Inma López Silva
escritora galega
Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.
Inma López Silva | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Inma López Silva |
Nacemento | 3 de maio de 1978 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora |
Xéneros | Ensaio e narrativa |
Estudos | Filoloxía Galega |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade,[1] é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É membro do consello de redacción de Dorna. Vencellada politicamente con Compromiso por Galicia concorreu con esa formación nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 e ao Parlamento Europeo de 2014.
É profesora na Escola Superior de Arte Dramática.[1]
ObraEditar
NarrativaEditar
- Rosas, corvos e cancións (2000). Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-8288-381-6.[2]
- Concubinas (2002). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-8302-883-4.[3] Traducida ao castelán en 2009, na editorial Ámbar (Barcelona).[4]
- Neve en abril (2005). Galaxia, Costa Oeste. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-773-9.[5]
- Non quero ser Doris Day (2006). Biblos Clube. ISBN 978-84-935062-3-0.
- New York, New York (2007). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-8288-815-6.[6] Traducida ao castelán en 2008, na editorial El Andén (Barcelona), 200 páxs. ISBN 9788496929814.
- Memoria de cidades sen luz (2008). Galaxia. 240 páxs. ISBN 978-84-9865-136-2.[7] Traducida ao castelán como Memoria de ciudades sin luz (2010). Ámbar Editorial. 240 paxs. ISBN 978-8492687220.[8]
- Tinta (2012). Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-9865-442-4.[9] [10]
- Aqueles días en que eramos malas (2016). Galaxia. 424 páxs. ISBN 978-84-9865-720-3.[11][12] Traducida ao castelán.[13]
- O libro da filla (2020). Galaxia.
EnsaioEditar
- A recepción do teatro galego contemporáneo (1990-2000) (2003, Universidade de Santiago de Compostela).
- Teatro e canonización: a crítica teatral na prensa periódica galega (1990-2000) (2005, Tris Tram).
- Maternosofía (2014). Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-9865-517-9.[14]
- Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego (2016, Universidade de Santiago/Xunta de Galicia).
- Chámame señora pero trátame coma a un señor (2018). Galaxia. 178 páxs. ISBN 978-84-9151-258-5.[15][16]
TraduciónsEditar
- Calígula. O malentendido, de Albert Camus (2009, Galaxia).
- As criadas. O balcón, de Jean Genet (2010, Galaxia).
- “Xuízo a unha lurpia”, de Miguel del Arco, 2017 (para Teatro do Atlántico)
Obras colectivasEditar
- VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta 1998 (1999, Concello do Grove).
- Mini-relatos, (1999, Libraría Cartabón).
- Caso Torneiro: 1898-1975, en Narradoras (2000, Xerais).
- Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia (2002). Galaxia. Con Dolores Vilavedra. 312 páxs. ISBN 978-84-8288-554-4.[17]
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
- Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
- Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (2009, Difusora). Con Xosé Luís Méndez Ferrín e Roberto Pascual.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo).
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Unha casa con libros".[18]
PremiosEditar
- Premio Rúa Nova no 1996, por Neve en abril, ambientada na guerra civil española.
- 2º premio Modesto R. Figueiredo no 1998, por Cartas que viñan de alén mar.
- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1998, por Canción de amor india.
- Premio Xerais no 2002, por Concubinas.
- Premio Manuel Murguía no 2005, por Aqueles que retratan o vento.
- Finalista do VI Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia no 2006, por Non quero ser Doris Day.
- Premio Blanco Amor no 2007, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio á mellor obra de narrativa da AELG no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio de 'Creación Literaria' da Fundación Ínsua dos Poetas no 2016.
- Premio Antón Losada Diéguez no 2017, por Aqueles días en que éramos malas.
- Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego en 2019[19] por Terra rota publicado en La Voz de Galicia o 10/08/2018.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "DEPARTAMENTO DE DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURGIA". ESADG. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2015.
- ↑ "Rosas, corvos e cancións". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Concubinas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Neve en abril". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "New York, New York". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Memoria de cidades sen luz". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Memoria de ciudades sin luz". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Tinta". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ Nicolás, Ramón (2012-08-05). "Tinta, de Inma López Silva". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Aqueles días en que eramos malas". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ Lecturafilia (2016-07-18). "Aqueles días en que eramos malas". Lecturafilia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Los días iguales de cuando fuimos malas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Maternosofía". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29259
- ↑ "Chámame señora, pero trátame coma a un señor". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018.
- ↑ "O artigo 'Terra Rota', de Inma López Silva, gaña o premio Francisco Fernández del Riego". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-06-17.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inma López Silva |