Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro

aeroporto galego


O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro[2] (IATA: SCQOACI: LEST), tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla ou simplemente como aeroporto de Santiago, é un aeródromo situado preto do lugar da Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela. Aínda así, boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe sitúanse tamén en terras das parroquias de Pereira, no concello do Pino e, en moita menor medida, de Loureda, no de Boqueixón[3].

Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
Aeroporto da Lavacolla

IATA: SCQ – ICAO: LEST
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Santiago de Compostela
Localización A Lavacolla, Sabugueira
Elevación (msnm) 330 metros / 1213 pés
Web [1]
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 3200 10498 asfalto
Estatísticas (2019)
Pasaxeiros 2 903 427
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 6,5%
Operacións 23 396
Aumento operacións Crecente (crecemento) 2,5%
Carga (ton.) 3 201
Aumento carga Crecente (crecemento) 6%
Fonte: AENA[1]

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 27 destinos, 21 deles durante todo o ano e o resto estacionais.[4]

Historia

editar

O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de afeccionados da aeronáutica constrúe un aeroclub na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Enfesta. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.

O aeroporto adquiriu protagonismo militar coa chegada da guerra civil española, mais non é ata 1937 cando o día 27 de setembro se iniciaron os servizos comerciais regulares coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun barracón de madeira para albergar os pasaxeiros.

En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas.[5]

No ano 1948 iniciáronse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 construíuse a pista de rodaxe e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando se pode falar dun grande aeroporto comercial, posto que é nesta década cando se fan obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodaxe, e se constrúe a nova terminal de pasaxeiros.

Nos anos 80 construíuse a terminal de carga, que se tivo que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sofre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.

Xa por último, os Anos Santos Composteláns, que se celebran cando o 25 de xullo coincide en domingo, teñen sido de importancia para o desenvolvemento do aeroporto, posto que coincidindo con eles tense levado a cabo importantes melloras. Así, co motivo do Ano Santo de 2010 construíuse unha nova terminal de pasaxeiros.

En xaneiro de 2016, a corporación municipal de Santiago acordou, por unanimidade, solicitar o cambio de nome do aeroporto para bautizalo como aeroporto Rosalía de Castro. A proposta recibiu nos días seguintes o apoio unánime do Parlamento galego, da Xunta de Galicia, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e tamén o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, manifestou o apoio do goberno nacional á iniciativa [6].

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Aer Lingus Dublín


Air Europa Gran Canaria, Lanzarote, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur
Estacional: Fuerteventura, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca
easyJet Milán-Malpensa
Estacional: Londres-Gatwick
easyJet Switzerland Basilea-Mulhouse, Xenebra
Iberia Madrid
Iberia Express Madrid
Iberia Regional
operado por Air Nostrum
Bilbao, Tenerife-Norte
Estacional: Fuerteventura, Gran Canaria, Madeira, Palma de Mallorca, Melilla
Lufthansa Frankfurt
[7]
Ryanair Alacant, Barcelona, Bérgamo, Gran Canaria, Hahn, Lanzarote, Londres-Stansted, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife-Sur, Valencia, Malta
Swiss International Air Lines Estacional: Zürich
Vueling Ámsterdam-Schiphol, Barcelona, Fuerteventura, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, Roma-Fiumicino, Tenerife-Norte[8]
Estacional: Alacant, Bruxelas, Eivisa, Zürich

Comunicacións

editar
 
Diagrama do aeroporto

O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A-54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC-20. Grazas á autoestrada AP-9 (de peaxe) é posible chegar a Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ata o aeroporto.

O autobús é unha das opcións coas que conta, con servizos dende as 6:50 ata as 23:30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa no centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobuses directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.

Datos de tráfico

editar

Dende a implantación no aeroporto das compañías de baixo custo, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, experimentouse un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primeira vez en anos menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.

É o 16º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 8º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2017). Durante o ano 2016 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 9,3 % con respecto ó ano 2015 e o número de operacións aumentou nun 3,6 %. Este foi o primeiro ano da súa historia no que superou a barreira dos 2 millóns e medio de pasaxeiros, cantidade acadada un día antes do final de ano.[9]

En canto ó número de mercancías transportadas, houbo un descenso pasando do ano 2000 de 6 733 877 kg a 2 693 251 kg no 2017, aínda que ese ano o tráfico de carga medrou un 17,3%.[Cómpre referencia]

