Maio

Quinto mes do ano dos calendarios xuliano e gregoriano
<< Maio >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2022
Todos os días

Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.

Maio ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV.

Acontecementos en maioEditar

  • 1 de maio: Día Internacional dos Traballadores, festivo na maior parte dos países do mundo.
  • 2 de maio: Sublevamento do 2 de Maio, en Madrid.
  • Nos primeiros días de maio (1 ou 3) celébrase a festas dos maios.
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas, conmemorando a data de 1863 no que fora a primeira edición do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
  • O primeiro martes de maio celébrase o Día Mundial da Asma. Para o ano 2008 elixiuse o lema "Ti podes controlar a túa asma", co obxectivo de estimular os pacientes a tomar parte activa no control da súa enfermidade [1]
  • O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto [2]
  • O segundo sábado ou o segundo domingo de maio celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias. Trátase dunha celebración doble, xa que tamén se celebran actos o segundo sábado ou domingo de outubro [3] [4]

Maio na cultura popularEditar

Artigo principal: Maio na cultura popular galega.
  • Ata o corenta de maio non sáque-lo saio.
  • Auga en maio, pan todo o ano.
  • Día tras día, maio chega.
  • En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo.
  • En maio, inda a vella queima o tallo.
  • Maio fai o trigo, e agosto o viño.
  • Maio longo, San Xoán redondo.
  • Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
  • Maio pardo, San Xoán claro.
  • O percebe e o salmón, en maio están en sazón.
  • O que en maio se molla, en maio se enxuga.
  • O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
  • Tras de maio vén San Xoán.

NotasEditar

  1. "Día Mundial del Asma: consejos farmacéuticos", en Faro de Vigo 9.05.2008, (en castelán)
  2. (en castelán) de mayo: Día Mundial del Comercio Justo https://comerciojusto.org/14-de-mayo-dia-mundial-del-comercio-justo/título=14 de mayo: Día Mundial del Comercio Justo |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 2022-11-24.  Falta o |title= (Axuda)
  3. "Día Mundial de las Aves Migratorias 2022" (en castelán). Consultado o 2022-11-27. 
  4. "O Día Mundial das Aves Migratorias é unha celebración mundial anual". Consultado o 2022-11-27. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar