Medalla Castelao
A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.
Medalla Castelao | |
---|---|
![]() | |
Metal: | Prata |
Medidas: | 50 mm x 36 mm |
Lenda Deus fratresque Gallaeciae (Deus e os irmáns de Galicia) |
Historia e característicasEditar
Foi creada en 1984 [1] e outórgase cada 28 de xuño, coincidindo co regreso dos restos mortais de Castelao a Galicia en 1984, para ser inhumado no Panteón de Galegos Ilustres, de Santiago de Compostela. Concédese por acordo da Xunta de Galicia, previa proposta das institucións ou entidades galegas, sexa a persoas ou a organismos, coa única condición de que non pode concederse a título póstumo.
Fisicamente, a Medalla Castelao mide 50 mm no seu eixo maior e 36 no menor[2]. Reproduce no anverso a cruz deseñada por Castelao para As cruces de pedra na Galiza, sobre fondo azul, e a lenda "Deus fratresque Gallaeciae"; e no reverso o nome da persoa distinguida e a data de concesión. A medalla vai pendurada cun cordón trenzado en branco e azul.
As Medallas Castelao concédense a un número variable de persoas cada ano.
Galardoadas/osEditar
- 2021
- Santiago Pemán, Esther Eirós, Manuel Vila, Xoán Luís Saco e o Centro Superior de Hostalería de Galicia.
- 2020
- A Roda, Xosé Manuel Piñeiro, Ana Peleteiro, Pilar Cernuda e Asociación de Amigos do Camiño de Santiago[3].
- 2019
- Benedicta Sánchez, Jeanne Picard, Marisa Crespo, Teresa Portela e o colectivo profesional das redeiras.[4]
Outras persoas homenaxeadas en edicións anteriores poden consultarse expandindo a correspondente caixa de navegación ao final desta mesma páxina.
NotasEditar
- ↑ Decreto 170/1984, de 27 de xuño, polo que se crea a Medalla Castelao (DOG nº 230, de 13.12.1984).
- ↑ Imaxe da medalla.
- ↑ "La atleta Ana Peleteiro, el presentador Xosé Manuel Piñeiro y el grupo A Roda, entre las Medallas Castelao 2020". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-19. Consultado o 2020-06-19.
- ↑ "Las Medallas Castelao 2019 de Galicia hablan femenino". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-06-07. (en castelán)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medalla Castelao |