Cemiterio de Santo Amaro da Coruña
O cemiterio de Santo Amaro é un camposanto situado na Coruña, inaugurado en 1812.
A superficie do cemiterio é de máis de 26 000 m²[1] e está composto por tres áreas,[2] a relixiosa, a civil e a británica. Esta última está pechada e é propiedade do Reino Unido.[1]
Historia
editarOs primeiros enterramentos da zona datan de 1781.[3]
En 1812 fíxose efectiva na Coruña a lei que prohibía os enterramentos nas igrexas e na súa contorna. Por ese motivo construíuse o cemiterio de Santo Amaro segundo o proxecto de Fernando Domínguez Romay,[4] que o deseñou con forma cuadrangular e dividido en catro zonas, correspondentes ás catro parroquias da Coruña nese tempo, Santa María, Santiago, San Xurxo e San Nicolao. As obras tiveron lugar entre maio de 1812 e a súa inauguración o 9 de novembro do mesmo ano.[1]
A capela neoclásica da entrada do cemiterio levantouse en 1833,[5] obra de Alejo Andrade Yáñez, baseada no proxecto de Juan de Villanueva para o Cementerio General Norte de Madrid, que nunca se construíu.[6] A capela xa estaba no proxecto inicial, mais non puido ser construída por falta de fondos e só puido levantarse polo legado de Fernando Queipo de Llano.[1]
En 1862 Faustino Domínguez Domínguez deseñou o gabinete de autopsias.[1]
O cemiterio británico construíuse a partir de 1867 nos terreos comprados polo cónsul inglés na cidade Guillermo Congreve Cutliffe Brackerburry, que foi o primeiro en ser enterrado alí.[1] Porén, xa en 1836 se enterrara no lugar o cadáver dun oficial do buque Endymion.[8] O proxecto foi de Juan de Ciórraga e ten un pórtico de Faustino Domínguez Coumes-Gay.[1]
O primeiro cemiterio civil apareceu na ampliación de Juan de Ciórraga de 1882, mais as malas condicións e o pouco espazo do lugar fixeron necesario crear un novo cemiterio. O proxecto encargado ao arquitecto municipal Pedro Mariño foi aprobado en 1901. O primeiro enterro que tivo lugar no novo espazo foi o do avogado Arturo Casares Quiroga (1903). Coa chegada da Segunda República derrubouse o muro que separaba o cemiterio civil do relixioso.[1]
En 1931 ampliouse novamente o cemiterio segundo o proxecto de Antonio Tenreiro.[1]
En 1944 inaugurouse un mausoleo nazi que chegou a ter dezaseis sepulturas. Os corpos trasladáronse ao cemiterio alemán de Cuacos de Yuste en 1982 e só quedan algúns restos da construción.[9]
En 2012 o cemiterio ingresou na Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE)[3] e no ano seguinte entrou na Rede de Cemiterios Europea.[2]
Personaxes ilustres
editarEntre os persoeiros enterrados no cemiterio atópanse:
- Juana de Vega (1805-1872), escritora.
- Marcial del Adalid (1826-1881), compositor musical.
- Francisco María de la Iglesia (1827-1897), escritor.
- Víctor López Seoane (1832-1900), naturalista.
- Manuel Murguía (1833-1923), historiador.
- Eduardo Pondal (1835-1917), poeta.
- Juan de Ciórraga (1836-1891), arquitecto.
- Gumersindo Pardo Reguera (1847-1916), pintor e farmacéutico.
- Manuel Curros Enríquez (1851-1908), poeta e xornalista.
- Francisco Tettamancy Gastón (1854-1921), escritor.
- José Castro González, “Chané” (1856-1917), compositor.
- Uxío Carré Aldao (1859-1932), escritor, editor, libreiro e académico.
- Manuel Lugrís Freire (1863-1940), escritor.
- Xosé Baldomir (1865-1947), compositor.
- Francisca Herrera Garrido (1869-1950), escritora e académica.
- Alejandro Pérez Lugín (1870-1926), xornalista, escritor e cineasta.
- Ovidio Murguía (1871-1900), pintor.
- Francisco Lloréns (1874-1948), pintor.
- Antón Villar Ponte (1881-1936), escritor, xornalista e intelectual.
- Amparo López Jeán (1885-1942), activista galeguista.
- Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964), narrador, xornalista e humorista.
- Eduardo Rodríguez-Losada (1886-1973), arquitecto e compositor musical.
- Rafael González Villar (1887-1941), arquitecto.
- Leandro Carré Alvarellos (1888-1976), escritor.
- Pedro Barrié de la Maza (1888-1971), empresario.
- Ramón Villar Ponte (1890-1953), escritor, xornalista e intelectual.
- Santiago Rey Pedreira (1902-1977), arquitecto.
- Emilio González López (1903-1991), historiador e político.
- Álvaro Cebreiro (1903-1956), debuxante.
- Jenaro Marinhas del Valle (1908-1999), escritor.
- Luís Seoane (1910-1979), editor, escritor, xornalista, gravador e pintor.
- Sergio Peñamaría de Llano (1914-2004), alcalde.
- Mariano Tudela (1925-2001), escritor.
- Pucho Boedo (1929-1986), cantante e compositor.
- Jorge Víctor Sueiro (1934-1991), crítico gastronómico.
- Xohán Casal Pardo (1935-1960), escritor.
- Luísa Villalta (1957-2004), escritora.
Destacan tamén os monumentos aos Mártires da Liberdade, ás vítimas da folga xeral de 1901 e ás vítimas do accidente aéreo de Montrove de 1973.[2]
Galería de imaxes
editar-
Eduardo Pondal.
-
Manuel Murguía e o seu fillo e fillas.
-
Luís Seoane.
-
Manuel Lugrís Freire.
-
Manuel Curros Enríquez.
-
Jenaro Marinhas del Valle.
-
Juana de Vega e o corazón do seu marido, Francisco Espoz y Mina.
-
Monumento ás vítimas da folga de 1901.
-
Monumento ás vítimas do accidente de Montrove.
-
Monumento aos defensores da liberdade no cemiterio civil.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Cemiterio municipal de San Amaro". Concello da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Cemetery of San Amaro (A Coruña, Spain)". Association of Significant Cemeteries in Europe. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Devesa, José (2011). Santo Amaro dos Mortos. Concello da Coruña.
- ↑ "Capela do cemiterio de San Amaro". Concello da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Molina, César Antonio (2003). Viaje a la Costa da Morte. Huerga Fierro.
- ↑ Plano de 1900.
- ↑ "Un templo para todos en San Amaro". La Opinión de A Coruña. 11 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ "La esvástica oculta del cementerio de San Amaro". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de abril de 2011. Consultado o 12 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Monterroso Devesa, Xosé-M.ª (1992). O cemitério de Santo Amaro. A Coruña: Asociación Amigos Museu Arqueolóxico A Coruña. ISBN 84-604-3236-X.
- Souto, Xurxo (2001). Contos da Coruña. Xerais. p. 63-68.
- Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 12 de outubro de 2015.
Ligazóns externas
editar- Persoas inhumadas no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña segundo Wikidata.
- "Guía del cementerio de San Amaro". Turismo Coruña. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2015.