Manuel Martínez-Risco

científico e político galego


Manuel Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 1 de decembro de 1888[1] e finado en París o 3 de maio de 1954,[2] foi un científico e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Martínez-Risco
Nome orixinal(es) Manuel Martínez Risco y Macías Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
2 de abril de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Ourense
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, físico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAcción Republicana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeFernanda Pérez Colemán Editar o valor en Wikidata
IrmánsSebastián Martínez-Risco Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1359059

Traxectoria

editar

Era sobriño de Marcelo Macías, curmán de Vicente Risco e irmán de Sebastián Martínez-Risco. Logo de facer o bacharelato no Instituto de Ourense foi a estudar Ciencias Físicas á Universidade Central de Madrid. Con 21 anos desprazouse ao Natuurkundig Laboratorium da Universidade de Ámsterdam, cabo de Pieter Zeeman e nesta institución permaneceu case dous anos estudando Óptica-física. De volta incorporouse á rede primaria de formación da JAE e foi profesor auxiliar na Facultade de Ciencias de Madrid. En 1911 presentou a súa tese de doutoramento e en 1914 sacou a cátedra de Acústica e Óptica da Universidade de Zaragoza, á que se incorporou ao ano seguinte. En 1918 retornou á Facultade de Ciencias de Madrid, por traslado. Estivo tamén agregado un tempo no Observatorio Astronómico

Finalizando a ditadura de Primo de Rivera asinou manifestos contra o réxime, en compañía doutros docentes galegos en Madrid como Nóvoa Santos e Varela Radío. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Ourense por Acción Republicana, actuando como un gran defensor da autonomía de Galicia nas Cortes. Nas eleccións xerais de 1936 volveu ser elixido por Ourense por Izquierda Republicana (foi proclamado pola Cámara xa que non fora proclamado pola Xunta de escrutinio). Durante a Guerra civil dirixiu a fábrica de instrumentos ópticos creada polo Goberno republicano. Ao rematar a contenda exiliouse en Francia, onde exerceu como Maître de Recherches do CNRS, continuando as súas investigacións sobre as ondas luminosas.

Vida persoal

editar

Estivo casado con Fernanda Pérez Colemán, finada en 1951[3], e irmá de Jaime Pérez Colemán.

  • La asimetría de los triples de Zeeman, Madrid, 1912 e 1914.
  • Estudios Generales sobre aberración esférica de orden superior, Madrid, 1927.
  1. Sánchez Ron, J. M.. "Manuel Martínez-Risco Macías". Diccionario Biográfico Español (en castelán). Real Academia de la Historia. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-5-1954, p. 7.
  3. Freixeiro Mato, X. R. (2021): Notas en Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976, páx. 139.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar