Coral Polifónica El Eco
A Sociedad Coral Polifónica El Eco é unha agrupación coral da cidade da Coruña. Fundada en 1881 por Pascual Veiga, trátase do coral en activo máis antigo da Península Ibérica[1]. Entre os seus recoñecementos cómpre salientar a Medalla de Prata da Coruña, e as medallas de ouro de París e o Porto.
Historia e característicasEditar
Entre os directores que estiveron á cabeza do coral figuran José Castro "Chané", Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, Francisco Méndez, Rogelio Groba, Fernando V. Arias, Marcel Van Bree e Pedro Martínez Tapia, no cargo dende 2012[2][3].
Algunhas das figuras salientables que formaron parte de El Eco foron o vocalista Pucho Boedo ou o compositor Xavier de Paz.
O seu repertorio vai dende a ópera ás cantatas e oratorios, pasando pola opereta, zarzuela, habaneras, música relixiosa e popular.
O día 26 de outubro de 2017 (sendo presidente da entidade Carlos González-Garcés Santiso) organizou o I Encontro de polifonía galega Eduardo Pondal.
NotasEditar
- ↑ Sociedad Coral Polifónica El Eco Arquivado 28 de outubro de 2017 en Wayback Machine. no sitio web coruna-virutal.com (en castelán).
- ↑ Gala lírica para luchar contra el cáncer con El Eco, nova en La Voz de Galicia o 9 de abril de 2017 (en castelán).
- ↑ «La coral El Eco es la mayor muestra de amor al arte que hay en la ciudad», entrevista con Pedro Martínez Tapia en La Voz de Galicia o 21 de decembro de 2015 (en castelán).
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha da coral na páxina web do Concello da Coruña.