Pobo caribe
Os caribes,[3][4] tamén chamados kalinagos, son unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.
Pobo caribe | |
---|---|
Familia caribe (por John Gabriel Stedman, 1818) | |
Poboación | |
Poboación total: c 4 000 | |
Rexións principais: | |
Dominica | 3 000[1] |
San Vicente e as Granadinas | 1 000[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua inglesa e crioulo de Dominica (antigamente lingua kalhíphona) |
Relixión | relixión tradicional |
Grupos relacionados | pobo garífuna e pobo taíno |
A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.
Costumes
editarOs caribes agrupábanse en clans patrilineais que, aos poucos, nas Antillas, cederon terreo aos matrilineais. Predominaba a exogamia e era frecuente a poligamia, sendo a posición da muller inferior á do home.
Cultivaban millo, iuca, feixóns e froitas tropicais, especialmente nas Güianas e as Antillas. A pesca constituía tamén parte da súa actividade.
As primeiras crónicas descríbenos como un pobo agresivo e practicante do canibalismo.
Expansión
editarA rápida expansión precolombiana do pobo caribe debeuse á súa habilidade e aos seus coñecementos: eran expertos navegantes e construtores de canoas lixeiras de gran capacidade. Os territorios ocupados estendéronse do norte do Amazonas (carijona e panares), ata a aba dos Andes, onde destacaron as tribos de yukpas, macoas, chaparros e caratos,
A ampla expansión caribe propiciou o contacto, polo xeral pouco amigable, con tribos arauacas e tupís.
A chegada dos europeos
editarOs caribes foron desprazados polos españois e finalmente foron case exterminados durante o período colonial. Con todo, foron capaces de conservar algunhas illas, como San Vicente, Dominica, Santa Lucía e Trinidad. Os caribes negros (garífuna) de San Vicente que se mesturaron con escravos negros dun naufraxio foron deportados en 1795 á Illa Roatan, en Honduras, onde os seus descendentes, os garífuna, aínda viven hoxe. Os británicos viron menos hostís os caribes de San Vincente e permitíronlles permanecer nesta illa. A resistencia caribe atrasou o establecemento de europeos en Dominica, e as comunidades Caribe que permaneceron en San Vicente e Dominica conservaron un grao de autonomía no século XIX. O número de Caribes en Dominica hoxe é aproximadamente de 3.000, aínda que xa non queda ningún indíxena que coñeza a súa lingua (a lingua foi dada por morta no ano de 1920).
Varias palabras de orixe caribe engrosaron as linguas que se falan nas Antillas: español, inglés ou francés (en menor grao); por exemplo: furacán, hamaca e iguana, entre outras.
Notas
editar- ↑ http://kalinagoterritory.com/about-us/ Arquivado 16 de setembro de 2017 en Wayback Machine. "Presently approximately 3,000 Kalinagos live in a collectively owned 3,700 acre territory, spread over eight hamlets, on the north-eastern coast of Dominica."
- ↑ "Central America :: Saint Vincent and the Grenadines - The World Factbook". Central Intelligence Agency. 27 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caribe.
- ↑ Definición de caribe no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.