Jorge Víctor Sueiro
xornalista e escritor galego
Jorge Víctor Sueiro Rodríguez, nado en Ribasar (Rois) en 1934[1][2] e falecido en Madrid o 25 de xaneiro de 1991, foi un escritor e xornalista galego, especializado na crítica gastronómica.
Jorge Víctor Sueiro | |
---|---|
Nacemento | 1934 |
Ribasar | |
Falecemento | 25 de xaneiro de 1991 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e xornalista |
Irmáns | Daniel Sueiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José Sueiro Danza, mestre nacional da escola de Ribasar, e Ramona Rodríguez Fernández. Traballou como xornalista en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Asturias. Tamén foi subdirector de Pyresa, a axencia de noticias da España franquista e redactor xefe de Televisión Española. Colaborou tamén con diversas revistas gastronómicas. Foi coordinador do grupo Amigos de la cocina gallega.[3]
Está soterrado no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
ObraEditar
- Comer en Galicia (1981).
- Manual del marisco (1981).
- Cocina y vinos de Galicia (1982).
- Galicia. Las mil y una fiestas (1983).
- Aguardiente, licores y queimadas (1984).[4]
- Nuestros restaurantes y nuestras recetas (1984).
- La cocina moderna en Galicia (1986).
- Esmorgantes, canda Amparo Nieto (1990).
- El libro del marisco (1981).
- Galicia, romería interminable, canda Amparo Nieto (1992).
Vida persoalEditar
Casou en Mondoñedo con Amparo Nieto Rial en xaneiro de 1955.[5]
NotasEditar
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ Diario de Burgos, 26-1-1991, p. 52.
- ↑ Despois incluída na Biblioteca 114 de El Correo Gallego'.
- ↑ El Progreso, 6-1-1955, p. 5.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Sueiro Rodríguez, Jorge Víctor". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 259.
- "Sueiro Rodríguez, Jorge Víctor". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 428. ISBN 84-7680-288-9.