Central Intelligence Agency

axencia dos Estados Unidos de América para investigar e operar sobre gobernos estranxeiros

A Central Intelligence Agency (CIA, en galego: Axencia Central de Intelixencia) é unha axencia gobernamental dos Estados Unidos de América. O seu fin é realizar investigacións e operacións sobre gobernos estranxeiros, empresas ou individuos que poidan afectar aos Estados Unidos coa prohibición expresa de actuar como unha forza policial ou ter funcións de forza de seguridade dentro dos Estados Unidos.[1]

Central Intelligence Agency (CIA)
Axencia Central de Intelixencia
Información xeral
Formación 18 de setembro de 1947
Precedentes Office of Strategic Services (OSS)
Sede central Langley, Virxinia
Lema "E coñecerán a verdade, e a verdade faravos libres." (Xoán 8:32)
Empregados Información clasificada
20.000 (estimados)
Orzamento Información clasificada
Director Michael Morell
V. Sue Bromley (dir. adxunta)
Axencia sup. Independente
Sitio web
www.cia.gov

Historia

editar

Durante a segunda guerra mundial creouse a Oficina de Servizos Estratéxicos (OSS) que se converteu no primeiro corpo independente de intelixencia nos Estados Unidos e xa logo da guerra en 1946 o Grupo Central de Intelixencia que foron antecedentes directos [2] da CIA, creada por lei (National Security Act) en 1947 polo presidente Harry S. Truman ao comezo da guerra fría coa fin de coordinar todas as actividades de intelixencia do goberno federal e evitar que se repetise o fallo de seguridade que supuxera para a intelixencia norteamericana o ataque sorpresa xaponés sobre Pearl Harbor [3].

Para centralizar as actividades da Axencia, existe unha Dirección Central de Intelixencia, cuxa función é interligar a comunidade de información ao Presidente dos Estados Unidos, o que posibilita intervir, cando for necesario, en organizacións ou Estados estranxeiros. A súa sede central está en Langley, Virxinia.

Entre as súas accións destacan o seu papel na defección de numerosos militares soviéticos durante a guerra fría, o rescate dun submarino atómico do fondo do océano Pacífico en 1974 - cos seus segredos, o derrocamento de Mossadeq de Irán (1953), Jacobo Arbenz de Guatemala (1954) ou de Sukarno de Indonesia (1965). Tamén recibiu numerosas críticas por deter ilegalmente e torturar presuntos terroristas durante a súa loita contra Al Qaida [4].

Control

editar

A CIA é unha axencia independente, mais está baixo a autoridade do Consello de Seguridade Nacional, se ben o seu director e os xefes máis importantes teñen relación directa coa Casa Branca. No seo do Congreso dos Estados Unidos existe un comité para fiscalizar a CIA e evitar que se cometan excesos ou omisións e teñen poderes para esixir responsabilidades civís e criminais.

A misión de CIA é apoiar o Presidente, o Consello de Seguridade Nacional, e todos os funcionarios que fan e executan a política de seguridade nacional norteamericana. Para realizar as súas funcións o persoal militar pode ser asignado temporalmente á CIA do mesmo xeito que o persoal da CIA pode servir temporalmente baixo comando militar, sen chegar a ser parte das forzas armadas [5].

Atribucións da CIA

editar
 
Logo da CIA no chan das súas instalacións

Executar o monitoramento da intelixencia estranxeira de forma precisa, integral, e oportuna para asegurar a seguridade nacional.

Executar actividades de contrainformación, administrando actividades especiais, e outras funcións relacionadas coa intelixencia estranxeira e seguridade nacional, cando sexa ordenado polo Presidente.

Para realizar a súa misión, a CIA ocúpase da investigación e desenvolvemento de tecnoloxía de alto nivel. Como axencia independente, a CIA serve como fonte de análise de dados, traballando con outras organizacións na Comunidade de Intelixencia e Seguridade Nacional para asegurar que os datos recollidos cheguen coa maior precisión posíbel a Washington, cando sexa necesario.

Organización

editar

A CIA divídese en cinco grandes áreas [6]

  • Dirección de Intelixencia (Directorate of Intelligence), responsable da investigación, estatísticas e análise de información e de transmitila ao presidente, ao goberno e a outros altos funcionarios.
  • Servizo Nacional Clandestino (National Clandestine Service), é a antiga Dirección de Operacións, responsable de todos os axentes que actúan de forma clandestina e onde se dan as ordes de servizo e execución de accións en territorio nacional ou estranxeiro, tales como vixilancias e intervencións, cando foren necesarias.
  • Dirección de Ciencia e Tecnoloxía, é responsábel da creación e utilización das tecnoloxías de información, equipamentos de vixilancia, comunicacións armamentos, equipamentos para observación, información, contra información, espionaxe convencional, espionaxe espacial, contra espionaxes de todos os tipos, é responsábel para a posibilitación de condicións de vixilancia en territorio nacional ou inimigo.
  • Dirección de Apoio (Directorate of Support) é o responsábel de fornecer aos axentes con todo o que precisen para a realización das súas misións.
  • Oficina do Director (Offices of the Director), encargada dos recursos humanos, asuntos públicos, protocolo, relacións co Congreso, asuntos legais etc.
  1. "United States President's Commission on CIA activities within the United States" (PDF). Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  2. Leary, William Matthew (1984). The Central Intelligence Agency, History and Documents. University of Alabama Press. pp. 16. ISBN 0817302190. 
  3. "The Aspin-Brown Intelligence Inquiry" (PDF). 
  4. "As torturas da CIA salpican a Polonia". Praza Pública. 20 de abril de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  5. Richard A. Best Jr. e Andrew Feickert (2009). Special Operations Forces (SOF) and CIA Paramilitary Operations: Issues for Congress (PDF). Congressional Research Service. 
  6. "Offices of CIA". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar