Feliciano Barrera
Feliciano Barrera Fernández, nado en Guláns (Ponteareas) en 1918 e finado en Madrid o 9 de febreiro de 2012,[1] foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Guláns, España |
Morte | 9 de febreiro de 2012 (93/94 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Premios
| |
Traxectoria
editarDoutor en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, foi fundador de empresas como o Hotel Mindanao e o Banco Industrial do Tajo. Destacou como editor do grupo de comunicación El Correo Gallego, do cal se fixo cargo ao obter a maioría accionarial de Editorial Compostela en 1965. Dende aquel traballou no mundo empresarial ligado ao xornalismo. Segundo unha enquisa de El Mundo, atopábase entre as 25 persoas de maior influencia de Galicia.[2] Presentouse como candidato a procurador en Cortes en representación do terzo familiar pola provincia de Pontevedra en 1971,[3] pero non foi elixido.[4]
Nos últimos anos da súa vida residiu en Madrid.
Distincións e recoñecementos
editarFoi designado Fillo Predilecto de Ponteareas, onde ten dedicada unha rúa, conta coa Medalla Afonso X o Sabio, Medalla da Orde de Cisneros, Medalla da Orde de Santo Hermenexildo, Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla de Ouro ao Mérito Empresarial, outorgada polo concello de Santiago de Compostela de onde é fillo adoptivo e onde tamén ten dedicada unha rúa.[5]
Notas
editar- ↑ "Falece Feliciano Barrera" 9/2/2012. Consello da Cultura Galega.
- ↑ Morre o editor de El Correo Gallego, 9/2/2012, Galicia Confidencial.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-9-1971, p. 17.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-10-1971, p. 18.
- ↑ Maximino Fernández Sendín, 3/3/2011, "Feliciano Barrera , ejemplo de tesón y generosidad a imitar" (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- "Feliciano Barrera, editor de honor del Grupo Correo Gallego, falleció esta madrugada…" (9/2/2012). El Correo Gallego. Arquivado 10/2/2012, en Wayback Machine. (en castelán)