Pasaxeiros do aeroporto de Santiago 2000-2022 (en millóns)
Ano Nº de pasaxeiros T Mercancías Operacións
2000 1 332 896 6.733 19.660
2001 1 281 334 6.288 19.084
2002 1 240 730 5.716 17.362
2003 1 381 826 5.318 18.454
2004 1 580 675 4.938 21.593
2005 1 843 118 3.805 25.693
2006 1 994 519 2.587 24.712
2007 2 050 121 2.749 24.637
2008 1 917 466 2.418 21.945
2009 1 944 068 1.988 20.166
2010 2 172 869 1.964 21.247
2011 2 464 431 1.787 22.317
2012 2 194 611 1.815 19.509
2013 2 073 055 1.928 18.668
2014 2 083 873 2 095 19 431
2015 2 296 409 2 311 20 541
2016 2 510 740 2 296 21 277
2017 2 644 925 2 693 21 520
2018 2 724 750 3 019 21 839
2019 2 903 427 3 201 22 396
2020 935 394 2 981 10 949
2021 1 653 663 4 940 15 376
2022 3 002 600 4 356 23 633
Fonte: AENA

Estatísticas das rutas

editar
Rutas nacionais máis transitadas (2018) [10]
Posto Cidade Pasaxeiros Compañías aéreas
1 Madrid-Barajas 673.936 Ryanair, Iberia Express
2 Barcelona-El Prat 433.678 Ryanair, Vueling
3 Palma de Mallorca 158.247 Ryanair, Vueling, Air Nostrum
4 Alacant 122.280 Ryanair, Vueling, Air Europa
5 Málaga 115.579 Ryanair, Vueling, Air Europa
6 Valencia 94.387 Ryanair, Air Europa
7 Gran Canaria 92.585 Ryanair
8 Tenerife Sur 80.171 Ryanair
9 Sevilla 75.652 Ryanair
10 Lanzarote 75.517 Ryanair, Vueling
Rutas internacionais mais transitadas (2018)[10]
Posto Cidade Pasaxeiros Compañías aéreas
1 Xenebra-Cointrin 98.585 easyJet
2 Londres-Stansted 77.043 Ryanair
3 París-Charles de Gaulle 53.381 Vueling
4 Bérgamo-Orio al Serio 45.844 Ryanair
5 Basilea-Mulhouse 44.504 easyJet
6 Dublín 44.024 Aer Lingus
7 Frankfurt-Hahn 42.359 Ryanair
8 Frankfurt-Internacional 41.047 Lufthansa
9 Zürich 39.505 Vueling
10 Londres-Gatwick 34.484 easyJet

Nova terminal e melloras previstas

editar

O 4 de maio de 2007 AENA presentou o proxecto da nova terminal de pasaxeiros do aeroporto, con capacidade para máis de 4 millóns de pasaxeiros. O edificio ten un total de 74.230 e conta con 32 mostradores de facturación, 8 hipódromos de recollida de equipaxes, 12 portas de embarque e 3.665 prazas de aparcadoiro. Pretendíase inaugurala no 2010, coincidindo co próximo ano santo compostelán, pero finalmente foi inaugurada na segunda metade de 2011.

Entre outras melloras aeroportuarias previstas nas actuais instalacións están a mellora da capa de rodaxe da pista de aterraxe, a ampliación da plataforma de aeronaves, as intervencións no sistema eléctrico, melloras do aparcadoiro e outras pequenas intervencións no interior da vella terminal.

Aeroportos en Galicia

editar

En Galicia a máis do Aeroporto de Santiago de Compostela hai dous aeroportos con conexións internacionais:

Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo etc.), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.

Galería de imaxes

editar
  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  2. "Lavacolla xa é, oficialmente, Aeroporto Rosalía de Castro". Nós Diario, 2 de abril de 2020
  3. Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  4. "Destinos". Aeronoticiario SCQ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-11. 
  5. Prieto, Rosa (13 de marzo de 2010). "Miles de presos construyeron obras civiles y militares en Galicia hasta 1960". La Opinión (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
  6. "O alcalde agradece o apoio do ministro de Fomento á proposta de darlle ao aeroporto o nome de Rosalía de Castro" (1.02.2017).
  7. Aeronoticiario SCQ (ed.). "Lufthansa modifica sus vuelos de invierno en Santiago". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  8. La Voz de Galicia (ed.). "Vueling dará continuidad en invierno al vuelo directo con Ámsterdam, pero prescindirá de la conexión con Zürichh". Consultado o 12 de setembro de 2017. 
  9. Beramendi, Mario. La Voz de Galicia, ed. "Nerea Cernadas, la pasajera 2,5 millones de Lavacolla". Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  10. 10,0 10,1 "Estadísticas aena-aeropuertos.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar