Abrir o menú principal

Elba (en italiano: isola d'Elba, en latín: Ilva, e na lingua grega antiga: Αἰθαλία, Aithalia) é unha illa mediterránea de orixe volcánica duns 225 km², situada a 10 km. da cidade costeira continental de Piombino na Toscana, Italia.

Elba
Ilva ou Aethalia
PortoFerraio summer.jpg
Vista da illa
Tuscan archipelago.png
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
ProvinciaLivorno
ArquipélagoArquipélago Toscano
MarMar Mediterráneo
Coordenadas42°45.71′N 10°14.45′L / 42.76183, -10.24083Coordenadas: 42°45.71′N 10°14.45′L / 42.76183, -10.24083
Xeografía
Superficie225 km²
Longura máxima29 km
Largura máxima18 km
Perímetro147 km.
Punto máis alto1.019 m Monte Capanne
Distancia a terra10 km.
Demografía
CapitalPortoFerraio
Poboación32.162 hab. (31-12-2014 [1])
Densidade140 hab./km²
Lingua propiaItaliano

Elba é a illa máis grande do Arquipélago Toscano. Elba tamén forma parte na súa totalidade do Parque Nacional do Arquipélago Toscano,[2] e a terceira illa máis grande das illas italianas, logo de Sicilia e Sardeña. Está situada no mar Tirreno, 50 km. ao leste da illa de Córsega.

A súa costa é cambiante entre arrecifes, moi apreciada polos mergulladores, as pequenas praias contrastan co interior abrupto e montañoso. O cume máis alto é o Monte Capanna duns 1.000 m de altura.

A illa forma parte da provincia de Livorno e divídese en oito municipios, cunha poboación total de máis de 30.000 habitantes, que aumenta considerablemente durante o verán. Os municipios son oito: Campo nell'Elba, Capoliveri, Marciana, Marciana Marina, Porto Azzurro, Rio Marina, Rio nell'Elba e Portoferraio (antiga Portus Argous).[3] Esta última é a súa capital.

HistoriaEditar

A illa foi orixinalmente habitada pola tribo ligur dos Ilvates que lle deron o seu antigo nome Ilva. Foi ben coñecida desde tempos moi antigos polos seus recursos en ferro e as súas valiosas minas. Os gregos chamárono Aethalia (Αιθαλία, "fume") polos vapores dos fornos para a produción de metal. Apolonio de Rodas mencionouna brevemente no seu poema épico Argonáuticas describindo que os Argonautas descansaron aquí durante as súas viaxes e as mostras da súa visita eran aínda visibles na época do poeta.

A illa foi invadida polos Etruscos e máis tarde (despois do 480 a.C.) polos romanos. Na Idade Media, foi invadida polos Ostrogodos e os Longobardos. Despois, converteuse nunha posesión da República de Pisa. A illa foi adquirida polos Appiani, señores de Piombino, cando Pisa foi vendida aos Visconti de Milán en 1398, que a conservou por dous séculos.

En 1544, os Piratas da Barbaria do norte de África devastaron Elba e as costas de Toscana.[4] En 1546, parte da illa foi entregada a Cosimo I de Medici, que fortificou Portoferraio e o rebautizou como "Cosmopoli", mentres que o resto da illa foi devolta aos Appiani en 1577. En 1596, Filipe II de España capturou Porto Azzurro e construíu dúas fortalezas alí.

En 1736, a soberanía desta parte de Elba foi reclamada polo Reino de Nápoles, pero quedou abandonada.

Os británicos desembarcaron na illa en 1796, despois da ocupación de Livorno polas tropas republicanas francesas, para protexer a 4.000 realistas franceses que atoparan asilo en Portoferraio dous anos antes. En 1801, a Paz de Luneville entregou Elba ao Reino de Etruria, e un ano despois foi transferida a Francia pola Paz de Amiens.[5]

Período francésEditar

 
Napoleón abandonando a illa de Elba

Desde que se converteu en posesión francesa a súa economía floreceu. Segundo o Tratado de Fontainebleau, o emperador Napoleón foi exiliado a Elba logo da súa abdicación forzada en 1814, e chegou a Portoferraio o 30 de maio de 1814. Permitíuselle manter unha garda persoal de seiscentos homes. Era nominalmente o soberano de Elba, aínda que o mar circundante era patrullado pola Armada francesa e a Armada británica. Durante os meses que Napoleón permaneceu na illa, levou a cabo unha serie de reformas económicas e sociais para mellorar a calidade de vida, en parte para pasar o tempo e en parte por unha preocupación xenuína polo benestar dos insulares. Os repostos Borbóns rapidamente renegaron dos pagos prometidos a Napoleón por Fontainebleau, polo que viuse obrigado a economizar, aumentar os impostos, e ata intentar obrigar á corvea (obriga de traballar gratuitamente nas terras dos nobres).

Napoleón permaneceu en Elba durante 300 días. Ao oír que o Congreso de Viena planeaba afastalo máis de Europa e que o máis popular e reformista Duque de Orleans tiña a intención de substituír aos seus parentes, arruinando calquera posibilidade do recordo popular de Napoleón. O emperador escapou nun barco baixo cores británicas a Francia o 26 de febreiro de 1815, para os Cen Días. Logo da derrota de Waterloo, foi exiliado de novo, esta vez á estéril e illada no Atlántico sur illa de Santa Helena.

No Congreso de Viena, a illa foi devolta ao Gran Ducado de Toscana. En 1860, converteuse en parte do novo Reino de Italia, tras un plebiscito[3]

Elba foi liberada dos alemáns polo Corpo da Armada francesa o 17 de xuño de 1944 na Operation Brassard. Fallos na intelixencia e as fortes defensas fixeron que a batalla fose máis difícil do esperado.[6]

O voo 781 de BOAC estrelouse preto de Elba en 1954.

ClimaEditar

O clima da illa é predominantemente mediterráneo, agás no Monte Capanne, onde os invernos tenden a ser moderadamente fríos. A precipitación concéntrase no outono e comprende unha precipitación normal.

A illa atópase a sombra da illa de Córsega, onde as precipitacións redúcense un pouco desde o continente (a maior parte da illa recibe menos de 750 mm anuais). As nevaradas no inverno son raras nas terras baixas, e se derrete rápidamente. A seguinte táboa mostra as temperaturas medias da illa por mes.

Datos climáticos para Elba
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 16,2 18,0 20,0 22,4 29,6 32,0 34,3 36,1 32,0 25,0 24,6 16,8 36,1
Media máxima en °C 9,6 10,0 12,0 14,2 18,8 22,7 26,5 26,7 22,6 18,0 13,4 10,5 17,08
Media diaria en °C 7,4 7,5 9,2 11,4 15,6 19,3 22,7 23,1 19,5 15,4 11,2 8,5 14,23
Media mínima en °C 5,3 5,0 6,3 8,5 12,3 15,8 19,0 19,5 16,4 12,9 9,0 6,5 11,38
Temperatura mínima en °C −7,4 −4,4 −5,4 1,2 3,4 5,0 12,2 11,6 7,6 2,0 −1,0 −5,4 −7,4
Precipitación media mm 59,5 75,6 56,2 57,8 31,6 26,8 13,8 41,5 75,0 101,6 88,7 50,5 678,6
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 6,7 6,2 6,9 7,0 5,0 3,5 1,6 2,4 5,0 7,9 7,3 5,8 65,3
Humidade relativa media (%) 77 76 75 76 76 73 68 72 76 80 81 79 75,8
Media de horas de sol mensuais 133,3 118,7 155,0 183,0 195,3 237,0 275,9 257,3 201,0 151,9 117,0 114,7 2 140,1
[Cómpre referencia]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "Istat official population estimates". Consultado o June 2015. 
  2. "Elba". Parco nazionale dell'Arcipelago Toscano. 16 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Elba". Enciclopedia Treccani (en italiano). Consultado o 29-11-2019. 
  4. David, Robert C. Christian Slaves, Muslim Masters: White Slavery in the Mediterranean, the Barbary Coast and Italy, 1500–1800, Palgrave Macmillan, 2004. ISBN 1-4039-4551-9
  5. "STORIA DELL'ELBA". elbaworld.com (en italiano). Consultado o 29-11-2019. 
  6. McGrann, Bill. "Operation Brassard The Invasion Of Elba". BBC. Consultado o Marzo de 2010. 

Véxase taménEditar