamén os maroons, aucan e saramacán. Ademais úsanse amplamente o español e o inglés, especialmente en tendas e establecementos orientados ao turismo.
A gran maioría da poboación reside en Paramaribo ou na costa. Hai unha significativa poboación surinamesa nos Países Baixos
Cultura Editar
- Artigo principal: Cultura de Suriname.
Debido á mestura de grupos de poboación, a cultura de Suriname é moi diversa. A cultura predominante é unha mestura de elementos neerlandeses, indonesios e indíxenas.
Notas Editar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 02 de novembro de 2017.
- ↑ [1] Consultado o 7 de novembro de 2020 (pdf).
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surinamés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suriname |