Sebastián Martínez-Risco
Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego.
Sebastián Martínez-Risco | |
---|---|
![]() Tumba no cemiterio de Santo Amaro. | |
Nacemento | 19 de xaneiro de 1899 |
Ourense | |
Falecemento | 24 de setembro de 1977 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Zaragoza |
Ocupación | escritor e xuíz |
Irmáns | Manuel Martínez-Risco |
Xéneros | poesía, teatro, romance e ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Realizou os estudos secundarios en Ourense. Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución do Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933 e posteriormente de Vilalba.
Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 co discurso "O sentimento da Xustiza na literatura galega". En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo.
Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre os anos 1960 - 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[1]
Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.
É o avó da actriz Isabel Risco.
Predecesor: Manuel Casás Fernández |
Presidente da Real Academia Galega 1960-1977 |
Sucesor: Domingo García-Sabell |
ObrasEditar
PoesíaEditar
- La Tanza negra, 1943.
- Trébol poético, 1943.
- La esquina amada, 1943.
- 14 nadaliñas, Ediciós do Castro.
- Do recuncho amado, 1980.
EnsaioEditar
- Presencia da lingua galega, 1973.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Martínez-Risco Macías, Sebastián". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 292-293.
- Freixeiro Mato, X. Ramón (1994). Sebastián Martínez-Risco na cultura galega. A Coruña: Laiovento. ISBN 84-87847-35-8.
- AAVV: Boletín da Real Academia Galega, número 378, 2018 ISSN 1576-8767