Santiago Pemán

Santiago Pemán García, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un piloto e inspector de voo de Aviación Civil galego. Está considerado como o home do tempo por antonomasia da Televisión de Galicia.

Santiago Pemán
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento7 de abril de 1936
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmeteorólogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Santiago Pemán comezou a súa carreira profesional como inspector de voo e piloto. Voando, afeccionouse á observación meteorolóxica e conseguiu unha praza no observatorio do aeroporto de Santiago. Nunca, segundo confesa, chegou a cursar os estudos de Meteoroloxía.

A súa entrada na TVG, que foi a que o fixo famoso en Galicia, data de 1986, cando a canle autonómica galega estaba nos seus comezos. Conta que foi un día a un estudio de gravación no que estaba posto un croma e, cando viron como se desenvolvía diante del, foi contratado. Dende entón, foi o home do tempo da TVG ata o 2006, cando pasou a encargarse da información do tempo no mar en horario de madrugada; colabora tamén coa radio autonómica, dando a información do tempo no mar.

Pemán tiña unha forma de presentar a información meteorolóxica que marcou estilo, pois popularizou palabras pouco coñecidas fóra de certos ámbitos profesionais (en especial ás relativas ao mundo do mar) e achegou un feixe de refráns sobre o tempo.

Retirado da TVG, mantivo ata o ano 2014 unha páxina web con información meteorolóxica.

Vida persoalEditar

As súas fillas continuaron o seu labor. A diferenza do seu pai, elas si estudaron Físicas e especializáronse en Meteoroloxía.

Na cultura popularEditar

A súa popularidade chegou a que lle dedicaran camisolas.[1]

Dedicáronlle cancións Ana Kiro,[2] Eskakeo[3] e Montse e Luis Queimada, e participou nun videoclip de Lamatumbá.[4] Ten aparecido en series de televisión como Pratos combinados interpretándose a si mesmo.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar