Pratos combinados

serie de televisión

Pratos combinados é unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Os realizadores da serie decidiron finalizala nese ano, despois de 14 temporadas. Aínda se segue emitindo en TVG A Coruña, na noite do mércores ao xoves. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión galega xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.

Pratos combinados

Editar o valor em Wikidata
FormatoComedia
Creado porXosé Cermeño
Dirixido porChema Fernández Vilas
IntérpretesErnesto Chao
Mabel Rivera
Antonio Durán "Morris"
Manuel Millán Vázquez
Xosé Manuel Olveira "Pico"
María Bouzas
Guillermo Carbajo
Mónica García
Cristina Castaño
María Castro
Serxio Pazos
Fely Manzano
Josito Porto
Susana Dans
Mariana Carballal
Eva Fernández
Braulio Veiga
Mariña Sampedro
Temporadas14
Episodios261
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Suso Suárez
Duración(30 minutos as 6 primeiras tempadas, 60 minutos as seguintes)
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe4:3
Primeira emisión1 de decembro de 1995
Derradeira emisión24 de maio de 2006
Na rede
http://www.crtvg.es/tvg/programas/pratos-combinados
IMDB: tt0189296 Filmaffinity: 281787 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Estreouse o 1 de decembro de 1995 e tivo un grande éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións á dura competencia de series de televisión españolas como Aquí no hay quien viva ou Los Serrano.

A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron guionistas como Rosa Castro, Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Xavier Manteiga, Roberto G. Méndez, Miguel Anxo Murado, Jacobo Paz, Cándido Pazó, David Planell ou Paula de Sáa.

Argumento editar

Miro Pereira é un emigrante que volta a Galicia e decide montar un bar que rexenta coa súa familia, a súa dona Balbina, a súa nai Carmen e os seus fillos Rosalía e Migueliño. Polo bar desfilarán os máis variados personaxes, que dan orixe as máis sorprendentes situacións que terán sempre coa principal referente a particular forma de ser desta familia, co desconfiado Miro como líder da mesma. Normalmente, na maioría dos episodios, Miro e Antón queren gañar cartos, ir de caza ou non traballar. Para conseguilo, non dubidarán en mentir e sacar cartos da xente, incluso chegando a estafar aos seus familiares. Non obstante, sempre acaban mal e castigados por Balbina facendo un traballo duro.

Personaxes editar

 
Ernesto Chao na Gala dos premios María Casares en 2014.
  • Ramiro "Miro" Pereira Ríos (Ernesto Chao). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón... aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas con cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopias de xamón (iso si, fotocopias en cor) e outras 'especialidades culinarias'. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca... e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresións habituais, a máis popular é: "¡Me cagho no mundo!".
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Balbina Santos (Mabel Rivera). É a muller de Miro, con quen ten dous fillos: Rosalía e Migueliño. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu home e, sobre todo, do seu irmán Antón. Farta da vida que levaba, marcha para Baiona a montar un negocio de hostalaría xunto coa súa filla, deixándolle a súa parte do bar á súa prima Olimpia.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 209 "O mellor futbolista do Brasil" (2004).
 
Antonio Durán "Morris".
  • Antón Santos (Antonio Durán "Morris"). É o irmán de Balbina. É un egoísta e avarento. Empregado da Caixa de Aforros (despois chamada Banco Moderno Universal), sempre pensa en zafarse do traballo, en comer e tomar cervexas de balde no bar da súa irmá. Continuamente argalla plans xunto co seu cuñado, aínda que sabe que este non é moi listo, para ir de caza, gañar cartos ou traballar aínda menos do que traballa. É bastante mullereiro, pero para el importan máis os cartos e a comida, tendo unha especial predilección polas nécoras. Ten amigos dos que se hai que fiar tan pouco ou menos ca del mesmo.
    • Primeira aparición: Episodio 2 "A bruxa" (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Rosalía Pereira Santos (Eva Fernández). É a filla de Miro e Balbina. É unha moza estudosa, que chega a ser profesora. Tamén bota algunha man no bar cando fai falla.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
  • Miguel "Migueliño" Pereira Santos (Braulio Veiga). É o fillo de Miro e Balbina. Ten carácter ecoloxista e gústalle xogar ao baloncesto, aínda que parece que herdou, en menor medida, a afección de seu pai e seu tío polos cartos.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 104 "Todo ben recollido" (1999).
  • Carmen Seoane, "Señora Carme" (Feli Manzano). É a nai de Miro. Fai unhas empanadas moi recoñecidas. Habitual das actividades levadas a cabo polo club de xubilados. Ao primeiro vive na casa dos Pereira, pero despois vive na casa da aldea, transformada na Casa de turismo Pereira. Cultiva a horta e cría animais.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Paspallás (Serxio Pazos). É o repartidor que lle leva as bebidas ao bar e tamén as facturas que Miro nunca lle paga. Adoita facer unha pausa no repartimento para xogar ao "Chinchimoni" con Miro e Antón. Quere conquistar a Mónica, aínda que non ten moito éxito con ela.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Charo (María Bouzas) É veciña dos Barreiro, amiga de Balbina e compañeira sentimental de Antón, con quen ten moita paciencia, pero con quen adoita perder os nervios. Ofrécenlle un bo emprego en Hamburgo, onde ten uns familiares, e tras a negativa de Antón a casar con ela, decide aceptar a oferta. Antón múdase a vivir no seu apartamento, no que xa pasaba moito tempo cando ela vivía nel.
    • Primeira aparición: Episodio 50 "Os polos tolos" (1997).
    • Última aparición: Episodio 133 "Pronóstico reservado" (2001).
  • Pedro Barreiro (Xosé Manuel Olveira "Pico"). Viúvo e avogado de profesión. Amante de pasatempos relaxados, rifa a miúdo cos seus fillos, Paula e Roi. Espera que súa filla sente a cabeza e se esqueza do seu soño de ser actriz. De novo foi un rockeiro coñecido co nome de "Perico Pelanas". É veciño de Charo (despois de Antón).
    • Primeira aparición de "Pico" na serie: Episodio 029. "O cóctel" (31/01/1997).
    • Primeira aparición como Pedro Barreiro: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición como Pedro Barreiro: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Paula Barreiro #1 (Cristina Castaño). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
    • Primeira aparición: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 130 "Función de gala" (2001).
  • Paula Barreiro #2 (María Castro). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
    • Primeira aparición: Episodio 131 "Unha muller feliz" (2001).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Roi Barreiro (Guillermo Carbajo). É o fillo de Pedro Barreiro e irmán de Paula. É moi afeccionado ao fútbol.
    • Primeira aparición: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Mónica Regueiro (Mónica García). É a nova camareira do bar. Habitualmente é a primeira en desconfiar das intencións de Miro e Antón. Asiste a clases de informática.
    • Primeira aparición: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Don Nicanor Fernández Domato (Manuel Millán Vázquez). É o cura párroco, amante das empanadas de dona Carme. Aínda que ten colaborado con obras sociais, o máis habitual é que pida cartos para a igrexa ou para Santa Rita. Crente convencido... ou case.
    • Primeira aparición: Episodio 67 "¿ Onde vai o meu ordenador ?" (1998).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Tuto (Josito Porto). É dependente do quiosco que está en fronte do bar Suízo, trala marcha do seu anterior quiosqueiro. A miúdo sofre os males de ser atendido por Miro, coma o bocadillo de xamón sen xamón.
    • Primeira aparición: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Olimpia Cortizo Santos (Susana Dans). É prima de Balbina e Antón. Administradora do bar despois da marcha de Balbina, quen lle deixou a súa parte do bar, para desgraza de Miro.
    • Primeira aparición: Episodio 212 "Chega a prima Olimpia" (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Mariana (Mariana Carballal). Farmacéutica de profesión, é amiga de Balbina.
    • Primeira aparición: Episodio 193 "Flamenco no bar Suízo" (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Raquel "Raqueliña" Fernández Vilas (Mariña Sampedro). É sobriña do padre Nicanor quen se ten que facer cargo dela, pero pasa a vivir na casa dos Pereira, con Miro e Olimpia, para ter un fogar máis estable.
    • Primeira aparición: Episodio 215 "Decoración con estilo" (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Vicente Gutiérrez Pedreira (Evaristo Calvo). É o director da Caixa de Aforros, que despois pasa a ser o Banco Moderno Universal, onde traballa Antón. É fillo do Presidente do Consello de Administrador da devandita entidade.
    • Primeira aparición: Episodio 107 "A irmá descoñecida" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Garda Avelino (Avelino González). É un garda da Policía Municipal que fai a rolda polo barrio.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: (2006).
  • Etiliano (Tuto Vázquez). É un cliente alcólico do bar Suízo.
    • Primeira aparición: Episodio 034 "Ola Melanie" (1997).
    • Última aparición: Episodio 103 "Adeus bar Suízo" (1999).
  • Peláez (Alfonso Agra), é compañeiro de Antón na Caixa de Aforros (despois Banco Moderno Universal) e, xunto con el, subordinado do señor Gutiérrez.
    • Primeira aparición: Episodio 106 "Pasou un anxo" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Fran (Fernando Dacosta). É o noivo de Rosalía, coa que acaba casando. É pediatra.
    • Primeira aparición: Episodio 006 "Recoñecemento médico" (1996).
    • Última aparición: Episodio 104 "Todo ben recollido" (1999).
  • Pepiño (Esteban Yáñez). É amigo de Migueliño. Adoita verse pedindo un donativo para a A.R.S.I., a Asociación de Rapaces con Suspensos Inxustos.
    • Primeira aparición: Episodio 036 "A fuxitiva" (1997).
    • Última aparición: Episodio 103 "Adeus bar Suízo" (1999).
  • Henrique (Enrique Rivadulla). É cliente habitual do bar Suízo, pese a sufrir decote ser atendido por Miro (quen se dirixe a el chamándoo "King Kong"), polo que adoita saír do bar cabreado, sendo un dos moitos clientes que sae do bar tras dicir: "¡Isto é un escándalo, Pereira!".
    • Primeira aparición: Episodio 18 "Dillo con flores" (1996).
    • Última aparición: Episodio 261 "Moitas grazas por todo" (2006).
  • Campos (Luis Campos). É o dependente do quiosco Campos, que está en fronte do bar Suízo, do que é cliente habitual. Despois o quiosco pasa a ser levado por Tuto.
    • Primeira aparición: (1997).
    • Última aparición: (2000).
  • Martiña (Montserrat López). É unha cativa que adoita visitar o bar Suízo. Miro sempre se dirixe a ela chamándoa "microbio", ao que ela lle responde: "Eu non son un microbio".
    • Primeira aparición: Episodio 003 "Telecallos" (1995).
    • Última aparición: Episodio 103 "Adeus bar Suízo" (1999).
  • Paula (Cristina Mato). É unha amiga de Migueliño e Pepiño. É morena e leva lentes.(Non se debe confundir con Paula Barreiro, coa que nunca coincidiu).
    • Primeira aparición: (1998).
    • Última aparición: Episodio 101 "Un rapaz moi desprendido" (1999).
  • Carteiro Dans (Juanillo Esteban). É un carteiro habitual da zona.
    • Primeira aparición: Episodio 131 "Unha muller feliz" (2001).
    • Última aparición: (2005).
  • Ignacio (Antón Infante). É amigo de Migueliño.
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995).
    • Última aparición: Episodio 11 "Festa de cumpreanos" (1996).
  • Don Ramiro Pereira Fontes (Ernesto Chao). É o finado home da señora Carme (ou Carmiña, como lle chamaba el) e pai de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
    • Primeira aparición: Episodio 134 "Un morto moi vivo" (2001).
    • Última aparición: Episodio 165 "O vello Pereira ataca de novo" (2003).
  • Ramiro Pereira da Silva (Ernesto Chao). É o finado avó de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
    • Primeira aparición: Episodio 203 "Haiche moito fantasma" (2004).
  • Tía Herminia. É unha tía de Miro da que se fala en ocasións. Miro adoita poñer a delicada saúde desta muller como escusa para ausentarse da casa. É un personaxe que só se menciona, pero nunca se viu na serie.

Outros intérpretes editar

Aparicións dos personaxes fóra da serie editar

  • Nunha gala especial do programa "Xabarín Club" (TVG), presentada por Antonio Durán "Morris" e por Silvia Superstar, o Inspector Tomé foi cara a rúa do bar suízo, onde falou co quiosqueiro Campos, con Migueliño e Pepiño, con Miro... E, talvez, con Balbina, Rosalía, a avoa Carme, e Paspallás. Antón non aparecía nesta reportaxe entre os personaxes, posiblemente, por ser Antonio Durán "Morris" (o actor que o interpreta) un dos presentadores da gala.
  • Nun programa especial do coñecido "Supermartes", concurso da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro, concursaron personaxes de "Pratos combinados" contra personaxes de "A familia Pita", as dúas series de ficción galegas daquel momento. De "Pratos combinados" participaron Miro, Antón, Rosalía, Paspallás e a avoa Carme. E de "A familia Pita" estaban María Pita (Elina Luaces), Don Arturo (Manolo Botana), Primitivo (Óscar Durán), Manuel (Manuel Millán Vázquez) Lola María Bouzas, os dous últimos actores, pasarían anos despois a formar parte do elenco de "Pratos combinados". O programa emitiuse o 24 de decembro de 1996.
  • Na serie "Pequeno Hotel" era habitual contar con rostros coñecidos, incluíndo personaxes doutras series da TVG. De "Pratos combinados" interviñeron: Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris" e Serxio Pazos.
  • Hai un episodio especial no que se cruzan as dúas series de ficción galegas que se emitían neses momentos: "Mareas vivas" e "Pratos combinados". O especial foi emitido, posiblemente, un 24 de decembro de 1998.
  • Miro e Antón protagonizaron unha campaña publicitaria para a empresa "Cociñas Carballo", aparecendo en dúas variantes do anuncio televisivo desa campaña.
  • Miro e Antón protagonizaron un anuncio televisivo ambientado o bar "Suízo" para promocionar a introdución do Euro. O anuncio foi emitido nos intermedios de varios episodios dunha temporada da serie.
  • Miro Pereira protagonizou un anuncio televisivo sobre un evento de pesca.

Tempadas editar

Tempada Capítulos Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 13 1 de decembro de 1995 23 de febreiro de 1996
2 13 8 de marzo de 1996 31 de maio de 1996
3 12 17 de xaneiro de 1997 4 de abril de 1997
4 13 11 de abril de 1997 27 de xuño de 1997
5 27 11 de marzo de 1998 14 de xaneiro de 1999
6 26 27 de xaneiro de 1999 21 de xullo de 1999
7 13 21 de marzo do 2000 28 de xuño do 2000
8 13 11 de abril de 2001 11 de xullo de 2001
9 13 17 de outubro de 2001 9 de xaneiro de 2002
10 13 16 de xaneiro de 2002 10 de abril de 2002
11 26 24 de xullo de 2002 4 de xuño de 2003
12 28 1 de novembro de 2003 29 de agosto de 2004
13 26 9 de outubro de 2004 4 de maio de 2005
14 25 30 de novembro de 2005 24 de maio de 2006

Episodios editar

1ª tempada: Episodios 001-013 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
  • 001. "Unha intelixencia natural" (01/12/1995)
  • 002. "A bruxa" (08/12/1995)
  • 003. "Telecallos" (15/12/1995)
  • 004. "A mili de Miro" (22/12/1995)
  • 005. "Estraños na noite" (29/12/1995)
  • 006. "Recoñecemento médico" (05/01/1996)
  • 007. "Rebaixas" (12/01/1996)
  • 008. "Altas finanzas" (19/01/1996)
  • 009. "Candidato Miro" (26/01/1996)
  • 010. "Animaliños" (02/02/1996)
  • 011. "Festa de cumpreanos" (09/02/1996)
  • 012. "Andar ás troitas" (16/02/1996)
  • 013. "O derbi galego" (23/02/1996)

2ª tempada: Episodios 014-026 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
  • 014. "En brazos de Morfeo" (08/03/1996)
  • 015. "Guerra das hamburguesas" (15/03/1996)
  • 016. "Amnesia" (22/03/1996)
  • 017. "Noite de rock" (29/03/1996)
  • 018. "Dillo con flores" (05/04/1996)
  • 019. "Bolero" (12/04/1996)
  • 020. "Un superdotado na familia" (19/04/1996)
  • 021. "Miña naiciña querida" (26/04/1996)
  • 022. "Os fumes de Antón" (03/05/1996)
  • 023. "A vinganza da avoa" (10/05/1996)
  • 024. "Alta cociña" (17/05/1996)
  • 025. "O novo propietario" (24/05/1996)
  • 026. "Todo un artista" (31/05/1996)

3ª tempada: Episodios 027-038 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
  • 027. "Mans de seda" (17/01/1997)
  • 028. "Tódolos homes son distintos" (24/01/1997)
  • 029. "O cóctel" (31/01/1997)
  • 030. "A recomendación" (07/02/1997)
  • 031. "América, América" (14/02/1997)
  • 032. "Escola de seductores" (21/02/1997)
  • 033. "Unha nova estrela" (28/02/1997)
  • 034. "Ola Melanie" (07/03/1997)
  • 035. "Adiviña quen vén cear" (14/03/1997)
  • 036. "A fuxitiva" (21/03/1997)
  • 037. "A tía Matilde" (28/03/1997)
  • 038. "Papá por sorpresa" (04/04/1997)

4ª tempada: Episodios 039-051 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
  • 039. "Morosos sen fronteiras" (11/04/1997)
  • 040. "O concurso" (18/04/1997)
  • 041. "Pintura moderna" (25/04/1997)
  • 042. "O defunto Pereira" (02/05/1997)
  • 043. "Banquetes" (09/05/1997)
  • 044. "Coche novo" (16/05/1997)
  • 045. "Un cidadán modelo" (23/05/1997)
  • 046. "A ilusión é o último que se perde" (27/12/1996)
  • 047. "Tarde de touros" (30/05/1997)
  • 048. "Galaxia alfa" (06/06/1997)
  • 049. "As vacacións de Balbina" (13/06/1997)
  • 050. "Os polos tolos" (20/06/1997)
  • 051. "Un home serio e formal" (27/06/1997)

5ª tempada: Episodios 052-078 editar

  • 052. "O rei da cociña" (11/03/1998)
  • 053. "O tío Benigno"
  • 054. "Os candidatos"
  • 055. "O crecepelo"
  • 056. "Cociñeiros de París"
  • 057. "A primitiva"
  • 058. "O apartamento"
  • 059. "Un producto caducado"
  • 060. "Para mulleres soamente"
  • 061. "A dieta de Pereira"
  • 062. "O baile"
  • 063. "Enquisas"
  • 064. "Un pai á medida"
  • 065. "O divorcio de Balbina"
  • 066. "Búscase un millonario"
  • 067. "¿Onde vai o meu ordenador?"
  • 068. "A universidade da vida"
  • 069. "Un novo país"
  • 070. "Benvido don Marcial"
  • 071. "Estrelas da canción"
  • 072. "O mago Pereira"
  • 073. "Unha idade moi difícil"
  • 074. "Vellos amigos"
  • 075. "Festa no barrio"
  • 076. "Un Papá Noel moi especial"
  • 077. "Poker de ases"
  • 078. "Que tal andas de memoria?"

6ª tempada: Episodios 079-104 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
  • 079. "Heroe por accidente"
  • 080. "Camareiro"
  • 081. "Miss Bar Suízo"
  • 082. "A intoxicación"
  • 083. "Negocio subterráneo"
  • 084. "Antón busca traballo"
  • 085. "Véndese o bar Suízo"
  • 086. "Regalo de vodas"
  • 087. "O amigo de Rosalía"
  • 088. "O record do bar Suízo"
  • 089. "Un home con xeito"
  • 090. "Un día con Inés"
  • 091. "Prensa do corazón"
  • 092. "O rei das cestas"
  • 093. "Pintamonas"
  • 094. "Cartas de amor"
  • 095. "Gato por lebre"
  • 096. "Un pai moi honrado"
  • 097. "Seguro que cobras"
  • 098. "O amor é moi complicado"
  • 099. "Novos impostos"
  • 100. "A voda"
  • 101. "Un rapaz moi desprendido"
  • 102. "As vacacións ecolóxicas"
  • 103. "Adeus bar Suízo"
  • 104. "Todo ben recollido"

7ª tempada: Episodios 105-130 editar

Sp."Homes, mulleres e outras herbas"

8ª tempada: Episodios 118-130 editar

  • 118. "Os conferenciantes"
  • 119. "Un minuto de gloria para Miro"
  • 120. "Intensa vida social"
  • 121. "O presidente ideal"
  • 122. "O seguro cóbreo todo"
  • 123. "Esa señora é meu pai"
  • 124. "Afortunado no xogo"
  • 125. "Patinaxe artística"
  • 126. "Unha noite na ópera"
  • 127. "Un barrio de artistas"
  • 128. "Crime e castigo"
  • 129. "A verdadeira sabedoría"
  • 130. "Función de gala"

9ª tempada: Episodios 131-143 editar

10ª tempada: Episodios 144-156 editar

  • 144. "Avenida Señor Pereira" (16/01/2002)
  • 145. "Turismo europeo" (23/01/2002)
  • 146. "Un merecido ascenso" (30/01/2002)
  • 147. "Xente con sorte" (06/02/2002)
  • 148. "Xa están aquí" (13/02/2002)
  • 149. "Un orador moi distinguido" (20/02/2002)
  • 150. "Paxaros pouco recomendables" (27/02/2002)
  • 151. "O abominable home do bar Suízo" (06/03/2002)
  • 152. "Secuestrado!" (13/03/2002)
  • 153. "Pereira e o diaño" (20/03/2002)
  • 154. "Ideas peregrinas" (27/03/2002)
  • 155. "O restaurador" (03/04/2002)
  • 156. "Un asunto de estado" (10/04/2002)

11ª tempada: Episodios 157-182 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Josito Porto, Manuel Millán Vázquez, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Serxio Pazos, Mónica García, Feli Manzano
  • 157. "Os versos de Pereira"
  • 158. "A silueta perfecta"
  • 159. "Un par de boas pezas"
  • 160. "Falando con Paula"
  • 161. "Pereira está feito un mozo"
  • 162. "O Salmonete de Ouro"
  • 163. "Un millón de Pereiras"
  • 164. "Cerrado por defunción"
  • 165. "O vello Pereira ataca de novo"
  • 166. "Especies protexidas"
  • 167. "Por San Pantaleón, o cura corta o xamón"
  • 168. "Pura psicoloxía"
  • 169. "Música en directo"
  • 170. "Todos cantan panxoliñas"
  • 171. "O ladrón de extintores"
  • 172. "Un xusto gañador"
  • 173. "Facer o parrulo"
  • 174. "Alimentos de toda confianza"
  • 175. "O hipnotizador"
  • 176. "O avogado das silveiras"
  • 177. "O título de propiedade"
  • 178. "O actor revelación"
  • 179. "Vitaminas concentradas"
  • 180. "Unha vida nas misións"
  • 181. "Miro Pereira necesita relax"
  • 182. "O vendedor de coches usados"

12ª tempada: Episodios 183-211 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Josito Porto, Manuel Millán Vázquez, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Serxio Pazos, Mónica García, Feli Manzano.
  • 183. "O novo párroco"
  • 184. "Reserva especial"
  • 185. "Peixe fresco"
  • 186. "Miro e Antón e o santo patrón"
  • 187. "O carteiro chama cando pode"
  • 188. "O deporte do Parchís"
  • 189. "Unha larpeirada cos amigos"
  • 190. "O museo celta"
  • 191. "A granxa de porcos"
  • 192. "Nacidos para ser artistas"
  • 193. "Flamenco no bar Suízo"
  • 194. "Os anuncios de Pereira"
  • 195. "Nadal con moita maxia"
  • 196. "Pereira e os pozos de petróleo"
  • 197. "Un sabio de concurso"
  • 198. "Auto servizo Pereira"
  • 199. "O novo Titanic"
  • 200. "Miro Pereira o conquistador"
  • 201. "Arte a esgalla"
  • 202. "Enfermos con moita saúde"
  • 203. "Haiche moito fantasma"
  • 204. "Dous atletas de primeira"
  • 205. "Os perigos de pescar salmón"
  • 206. "Caracois en prebe picante"
  • 207. "Os Chantaxistas"
  • 208. "O baile de disfraces"
  • 209. "O mellor futbolista do Brasil"
  • 210. "Non todo vai ser fútbol"
  • 211. "Miro e Antón fan negocios cos Tonechos" (29/08/2004)

13ª tempada: Episodios 212-236 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris", Susana Dans, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Mónica García, Manuel Millán Vázquez, Feli Manzano, Sergio Pazos, Josito Porto, Mariana Carballal, Mariña Sampedro.
  • 212. "Chega a prima Olimpia" (09/10/2004)
  • 213. "O monstro da aldea"
  • 214. "O sobriño do párroco"
  • 215. "Decoración con estilo"
  • 216. "O Banco Moderno busca directivos"
  • 217. "Elvis vive e cultiva tomates"
  • 218. "Sinistro total"
  • 219. "O negocio de don Nicanor"
  • 220. "Un aire fresquísimo"
  • 221. "A moeda de ouro"
  • 222. "A encargada ideal"
  • 223. "Un home para partirse de risa"
  • 224. "A solución definitiva para as multas"
  • 225. "A mellor lotería é ter saúde" (22/12/2004)
  • 226. "Queridos Reis Magos" (05/01/2005)
  • 227. "As esmeraldas da tía Virtudes"
  • 228. "Non me chamo Miriño"
  • 229. "Ouro de moitos quilates"
  • 230. "A ovella celta"
  • 231. "Grandes cacerías"
  • 232. "O Cobrador da Gaita"
  • 233. "Especialistas en caixas fortes"
  • 234. "Asasinato na aldea"
  • 235. "Clientes moi famosos"
  • 236. "Milagres e outros fenómenos inexplicables" (04/05/2005)

14ª tempada: Episodios 237-261 editar

  • Elenco: Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris", Susana Dans, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Mónica García, Manuel Millán Vázquez, Feli Manzano, Sergio Pazos, Josito Porto, Mariana Carballal, Mariña Sampedro.
  • 237. "O fútbol éche así" (30/11/2005)
  • 238. "Crema rexuvenecedora"
  • 239. "O novo oficio de Nicanor"
  • 240. "O profesor de Raquel"
  • 241. "O golpe definitivo"
  • 242. "Pallasos en acción"
  • 243. "Antón Santos, felizmente casado"
  • 244. "O pozo dos milagres"
  • 245. "Unha sorpresa para Olimpia"
  • 246. "Miro e Antón ao galope"
  • 247. "O triunfo dos homes decididos"
  • 248. "O profesional do ano"
  • 249. "A comida dos campións"
  • 250. "Contrato de alta dirección"
  • 251. "Debaixo das baldosas hai de todo"
  • 252. "Un novo socio para Olimpia"
  • 253. "Don Nicanor Superstar"
  • 254. "O carné de conducir"
  • 255. "Animaliños simpáticos e intelixentes"
  • 256. "O horóscopo"
  • 257. "Pereira e a empanada de berberechos"
  • 258. "Alarma social"
  • 259. "Xubilación anticipada"
  • 260. "Buscar na enciclopedia"
  • 261. "Moitas gracias por todo" (24/05/2006)

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Receptor Resultado
2002 Mellor actor Antonio Durán "Morris" Nomeado
Mellor actriz Mabel Rivera Nomeado
Mellor actriz secundaria Mónica García Nomeado
Mellor guión Xosé Cermeño Nomeado
Mellor serie de televisión Editorial Compostela e TVG Gañador
Mellor banda sonora Nani García Nomeado

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar