3 de maio
data
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2022 Todos os días |
O 3 de maio é o 123º día do ano do calendario gregoriano e o 124º nos anos bisestos. Quedan (242) días para finalizar o ano.
AcontecementosEditar
- 1283 - No combate naval de Malta a escuadra aragonesa de Roger de Lauria derrota á francesa.
- 1494 - Cristovo Colón descobre Xamaica
- 1519 - Hernán Cortés comeza a conquista de México
- 1720 - En Suecia, Federico de Hesse é coronado rei.
- 1721 - Hans Egede, un misioneiro luterano noruegués, chamado o Apóstolo de Groenlandia, parte de Bergen (Noruega) para unha misión evanxelizadora nesta illa.
- 1814 - Napoleón é desterrado á illa de Elba
- 1923 - Realízase o primeiro voo en avión sen escalas cruzando Estados Unidos de costa a costa
- 1947 - Xapón convértese nunha monarquía constitucional
- 1978 - O responsable de mercadotecnia da sociedade informática estadounidense DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas. Nace así o spam ou correo lixo [1]
NacementosEditar
- 1455 - Xoán II, rei de Portugal (m. 1495).
- 1496 - Niccolò Machiavelli, historiador, filósofo e político italiano (m. 1527).
- 1748 - Emmanuel Joseph Sieyès, político, revolucionario e escritor francés (m. 1836).
- 1851 - Cayetano Aldrey Salvado, mestre e filólogo galego (m. 1922).
- 1892 - George Paget Thomson, físico británico (m. 1975).
- 1895 - José Díaz Ramos, político español (m. 1942).
- 1898 - Golda Meir, política israelita (m. 1978).
- 1899 - Paulino Uzcudun, boxeador vasco (m. 1985).
- 1903 - Bing Crosby, cantante crooner e actor estadounidense (m. 1977).
- 1904 - Arturo Cuadrado, escritor e político galego (m. 1998).
- 1914 - Martín de Riquer, investigador catalán.
- 1930 - Juan Gelman, poeta, xornalista e tradutor arxentino.
- 1933 - James Brown, cantante de soul e funk estadounidense (m. 2007).
- 1933 - Steven Weinberg, físico estadounidense.
- 1937 - Nélida Piñon, escritora brasileira.
- 1945 - Roberto Verino, deseñador e empresario galego.
- 1978 - Inma López Silva, escritora galega.
MortesEditar
- 1758 - Bieito XIV, papa.
- 1904 - José Barral Campos, xornalista e escritor galego.
- 1908 - Manuel Rodríguez Rodríguez, filólogo e escritor galego.
- 1936 - Robert Michels, sociólogo alemán (n. 1876).
- 1941 - Manuel Vidal Rodríguez, sacerdote e escritor galego (n. 1871).
- 1954 - Manuel Martínez-Risco, científico e político galego (n. 1988).
- 1957 - Albert Béguin, escritor, crítico e editor suízo (n. 1901).
- 1997 - Narciso Yepes, guitarrista clásico español (n. 1927).
- 2004 - Alberto Puente García, dirixente comunista galego (n. 1918).
- 2008 - Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, político e enxeñeiro español.
Festas e celebraciónsEditar
OutrosEditar
NotasEditar
- ↑ "El 'spam', una peste que cumple 30 años en los ordenadores", en La Voz de Galicia, 3.05.2008.