Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino

equipo galego de fútbol sala feminino

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego feminino de fútbol sala con sede en Burela. Dende 2009 xoga na Primeira División, sendo o terceiro club máis laureado da competición, con cinco títulos.

Burela Pescados Rubén
NomeClub Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino
Alcume(s)Guerreiras Laranxas
Fundación2008
EstadioEstadio Municipal de Vista Alegre
Capacidade1.200
PresidenteGalicia Manuel Blanco
AdestradorEspaña Julio Delgado
LigaPrimeira División
2020/21
VestimentaJoma
PatrocinadorPescados Rubén
Na rede
http://www.burelafs.org

Fundouse en 2008 en Foz como a sección feminina do CD Burela FS, comezando a competir na Segunda División tras tomar os dereitos do Foz FSF e ascendendo a Primeira na súa primeira tempada.[1] Conta no seu palmarés con cinco títulos de liga, seis Copas da Raíña e cinco Supercopas de España.

Historia editar

O equipo xurdiu en 2008, cando o CD Burela FS decidiu crear unha sección feminina. Tomou os dereitos do Foz FSF, polo que estableceu a súa sede en Foz, e disputou a tempada 2008/09 na División de Prata. Logrou ese mesmo ano o ascenso despois de quedar en primeira posición no seu grupo, perdendo só 1 dos 26 partidos.[2] Ademais gañou a súa primeira Copa Galicia na súa primeira participación.

No seu debut na Primeira División, con Javier Pardeiro como adestrador, o Burela acabou sexto e clasificouse para a Copa de España, mentres que na tempada 2010/11 rematou cuarto. Nese momento o club cambiou a súa sede, instalándose en Burela, ao igual que o equipo masculino.[3]

Tras rematar en terceira posición na tempada 2011/12, o club conseguiu o seu primeiro título de liga ao ano seguinte, despois de perder só dous partidos durante a tempada.[4][5] Redondeou a campaña gañando tamén a Copa de España, tras derrotar na final ao Atlético de Madrid Navalcarnero por 6-1.[6] Tras a marcha de Pardeiro no verán de 2013,[7] o equipo quedou subcampión de liga na tempada 2013/14 e terceiro na seguinte, ata que conquistou un novo título de liga na 2015/16.[8] Neses anos xogou ademais tres finais de Copa, perdendo as tres fronte ao Navalcarnero, tónica que se rompeu en 2019, cando o Burela conseguiu vencer ao equipo madrileño na quenda de penaltis e gañou a súa segunda Copa.[9][10]

Na tempada 2019/20 o club mariñán comezou gañando a Copa das 4 Nacións, un torneo que enfrontou ás vencedoras das copas de España, Italia, Rusia e Ucraína;[11] venceu logo na Supercopa de España contra o Futsi Navalcarnero cunha grande actuación da nova fichaxe Jane Marqués;[12] gañou a súa terceira liga, na primeira edición con playoffs, despois de vencer ao AD Alcorcón FSF na final;[13] e pechou a tempada coa conquista do seu terceiro título de Copa tras derrotar na final ao Poio Pescamar FS por 1-0 cun gol de Elena Aragón.[14]

Na tempada 2020/21 o equipo reafirmou o seu dominio absoluto no fútbol sala español, revalidando os tres títulos. Comezou gañando a Supercopa de España por terceira vez, tras derrotar por 2-0 ao Poio Pescamar,[15] e en maio conquistou a súa terceira Copa da Raíña consecutiva, ao vencer na final ao Torreblanca Melilla por 3-1, grazas a dous goles da brasileira Dany e a un en propia meta do equipo melillense.[16] En xuño logrou o seu cuarto título de liga, derrotando na final ao Futsi Navalcarnero por 5-2, cun triplete de Ale de Paz.[17]

 
Xogadoras e directivos após recibiren a Medalla Castelao 2022.

En decembro de 2021 o Burela sumou un novo título ao seu palmarés: o Futsal Women's European Champions. Aínda que de carácter non oficial, enfrontou no Pazo dos Deportes de Lugo aos campións de España, Italia, Portugal, Rusia e Ucraína.[18] O equipo laranxa desfíxose do MFC Normanochka ruso con dúas goleadas por 5-0 cada unha, pasando á final, onde se enfrontou ao Pescara italiano, ao que tamén goleou, esta vez por 6-0, facéndose así co título.[19][20] Xa en 2022, o Burela converteuse no único equipo en gañar catro Copas da Raíña consecutivas, ao derrotar ao Futsi Navalcarnero na quenda de penaltis da final disputada no Paco Paz de Ourense.[21]

Equipo 2020-21 editar

Burela Pescados Rubén
Nome Posición Idade
1   Jozi Oliveira Porteira (41 anos)
3   Dany Pívot (39 anos)
4   Sandra Buzón Porteira (27 anos)
5   Cristina Pívot (31 anos)
6   Cilene Peche (39 anos)
7   Peque Á-Pívot (37 anos)
8   Cami Peche (34 anos)
9   Jenny Á (31 anos)
10   Lara Balseiro Á (31 anos)
13   Lucía Paz Porteira (20 anos)
14   Bea Mateos Á-Peche (37 anos)
17   Ale de Paz Á-Peche (28 anos)
19   Elena Aragón Á-Pívot (28 anos)
21   Leti Martín Cortés Á-Peche (36 anos)
23   Cely Á (25 anos)
  • Adestrador: Lucas
  • Delegada: Emma Losada
  • Preparador físico: Pablo Díaz

Datos do club editar

  • Tempadas en : 14 (incluída a 2022/23)
  • Tempadas en : 1

Historial na liga editar

Tempada Nivel Categoría Posto
2008/09 2 D. Prata  
2009/10 1 1ª División
2010/11 1 1ª División
2011/12 1 1ª División
2012/13 1 1ª División
2013/14 1 1ª División
2014/15 1 1ª División
2015/16 1 1ª División
2016/17 1 1ª División
2017/18 1 1ª División
2018/19 1 1ª División
2019/20 1 1ª División
2020/21 1 1ª División
2021/22 1 1ª División
2022/23 1 1ª División

Palmarés editar

Nacional editar

Internacional editar

Rexional editar

Recoñecementos editar

Foi recoñecido nos Futsalplanet Awards do ano 2020 como o mellor club feminino do mundo.[22]

Notas editar

  1. "Burela FSF". Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  2. "División de Plata de Fútbol Sala Femenino 2008/09" (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  3. "Foz retira unha axuda ao equipo de fútbol sala feminino por trasladar a súa sede". La Voz de Galicia (A Mariña ed.). 28 de xuño de 2011. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  4. cope.es (2013-05-13). "El Burela FSF consuma el título liguero tras vencer por 5-1 al At. Madrid". COPE (en castelán). Consultado o 2022-03-02. 
  5. "1ª División Fútbol Sala Femenino 2012/13" (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  6. "El Burela se lleva la Copa y firma un histórico doblete en Bilbao". As (en castelán). 26 de maio de 2013. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  7. Corral, S. (8 de xuño de 2013). "Adeus a Pardeiro, o técnico que fixo historia no Burela FS". La Voz de Galicia (A Mariña ed.). Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  8. "Clasificación Primeira División 2015/2016". RFEF (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  9. "El Atlético Féminas Navalcarnero, campeón de Copa por sexta vez". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de xuño de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  10. "Pescados Rubén Burela es el Campeón de la I Copa de S.M. La Reina". RFEF (en castelán). 16 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  11. "El Pescados Rubén Burela gana la Copa de las 4 Naciones". La Vanguardia (en castelán). 1 de setembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  12. "El Pescados Rubén Burela FS logra también la Supercopa de España". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  13. "El Burela se impone al Alcorcón y logra su tercera liga femenina de fútbol sala". RTVE (en castelán). 28 de xuño de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  14. "El CD Burela FS cierra una brillante temporada con su cuarto título". DxT Campeón (en castelán). 21 de decembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  15. Dapena, Almu (9 de xaneiro de 2021). "O Burela sentencia na primeira metade e esperta o Poio Pescamar do seu soño na Supercopa (2-0)". Pontevedra Viva. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  16. "Pescados Rubén Burela gana su cuarta Copa de la Reina". Marca (en castelán). 2 de maio de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  17. G. Gil, Aimara (13 de xuño de 2021). "El Burela bate al Futsi Atlético y revalida el título liguero". As (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  18. "El Pazo coronará al mejor equipo de Europa de fútbol sala femenino". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de novembro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  19. "El Burela reina en Europa con una goleada al Pescara" (en castelán). 5 de decembro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  20. "Ninguén pode co Burela: 6-0 ao Pescara e campioas de Europa". Nós Diario. 6 de decembro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  21. "O Burela levanta a Copa da Raíña e demostra que segue a ser o mellor". Nós Diario. 9 de maio de 2022. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  22. "O Pescados Rubén Burela vén de ser elixido como mellor club feminino do mundo". futgal.es. Consultado o 2021-01-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar