Dominica (/ˌdɒmɪˈnkə/[1][2][3] ou Escoitari/dəˈmɪnɪkə/;[4] en kalinago: Wai‘tu kubuli; francés: Dominique; crioulo francés: Dominik), oficialmente a Commonwealth de Dominica, é un país insular no Caribe.[5] Pertence á Mancomunidade Británica de Nacións. A capital, Roseau, está situada no lado occidental da illa. Está xeograficamente situada como parte da cadea das Illas de Barlovento no arquipélago das Antillas Menores no mar Caribe. Os veciños máis próximos de Dominica son dous territorios constituíntes da Unión Europea e da zona euro, os departamentos de ultramar da República Francesa, Guadalupe ao noroeste e Martinica ao noroeste, sur-sueste. Dominica comprende unha superficie terrestre de 750 km², e o punto máis alto é Morne Diablotins, con 1447 m. de altitude. A poboación era 71.293 no censo de 2011.[6] Non debe ser confundida coa República Dominicana, outra nación caribeña.

Modelo:Xeografía políticaDominica
Commonwealth of Dominica (en)
Commonwealth Dominica (lb) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoIsle of Beauty, Isle of Splendour Editar o valor em Wikidata

Lema«Apres Bondie, C'est La Ter»
«After God is the earth»
«След Бог е земята» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia adomingo Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 15°25′00″N 61°20′00″O / 15.41667, -61.33333Coordenadas: 15°25′00″N 61°20′00″O / 15.41667, -61.33333
CapitalRoseau Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación74.656 (2023) Editar o valor em Wikidata (99,4 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie751,096551 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMorne Diablotins (pt) Traducir (1.447 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1978 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataCharles Savarin (2013–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataRoosevelt Skerrit (2004–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoHouse of Assembly of Dominica (en) Traducir , (Escano: 21) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal555.266.667 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar Caribe-Leste Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.dm Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+1767 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999 Editar o valor em Wikidata
Código de paísDM Editar o valor em Wikidata

Sitio webdominica.gov.dm Editar o valor em Wikidata

A illa foi colonizada polos arauacos que chegaban de Suramérica no século V. Os kalinagos, ou caribes, desprazaron aos arauacos no século XV. Colón di que pasou a illa o domingo 3 de novembro de 1493. Posteriormente foi colonizada polos europeos, predominantemente polos franceses desde a década de 1690 ata 1763. Os franceses importaron escravos de África Occidental a Dominica para traballar en plantacións de café. Gran Bretaña tomou posesión en 1763 despois da Guerra dos Sete Anos, e gradualmente estableceu o inglés como a súa lingua oficial. A illa gañou a independencia como república en 1978.

Dominica foi alcumada a "Illa da Natureza do Caribe" polo seu medio natural.[7] É a illa máis nova das Antillas Menores, e de feito aínda se está formando pola actividade xeotérmica-volcánica, como se evidencia pola segunda fonte termal máis grande do mundo, chamada Boiling Lake. A illa ten exuberantes selvas tropicais montañosas, e é o fogar de moitas plantas, animais e especies de aves raras. Hai áreas xéricas nalgunhas das rexións costeiras occidentais, pero as fortes choivas ocorren no interior. O papagaio Amazona imperialis, que se atopa só en Dominica, é o paxaro nacional da illa e aparece na bandeira nacional, polo que é unha das dúas únicas nacións soberanas cuxa bandeira oficial presenta a cor morada.[8][9] O país é membro da Comunidade de Nacións, as Nacións Unidas, a Organización dos Estados Americanos, a Organisation internationale de la Francophonie, a Organización dos Estados do Caribe Oriental e o Movemento Non Aliñado.

Etimoloxía editar

O nome de Dominica pronúnciase localmente con énfase na terceira sílaba,[1][2] seguindo a pronuncia española do seu nome [10] que lle deu Cristovo Colón.

Historia editar

No século XIV os caribes exterminaron ou expulsaron da illa á poboación indíxena dos arauacos. Cristovo Colón arribou a Dominica o 13 de novembro de 1493, sendo a primeira illa descuberta na súa segunda viaxe a América. O nome co que Colón bautiza á illa derívase do nome do día da semana en que avistan a illa, domingo. Os barcos españois chegaron con frecuencia durante o século XVI, pero unha resistencia feroz de parte dos caribes disuadiu a España dos seus esforzos de asentarse alí.

En 1627 os británicos tamén fallaron ao intentar capturar a illa. Pouco despois en 1635, os franceses reclamaron a illa e mandaron misioneiros, pero foron incapaces de ocupar a illa polos indios caribe e abandonaron cara a San Vicente na década de 1660.

Por case un século Dominica permaneceu illado e aínda chegaban máis indios caribes doutras illas a asentarse en Dominica, logo de abandonar as illas veciñas e refuxiarse en Dominica debido a que os europeos dominaban a rexión. Francia formalmente cede a posesión da illa ao Reino Unido en 1763, que converteron a illa en colonia en 1805 e por fin un goberno é establecido polos británicos. A emancipación dos escravos africanos provoca a interrupción de relacións co Imperio Británico en 1834 e en 1838 convértese na primeira e única colonia británica do Caribe en ter unha lexislatura dominada polos negros. En 1896, os británicos retoman o control da illa e é convertida en Colonia da Coroa. Medio século despois convértese en provincia da Federación das Indias Occidentais de 1958 a 1962.

Logo da disolución da federación, Dominica converteuse, en 1967, nun estado asociado do Reino Unido e fíxose cargo formalmente dos seus asuntos internos. O 3 de novembro de 1978, o Reino Unido concedeu a independencia á Mancomunidade de Dominica (Commonwealth of Dominica), dentro da Mancomunidade Británica de Nacións.

A independencia fixo pouco para resolver os problemas que resultaron de séculos de subdesarrollo económico e, a mediados de 1979, o descontento político levou á formación dun goberno interino. Este foi substituído logo das eleccións de 1980 por un goberno dirixido polo Partido da Liberdade de Dominica, baixo a primeira ministra Eugenia Charles, a primeira muller en ocupar ese cargo no Caribe. Os problemas económicos crónicos foron complicados polo grave impacto dos furacáns en 1979 e 1980. A finais da década de 1980, a economía gozou dunha saudable recuperación, a que se debilitou na década de 1990 debido a unha baixa nos prezos das bananas.

Nas eleccións de febreiro de 2000, o Partido de Traballadores Unidos de Edison James (UWP) foi derrotado polo Partido Laborista de Dominica (DLP), dirixido por Roosevelt P. "Rosie" Douglas. Douglas faleceu logo de soamente algúns meses de asumir o mando e foi substituído por Pierre Charles, tamén do DLP.

Ver: Guerra dos Sete Anos

Goberno e política editar

Dominica é unha democracia parlamentaria dentro da Mancomunidade Británica de Nacións. O Presidente é o xefe de Estado, mentres que o poder executivo descansa no Gabinete, encabezado polo Primeiro Ministro. O parlamento unicameral consiste nunha Asemblea de 30 membros, que consiste en 21 membros elixidos de xeito directo e nove senadores, que son seleccionados polo Presidente ou elixidos por outros membros da Asemblea.

Fóra doutras antigas colonias británicas na rexión, Dominica non é un Reino da Mancomunidade co monarca británico como xefe de Estado, á súa vez é unha república independente.

Dominica é un membro activo e participante da Comunidade do Caribe e da Organización de Estados do Caribe Oriental.

Organización político-administrativa editar

 
Parroquias de Dominica

Dominica está dividida en 10 parroquias:

  1. Parroquia de Santo Andrés
  2. Parroquia de San David
  3. Parroquia de San Jorge
  4. Parroquia de San Juan
  5. Parroquia de San José
  6. Parroquia de San Lucas
  7. Parroquia de San Marcos
  8. Parroquia de San Patricio
  9. Parroquia de San Pablo
  10. Parroquia de San Pedro

Xeografía editar

 
Mapa de Dominica

Coordenadas Xeográficas: 15 25 N, 61 20 O Continente: Centro América e o Caribe Costa Marítima: 148 km

Economía editar

Artigo principal: Economía de Dominica.

A economía de Dominica depende sobre todo do turismo e da agricultura, en especial, do cultivo do plátano. O 40% dos traballadores pertencen ao sector agropecuario, principalmente agricultures. O país posúe tamén algunhas industrias que representan o 32% da forza de traballo.

Mais a economía do país ten alta pobreza (30%), desemprego (23%), e un baixo índice per cápita (US$5,400). A economía dominica vese afectada por problemas na industria bananeira, cando o clima esnaquiza as colleitas de plátano ou cando o prezo deste baixa moito. Estados Unidos fechou o acceso das bananas ao seu mercado, causando unha creba na industria do plátano, polo que o goberno tivo que privatizalo dito sector. Tamén o goberno dominiqués tenta diversificar a economía e levantou os controles de prezo para intentar mover a economía. O goberno está tratando de desenvolver o turismo, en especial o ecoturismo.

Dominica participa en Petrocaribe para abastecerse de comustible, recibindo petróleo a baixo custo de Venezuela. Está integrado no ALBA (Alternativa Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América).

Demografía editar

 
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, 2005). Poboación en miles de habitantes

Case todos os habitantes de Dominica son descendentes de escravos africanos traídos por plantadores coloniais no século XVIII. Dominica é a única illa do Caribe en reter algo da súa poboación precolombiana, os indios caribe; ao redor de 3.000 viven na costa leste da illa.

A taxa de crecemento de poboación é moi baixa, principalmente á emigración cara a illas caribeñas máis prósperas, ao Reino Unido, os Estados Unidos e o Canadá. O inglés é o idioma oficial e universalmente entendido; con todo, debido á histórica dominación francesa, o crioulo antillano Patwa, un patois francés, fálase amplamente. Cerca do 80% da poboación é católico. Nos últimos anos, establecéronse no país diversas igrexas protestantes.

Cultura editar

 
Praia de Batalie.
Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day -
2 de xaneiro Festa do Dous de Xaneiro 2nd January -
Febreiro ou marzo Entroido Carnival Luns de Rosas
Febreiro ou marzo Mércores de Cinza Ash Wednesday -
Marzo ou abril Venres Santo Good Friday -
Marzo ou abril Pascua Easter Monday Luns de Pascua
Maio Día do Traballo Labor Day Esta festividade celébrase o primeiro luns de maio
Maio Pentecoste Whit Monday Luns de Pentecoste
1 de agosto Festivo de Verán Summer Bank Holiday -
1 de agosto Día da Emancipación Emancipation Day -
3 de novembro Día de Independencia Independence Day Festa nacional
4 de novembro Día ao Servizo da Comunidade Community Day -
25 de decembro Nadal Christmas Day -
26 de decembro Boxing Day Boxing Day -

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "One woman's fight to get David Dimbleby to correctly pronounce Dominica". The Guardian. 12 de novembro de 2014. Consultado o 2020-08-31. 
  2. 2,0 2,1 "Learn about Dominica". A Virtual Dominica. n.d. Consultado o 2020-08-31. 
  3. "Dominica - pronunciation of Dominica". Macmillan Dictionary. Consultado o 2020-08-31. 
  4. "Dominica. Pronunciation in English". Cambridge Dictionary. Consultado o 2019-10-29. 
  5. "Dominica's Constitution of 1978 with Amendments through 1984". Constitute. Consultado o 2016-07-20. 
  6. "2011 POPULATION AND HOUSING CENSUS" (PDF). Dominica.gov.dm. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2019. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  7. P. C. Evans & L. Honychurch, Dominica: Nature Island of the Caribbean. Hansib (1989).
  8. "Country Flags With Purple". World Atlas. 18 de decembro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  9. "The Real Reason Purple Isn't Used on Many National Flags". TipHero (en inglés). 2017-11-20. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 2021-11-29. 
  10. Whitley, David (29 de xaneiro de 2016). "The 22 places you're probably pronouncing incorrectly". Stuff. Consultado o 2020-08-31. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Referencia

Goberno

Xeografía