El Correo Gallego
El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.
El Correo Gallego | |
---|---|
![]() Exemplar editado en Ferrol en 1912. | |
Fundación | 1 de agosto de 1878 |
Fundador | José María Abizanda |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
http://elcorreogallego.es/ | |
![]() ![]() |
HistoriaEditar
O primeiro número saíu o 1 de agosto de 1878. O seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal.
Entre os seus directores estiveron Manuel Comellas, Ceferino Doce, Fernando Pérez Barreiro, José Lapique Adrio (1912-1913), Alfonso de Cal, Eladio Fernández Diéguez, Roberto Blanco Torres (1920-1921), Ramón Villar Ponte (1921), José Barberá Armelles (1940-1950), Lisardo Barreiro e Xerardo González Martín.
En outubro de 1938 trasladouse a Santiago e fusionouse con El Eco de Santiago, pasando a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago. En 1967, fusionouse con La Noche pasando a denominarse El Correo Gallego, diario de La Noche e converténdose en vespertino. Esta unión só durou ata o 27 de decembro de 1968, cando volveu reaparecer El Correo Gallego como diario matutino.
Feliciano Barrera foi o seu propietario, ata o seu pasamento en 2012.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Correo Gallego |