Xurxo Souto
Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é escritor, músico, locutor galego.
Xurxo Souto | |
---|---|
![]() Xurxo Souto nunha gravación radiofónica | |
Nome completo | Xurxo Manuel Souto Eiroa |
Nacemento | 25 de xullo de 1966 |
Orixe | A Coruña |
Ocupación | Músico, escritor |
Xénero | Rock |
Instrumento(s) | Voz, acordeón |
Relacionado con | Os Diplomáticos de Monte-Alto, Os Tres Trebóns |
Tempo en activo | 1990 — actualidade |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filoloxía Clásica. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter sete libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.
Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora.
No eido audiovisual dirixiu a serie de programas Repichoca, sobre música popular, para a TVE en Galicia; a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo, e o documental Dos gaiteiros do mar.
Alén de Os Diplomáticos de Monte-Alto, tocou -voz e acordeón- no conxunto "Os Tres Trebóns". Actualmente forma parte da "Banda Xangai".
En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración[1] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.
Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.
BibliografíaEditar
NarrativaEditar
- A tralla e a arroutada (relatos, Xerais, 1995).
- Fumareu (relatos, Xerais, 1997).
- O retorno dos homes mariños (novela, Xerais, 1999).
- Tres trebóns (relatos, Xerais, 2005).
- Contos do mar de Irlanda (relatos, Xerais, 2014. Publicado en castelán co título Cuentos del mar de Irlanda, en Pulp Books en 2016.[2]
- A gran travesía de Chiruca Macallás (2018). Xerais. 160 páx. ISBN 978-84-9121-447-2. [3]
- O retorno dos homes mariños (2021). Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-819-7. ePub: ISBN 978-84-9121-816-6.
EnsaioEditar
- Contos da Coruña (recompilación de artigos, Xerais, 2001).
- Pangalaica (recompilación de artigos publicados en Nós Diario, Galaxia, 2020).
Obras colectivasEditar
- O mar de adentro (Edicións do Dragón, 1990).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (relato, Xerais, 1996).
- A aldea terremota (relato, COAG, 1998).
- Mini-relatos (relato, Libraría Cartabón, 1999).
- Materia prima (relato, Xerais, 2002).
- Narradio: 56 historias no ar (relato, Xerais, 2003).
- Manuel María: fotobiografía sonora (ensaio, Ouvirmos, 2005).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (poesía, Espiral Maior, 2006).
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (poema, Espiral Maior, 2007).
- Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (ensaio, Ouvirmos, 2008).
- Lois Pereiro: fotobiografía sonora (ensaio, Ouvirmos, 2010).
- A terra queima (relato, Xerais, 2013).
PremiosEditar
- Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda.
- Premio Facer País, 2019, da Asociación Val do Láncara.
- Arrraiano Maior, 2019.[4]
NotasEditar
- ↑ Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán). Metamedia.
- ↑ "Cuentos del mar de Irlanda". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal.
- ↑ Redacción (9 de agosto de 2019). "Xurxo Souto xa é Arraiano Maior". laregion.es (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xurxo Souto |
Ligazóns externasEditar
- Xurxo Souto na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.